Os de Tuiriz non queren ser de Toiriz (Pantón, Lugo)

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Os de Tuiriz non queren ser de Toiriz (Pantón, Lugo)

Mensaje por serba »

Francisco Albo | Monforte

O Concello de Pantón pedirá á Xunta o cambio oficial do nome de dúas parroquias do municipio

O Concello de Pantón solicitará á Xunta que se reformen os nomes da parroquia oficialmente chamadas Santa María e Santalla de Toiriz para devolverlles a forma tradicional de Tuiriz, conservada na fala viva dos veciños da zona. Así foi acordado no último pleno da corporación, en resposta a unha moción presentada polo BNG. Agora é a Comisión de Toponimia do Goberno galego quen debe decidir se esta petición é pertinente e se se admite o cambio das denominacións oficiais destas localidades.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... 2C4991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder