Vilaestrofe

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

Vilaestrofe

Mensaje por LAVANDAL »

Aí vai un, aínda que non estou moi seguro.
É un burgo da parroquia de San Román de Vilaestrofe, que, como se ve, dá nome á freguesía.
É curioso que en ningún documento antigo apareza a parroquia así denominada, simplemente falan de San Román, que é como se lle chama por aquí, ignorando o nome de Vilaestrofe.

O burgo de Vilaestrofe está separado do centro da parroquia e lonxe da igrexa, sería interesante investigar por que lle dá nome á parroquia enteira.

Por outro lado, hai tempo que teño unha dúbida por culpa do inquietante profesor Gonzalo Navaza. Aquí todo o mundo di "Villaestrofe", pode ser por castelanismo, pero paréceme raro ao tratarse dun núcleo moi pequeno e apartado e nunha zona onde a castelanización dos topónimos a nivel popular case non se deu. Podería ser que a súa raíz orixinal sexa Guill- como no caso que explica Gonzalo Navaza do apelido Villamil? Nese caso sería correcto Villaestrofe.

Ademais, non é Guill- unha raíz de orixe xermánica? Non estou seguro, nin a inclúes no listado inicial de topónimos. Gustaríame que algún filológo puidera axudarnos, ou senón que se pase por aquí o palindromista Navaza e nos ilumine coa súa sabedoria cunqueiriana.

Biquiños a tod@s.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

VILAESTROFE-RUBIÑOS (para sic-ario)

Mensaje por LAVANDAL »

Ah, esquecíame. No burgo de Vilaestrofe existe unha casa grande, unha especie de pazo que é dos Rubiños. Os descendentes seguen nela.

Apelido de moita alcurnia por aquí e xa documentado polo foreiro sic-ario
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

VILAESTROXE???

Mensaje por LAVANDAL »

ARQUIVO DO REINO DE GALIZA:
OBRA PÍA QUE FUNDARON ALVARO PÉREZ Y Dª. MARIANA DE QUESADA EN SAN ROMÁN DE VILLA ESTROJE E D. PEDRO CARLOS DE MIRANDA O SEU PATRONO CON D. SANCHO PARDO DE LANZÓS E CONSORTES, SOBRE REIVINDICACIÓN DE BENS HIPOTECADOS Á SEGURIDADE DUN CENSO. 1576


Será un erro?
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por Aine »

Lavandal, gracias pola túa aportación. Bótalle unha ollada ó que comento en:
http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... pic&t=2915


O tema ainda está en proceso de "organización", poida que queiras aportar algunha idea ou comentario.


O que dis sobre a castelanización de Villaestrofe, é posible, ás veces a castelanización dun topónimo dependía do escribinte ou párroco de turno (tampouco o sei con seguridade).

Como curiosidade, a mín soábame "Vilastrofe". Se o buscas en internet, hai datos coas dúas grafías (curioso).

Lo de "Villa Estroje" puede ser un claro ejemplo de castellanización, sobretodo teniendo en cuenta la fecha del documento (1576). Me recuerda a aquello de..."voy a la feria a comprar una jallina y un pito" :wink:



Un saúdo
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

San Román de Villaestrofe

Mensaje por kruzul »

Ola Lavandal:
No Vecindario de Ensenada aparece na provincia de Mondoñedo como Villaestrofe, San Román . Tamén como curiosidade:
Vecinos Útiles, Pecheros: 21.
Id. Jornaleros Pecheros: 55.
Total: 76.
Eclesiásticos y Seculares: 5.

Fonte: Censo de Población de la Corona de Castilla: Marqués de la Ensenada 1752. Tomo I Manuscrito. INE, 1991. p. 278
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

CARTOGRAFÍA DE RUBIÑOS

Mensaje por LAVANDAL »

Distribución do apelido RUBIÑOS por concellos, ordenados segundo a porcentaxe calculada sobre a cantidade total de apelidos rexistrada en cada concello (Datos da Cartografía dos apelidos de Galiza do Instituto da Lingua Galega: http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp ):

Pol: 18 (0'4452%)
Cervo: 33 (0'3269)
Xove: 19 (0'2666)

Mondoñedo: 25 (0'2547)
Burela: 41 (0'2456)
Xermade: 11 (0'2189)
Muras: 3 (0'1471)
Vilalba: 29 (0'0931)
Cospeito: 7 (0'0625)
Lourenzá: 3 (0'0551)
Foz: 10 (0'0524)
A Pastoriza: 4 (0'0512)
Ortigueira: 8 (0'05)
Viveiro: 14 (0'0457)
Barreiros: 3 (0'0452)
Alfoz do Valadouro: 2 (0'0427)
Castro de Rei: 5 (0'0424)
Trabada: 1 (0'0317)
As Pontes de García Rodríguez: 7 (0'0289)
Riotorto: 1 (0'0284)
Bóveda: 1 (0'0264)
Ferrol: 35 (0'0223)
O Valadouro: 1 (0'0215)
Cariño: 2 (0'0208)
Lobios: 1 (0'0195)
Frades: 1 (0'0169)
Ribadeo: 3 (0'0164)
O Pino: 1 (0'0101)
Miño: 1 (0'0098)
Narón: 5 (0'0074)
Cedeira: 1 (0'0067)
Lugo: 12 (0'0066)
Pontedeume: 1 (0'0057)
A Coruña: 26 (0'0054)
Pontevedra: 8 (0'0051)
Gondomar: 1 (0'0042)
Santiago: 5 (0'0027)
Cambre: 1 (0'0025)
Arteixo: 1 (0'002)
Ourense: 3 (0'0014)
Vigo: 3 (0'0005)

TOTAL GALIZA: 357 (0'0131%)
Responder