A casa de Carracedo de Soutolongo e a súa curiosa relación ca da Condomiña en Ortoño.

Investigación de xenealoxías
Respostar
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 248
Rexistrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

A casa de Carracedo de Soutolongo e a súa curiosa relación ca da Condomiña en Ortoño.

Mensaxe por Tito11 » 13 Dec 2015, 23:41

Investigando o orixe e sucesión da casa da Condomiña na parroquia de Ortoño no concello de Ames levoume o enlace desta na segunda metade do s. XVIII ca de Carracedo en Sotolongo en Lalín. Sen embargo hai un dato que non ten sentido.
O primeiro posuidor coñecido do lugar da Condomiña foi Joan González da Condomiña “ el viexo” casado con Catalina González que viviron na segunda metade do s. XVI. Joan debeu casar en segundas nupcias con María de Lago que ainda vivia nos primeiros anos do s. XVII. Sucedeuno outro Juan Gonzalez da Condomiña, que ó igual que seu pai tivo moitos descendentes. Un deles foi Alonso González que casou con Paula Suárez de Solis, de ascendencia para min descoñecida. Tamén este matrimonio tivo moita descendencia entroncando con persoas relevantes. Entre estos destaca unha filla chamada Melchora González de Solís que casou con un tal D. Carlos Bermúdez de Castro, tamén de ascendencia descoñecida.
Este D. Carlos Bermúdez de Castro foi xuiz e meiriño maior das xurisdicións de Altamira e Barcala polo conde de Altamira, durante os primeiros anos do s. XVIII. En 1718 quedou viuvo e casou en segundas nupcias con outra viuva: Dª María Suárez de Figueroa, descendente da casa de Ons. A Dª María morréralle o seu primeiro marido que era D. Domingo Rodriguez de Pazos, avogado da Real audiencia e descendente da Casa de Senande. Este matrimonio estaba asentado en Calo, San Lourenzo de Agrón (concello de Brión), segundo a información de nobreza no concello de Santiago que fixeran seus bisnetos D. Vicente e D. Antonio Duran e Varela en 1787.
Agora é cando ven o descoñecido. Polos libros de fundación de misas parece que D. Carlos Bermúdez de Castro non tivo fillos e puido ter herdado a casa da Condomiña o matrimonio asentado en Santa María de Conxo formado por D. Marcos Bermúdez de Castro e Dª Antonia de Pazos e Figueroa. Esta Dª Antonia era unha das varias fillas de D Domingo Rodriguez de Pazos e Dª María Suárez Figueroa e D. Marcos había de ser algun familiar próximo de D. Carlos.
Sucedeu posteriormente na casa da Condomiña unha filla de D. Marcos e Dª Antonia que se chamaba Dª Ygnacia Bermúdez de Castro que casou con D. Manuel Suárez. Este tamén exercería o oficio de xuiz pero na xurisdición da Maía.
Dª Ygnacia Bermúdez de Castro enviuvou e non voltou casar. Morreu o 11 de maio de 1788 na ponte da Rocha, en Conxo, e alí foi soterrada. Non me consta que tivese descendentes pero si un sucesor que foi D. Pedro de Noboa e Soutomaior fillo de D. Juan Antonio de Novoa señor da casa de Carracedo en Santa María de Soutolongo, concello de Lalín. D. Pedro de Noboa estaba casado con Dª Josefa Bermúdez. Suponse que esta señora tería relación ca casa da Condomiña e de esa forma os Novoa foron os seus continuadores.
Hai outros descendentes da casa de Carracedo que tamén casaron con outras linaxes laterais da casa da Condomiña na Maía a finais do s. XVIII e comezos do XIX.
O curioso da historia é o escudo que conserva a casa que debeu ser desta familia na Condomiña. Conta César Gómez Buxán en Pazos y Moradas Hidalgas de Deza referindose a casa de Carracedo, que uns dos seus máis antigos posuidores foron Alonso López e Isabel Bermúdez que vivian en Soutolongo cara 1577. Pois ben, na casa da Condomiña aparece o seu escudo en baixo releve e con trazas do s. XVI cos nomes do primeiro matrimonio, non da Condomiña senon de Carracedo!!. Seino porque ten unha inscrición que di: ALVº LCPZ CON ISAVL VERMMEZ . ARMAS DE LOS NOBOAS INFAZONES ALVARO LOPEZ

Sen embargo, os seus nomes non aparecen en ningunha documentación da Condomiña. O lugar tiñano os González da Condomiña por foro directo do Cabido de Santiago, renovado varias veces en 1ª e 2ª voz, sen mención algunha a ningún López de Carracedo. Pero o máis interesante é que o entronque dos López de Carracedo cos Noboa é de finais do s. XVII. César Gómez Buxán conta que María López Salgado casa con D Francisco de Novoa, fidalgo procedente da provincia de Ourense. Fillo de Bartolomé de Novoa e Isabel Díaz de Carvajales, veciños do lugar de Portela de Arriba en San Xoan de Coiras.
Parece a todas luces que esta unión dos López de Carracedo cos Novoa foino con un familiar lonxano, pois pola inscrición da Condomiña parece que os de Carracedo estaban enlazados dende antigo cos ”Noboas infanzones”.
De todolos xeitos que apareza o escudo dos de Carracedo na Condomiña douscentos anos antes de que ambas casas se entroncaran, non parecendo ter relación algunha, é moi raro. Puideron reproducilo no s. XVIII copiando un da casa de Carracedo. Pero entón faríano cos modelos da época. O da Condomiña parece totalmente autentico pola traza e o desgaste.
Se alguén ten algún dato destas linaxes que eu non coñeza agradecerialle que o compartise.
Imaxe

Respostar