Coto

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Coto

Mensaje por serba »

Rocío Dourado

O substantivo coto «pequena prominencia, elevación de pouca altura» (castelán e asturiano Cueto), presente en núcleos habitados (O Coto e Os Cotos, Porto do Son), ríos (Río de Socotro, Porto do Son) e terras e accidentes terrestres (Lousame), restrínxese na actualidade ao norte da península Ibérica. Menéndez Pidal retrotraía o vocábulo ao céltico kotto «vello», mais Coromines prefire pensar nunha voz expresiva *kott- que designaría en orixe un golpe, posteriormente a parte do corpo coa que se golpea (o cotobelo) e, en virtude dunha extensión semántica de tipo metafórico, unha altura xeográfica comparábel a esa parte do corpo. Por outra parte, no repertorio toponímico da zona achamos derivados dese substantivo como a variante sincopada Cotro.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ba ... 6E2994.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder