Pazo de Caticovas (Nogueira-Meis)

Investigación de xenealoxías
Respostar
Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Pazo de Caticovas (Nogueira-Meis)

Mensaxe por Seanport » 09 Xul 2004, 09:11

Sou da família Porto de Vila-Garcia que segundo Crespo del Pozo desce do matrimónio de Juan do Porto, fidalgo da casa de Caticovas-Meis e de Dna. Alberta de Caamanho da nobre casa emparentada cos fundadores de Vila-Garcia que hoje mantêm um marquesado.

Alberta de Caamanho suponho que será a que citas Alberta de Caticovas. Esta mulher desce da realeza medieval galego-sueva ( Traba, Soutomaior......) etc etc etc

Como posso baixar na árvore genealógica para chegar até mim?

Muito obrigado.

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Mensaxe por kruzul » 10 Xul 2004, 06:02

Ola:
Sendo coma ti dis, desfacendo o fío da túa liñaxe chegarías a ela (ascendendo).
Para tentar sorte e chegar directamente tes por Xavier que no 1752 estaba viuva e vivía na parroquia de San Vicente de Nogueira, supoñer que estivese bautizada na parroquia cicais xa sexa moito supoñer, pero ó millor casou alí polo que dis. Os libros da parroquia non están no diocesano polo que terías que falar co cura da parroquia para ver de investigar no de Casados coidando dende que fecha os levan.
Poderías tamén buscar por testamentos, pero non sei como valorar, pois tampouco sabes a fecha.

Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1306
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Catastro de Ensenada en Nogueira (Meis)

Mensaxe por Milleiro » 10 Xul 2004, 10:22

No catastro como Fidalgos só aparecen duas persoas:

1. Don Carlos Moyños, de 36 anos. Ten un irmán maior, a sua nai e unha criada.
2. Don Melchor Luys de Abal e Caamaño, de 26 anos. Casado cun fillo menor, un irmán; e un criado maiores e duas criadas

Sobre Alberta de Caticobas, o catastro di:

Unha casa terrea, na aldea de Fondo da Vila (...), unha terra acaron da devandita casa (...), paga foros á condesa de Monterrei, a Don Joseph Mariño e ao Covento de Santa Clara de Pontevedra.

Acho que non se trata da mesma persoa que procuras. Xa o feito de usar un apelido distinto ao de Caamaño, apelido de máis abolengo, acredita isto. De todos os xeitos, ten a sua casa en Fondo de Vila que está a uns 2 ou quizais 3 quilómetros do pazo de Caticovas e paga foros. cousa que non facian os nobres.

Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaxe por Seanport » 12 Xul 2004, 18:57

Obrigado polas respostas. Achei uma fonte: arquivo da Deputaçom Ponte-Vedra, família Porto de Brialhos.

Creo que estesw días está fechado...

De aí intentarei baixar até os meus. Já esgotei a subida pola árvore nos arquivos do Diocesano de Compostela.

Uma aperta. Esta web é realmente útil.

Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1306
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Pazo de Caticovas

Mensaxe por Milleiro » 21 Xan 2005, 11:02

PAZO DE CATICOVAS (San Vicente de Nogueira)

Segundo se recolle no "Inventario Pazos e Torres da Província de Pontevedra", o pazo de Caticovas data do século XVI, ainda que o vínculo de Caticovas (1632) foi iniciativa de Arquideácono Alberte Gonzalez de Caamaño, neto de Xoan Gonzalez, dono do pazo, e de Antonia de Caamaño, esta procedente da Casa de Rubiáns (Vilagarcia de Arousa).

A liña hereditária de Caticovas veu através de Maria Daval Caamaño, irmá do fundador, que casou con Domingo de Moiños Paadin, descendente do pazo de Rebel (Vilalonga-Sanxenxo).

Ao estar situado este pazo na freguesia de San Vicente de Nogueira, entroncou con outras liñaxes da devandita parroquia, cos Patiño da Casa de Paiendes e cos Boceta. Tamén ligaron cos Dasperas, de Cambados, que deron lugar aos Perez de Caamaño...do Pazo da Saleta, tamén en San Vicente de Nogueira.

O Arquivo do Reino da Galiza, ten o seguinte expedente relacionado coa Casa de Caticovas:

- MELCHOR LUIS ABAL LIS Y CAAMAÑO, DUEÑO DE LA CASA Y TORRE DE CATICOVAS , CON BASILIO DE VAL, MIGUEL DE SOUTO Y OTROS. AUTO ORDINARIO SOBRE LA DEHESA DE LAS SALCEDAS EN LA FELIGRESIA DE MEIS. 1765

Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1306
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaxe por Milleiro » 21 Set 2005, 19:27

XENEALOXIA DA CASA DE CATICOVAS

I XERACIÓN
Xoan Gonzalez, casou con Antonia Caamaño

II XERACIÓN
María de Caamaño, casou con Bartolome de Ay

III XERACIÓN
- Alberte Gonzalez de Caamaño, fundador do vínculo de Caticovas en 1632
- Bieito Gonzalez de Caamaño
- Maria Daval (Abal) Caamaño, que casou con Domingos de Muiños (fillo de Xoan de Muiños, da Casa do Rebel, Vilalonga-Sanxenxo)
- Alberta de Caamaño

IV XERACIÓN
- María Paadin Caamaño, da que descenden os Boceta / Buceta de Nogueira
- Domingos de Muiños Caamaño, que casou con Antonia Patiño, e dos que descenden os da Casa de Paiendes (Nogueira)
- Inés de Paadin Caamaño, casou con Gonzalo Dasperas

V XERACIÓN
- Antonio Dasperas Caamaño, falecido en 1665
- Bieito Dasperas Caamaño, casou con Antonia de Avalle e Camba
- Maria Dasperas e Caamaño, casou con Xoan Dominguez de Caamaño, fundando o vínculo en 1683

VI XERACIÓN
- Inés Dominguez de Caamaño, casou con Mauro Perez de Salnés, da Casa da Granxa (Cambados)

VII XERACIÓN
- Mateo Perez de Caamaño, casou con Mª Rosa Losada de Navia e Mariño, da Casa de Losada (Lantaño-Portas)

No século XVIII aparece como Señor da Casa de Caticovas o fidalgo Melchor Luis de Abal Lis e Caamaño



FONTE: "Cambados y el Valle de Salnés. La heráldica de sus pazos y casas solariegas" de José A. Vazquez Casáis

Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1306
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaxe por Milleiro » 12 Dec 2006, 15:09

O Padre Xosé Crespo del Pozo no seu libro "Blasones y Linajes de Galicia" fala da liñaxe dos Güimil-Caamaño, ligados ao Pazo de Caticovas (Nogueira-Meis):

I XERACIÓN
Martín de Güimil Caamaño c.c. Teresa de Caamaño e Figueroa

II XERACIÓN
Benito Güimil Caamaño c.c. Isabel Caamaño de Mendoza e Tenorio

III XERACIÓN
Juan Caamaño de Mendoza e Güimil c.c. Antonia Güimil Patiño e Losada (sobriña de Alberto González Caamaño, Arcediano de Cerveira, diocese de Tui, e fundador do vínculo de Caticovas en 1632.

IV XERACIÓN
Fernando de Gümil Caamaño c.c. Leonor Ozores Andrade e Figueroa

V XERACIÓN
Juan de Güimil Caamaño e Figueroa c.c. Gertrudis Osorio Villardefrancos. Capitán de Mar.

VI XERACIÓN
Bartolomé de Güimil Caamaño e Figueroa c.c. Teresa de Abal Outeda e Caamaño. Xeneral

VII XERACIÓN
Pedro de Güimil Caamaño e Figueroa c.c. Agueda de Canay e Paz (ou Canay e Rivas)

VIII XERACIÓN
Antonio Lorenzo de Güimil Caamaño Canai e Rivas, b.18.08.1630, na freguesia de San Vicente de Nogueira, c.c. Magdalena Buceta e Losada (filla de Pablo Buceta Paadin e Gregoria de Liste) en San Vicente de Nogueira o 23.06.1658

IX XERACIÓN
Antonio de Güimil Caamaño Buceta, b.18.05.1663 na freguesia de San Vicente de Nogueira, c.c. Mª Antonia de Landín e Pérez de Caamaño (filla do escribán Xoán Landín Señoráns e Mª Perez de Caamaño e Paadin, da Casa de Rubiáns) o 18.11.1686 na parroquia de San Vicente de Nogueira.

X XERACIÓN
- Francisco Güimil Caamaño, b.21.04.1687 en San Vicente de Nogueira, c.c. Juana Giraldo Mansilla
- Rosendo Antonio de Güimil Caamaño, nado en Nogueira en 1702, c.c. Rosa Mª González Figueroa

XI XERACIÓN
- Tomás Güimil Caamaño, fillo de Francisco, nat. Marchena, c.c. Maria de Zayas y Fajardo
- José Blas Güimil Caamaño, fillo de Francisco
- José Joaquin Güimil Caamaño, fillo de Rosendo, nat. Cambados, c.c. Mª Antonia Ramírez de la Peña
- Juana Güimil Caamaño, filla de Rosendo, nat. Cambados 1736, c.c. Bartolome Guitierrez del Bustillo

XII XERACIÓN
- José Manuel Güimil Caamaño e Ramírez de la Peña, nat. Puerto Real (Cádiz) en 1780. Fillo de José Joaquin e Antonia
- Ventura Gutierrez del Bustillo e Güimil Caamaño. Nat. Pontevedra 1773.

Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensaxes: 1211
Rexistrado: 15 Set 2006, 09:00

Mensaxe por Pousada » 24 Out 2007, 19:30

Un dos primeiros en sinalar que Antonia de Caamaño, esposa de Xoán González, señores da Casa de Caticovas, era descendente dos Caamaño de Rubiáns foi Crespo del Pozo... Sen embargo, non dou con quen puideron ter sido os pais desta señora.
¿Alguén sabe cal é esa conexión, con datos concretos, entre a Casa de Rubiáns e maila de Caticovas?
Graciñas de antemán

Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaxe por Seanport » 31 Ago 2010, 18:51

Boas de novo. A minha possível ascendente é Alberta de Caamanho.
Em internet nom acho os seus descendentes. Casou com Juan Do Porto (da casa de Brialhos creo).
Algumha ajuda?
Um abraço

Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaxe por Seanport » 28 Out 2010, 09:35

Sobre os Caamanho e o marquesado de Vila-Garcia há informaçom em:

http://www.heraldaria.com/phorum5/read.php?3,2864,6189

Mas todavia sigo sem achar o fio condutor entre os meus ascendentes "Porto" ou "do Porto" cuja mais antiga localizaçom acho em Cerdedo (Quireça) e ´"Juan do Porto" q.c.c. Alberta de Caamanho

Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaxe por Seanport » 28 Out 2010, 09:36


Avatar de Usuario
MIGUELANGEL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 260
Rexistrado: 02 Feb 2003, 09:00
Ubicación: Ferrol

Marques de vilagarcia

Mensaxe por MIGUELANGEL » 21 Nov 2010, 21:21

Hola a todos
Te aconsejaria que compraras el libro de Maria del Carmen Martin Rubio -El Marqués de Villagarcia -Virrey del Perú (1736-1745)Cronicas y Memorias (Ediciones Polifemo Madrid 2010
Saludos miguelangel

Avatar de Usuario
jesus__rey
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 568
Rexistrado: 08 Set 2007, 10:38
Ubicación: O Salnés
Contactar:

Mensaxe por jesus__rey » 22 Nov 2010, 08:25

Podrian tener algo que ver estos Caamaño con los de el Lugar da Costa en "San Julian de Romay" enterrados en la Capilla del Carmen?

Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensaxes: 1211
Rexistrado: 15 Set 2006, 09:00

Re: Pazo de Caticovas (Nogueira-Meis)

Mensaxe por Pousada » 03 Xan 2017, 02:08

La línea de sucesión de la casa y torre de Caticovas queda bastante bien definida a través de la ejecutoria del pleito litigado por Bernardo Patón y consortes, vecinos de la feligresía de San Salvador de Meis (Pontevedra), con Melchor Luis de Abal y Caamaño, dueño de la casa y torre de Caticovas, vecino de la feligresía de San Vicente de Nogueira (Pontevedra), sobre la posesión de los montes que se titulan de Pierredondo, Chans y Vejan o Manela y otras cosas
(Archivo de la Real Chancillería de Valladolid, Registro de Ejecutorias, Caja 3328,3). Va como sigue:

El Arcediano de Cervera (en la Santa Iglesia de Tui) Alberto González de Caamaño, es quien empieza a comprar los terrenos donde más adelante se construiría la casa-torre de Caticovas. Por su estado religioso, no tuvo hijos, así que las propiedades pasaron a una sobrina suya, llamada Alberta de Caamaño, casada con Rodrigo da Carballa. Ellos fueron progenitores de Jacinto de Lis y Caamaño (partes de su testamento aparecen transcritas en el pleito) el cual casó con Constanza Benita Bermúdez de Castro (su testamento también es transcrito), pero sin lograr descendencia.
En el testamento de D.ª Constanza se nombra como heredero del vínculo de Caticovas a Gregorio de Abal Lis y Caamaño, hijo de Felipe de Abal y de Jacinta de Lis y Caamaño (esta Jacinta era hija natural de Jacinto de Lis y Caamaño tenida en una mujer llamada María Lois).
En el pleito arriba citado, Melchor Luís de Abal Lis y Caamaño se presenta como hijo de Gregorio de Abal Lis y Caamaño y, como tal, señor de la casa-torre de Caticovas...
Con lo cual queda la genealogía trazada y aclarada hasta finales del siglo XVIII.
Por cierto que la ejecutoria es muy rica en datos, porque además de transcribir todos los documentos de compraventa me parece que también transcribe los contratos con los pedreros que construyeron la casa-torre, aunque lo he mirado muy por encima. Merece un estudio más detenido, pues se puede obtener bastante información del mismo.

Respostar