<<A sétima xeración dos Fra>>

Investigación de xenealoxías
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

<<A sétima xeración dos Fra>>

Mensaje por serba »

- http://apelidosgalicia.org/Fra-5422
Yolanda García | San Cibrao

Antonte, o DOG publicaba unha resolución da Consellería de Cultura dando o paso para que as técnicas construtivas da carpintería de ribeira se declaren ben de interese cultural do patrimonio inmaterial. Neste sector, A Mariña ten sorte de conservar un exemplo en activo, a carpintería de ribeira de Francisco Fra en San Cibrao (Cervo), a sétima xeración dos Fra que mantén vivo o oficio ligado de vello ao mar.

- Que Fra foi o primeiro que abríu este estaleiro? Sábeo, por certo?

- So teño un dato que é unha folla de asiento de construción dun barco que fora construído, según pon, por Roque de Fra. O seu fillo foi Ramón Fra Alfeirán e o fillo deste, xa meu tataravó, Ramón Fra Díaz. E o deste, meu bisavó, Germán Fra Blanco. E o deste, meu avó, Francisco Fra Cortiñas. Xa de meu tío e meu pai, Germán e Francisco Fra Ponte, foi cos que aprendín dende neno e cando remataba de estudar viña aquí a cravar puntas nos chalanos... Roque de Fra era mestre carpinteiro de 1806 pero seguro que isto xa viña de antes. Si que me gustaría saber quen o fundou. So sei que din que os Fra virían dos primeiros cazadores de baleas... pero non sei.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/am ... C12991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder