Diaz de Timiraos

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Diaz de Timiraos

Mensaje por lamigueiro »

Hola a todos,

Alguen poderiame decir algo do apelido Diaz de Timiraos na zoa de Cedeira :lol:
Última edición por lamigueiro el 13 Dic 2004, 13:09, editado 1 vez en total.
Lamigueiro ©

Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Hola LAMIGUEIRO:
- Non sei moito dos DÍAZ DE TIMIRAOS en Cedeira, pero coido -e falo de memoria- que teñen algunha relación coas ¿familias/liñaxes? dos DÍAZ DE ROBLES e algo tamén cos DÍAZ DE SANTA MARTA, datos que coido xa sabes. De tódolos xeitos, tamén, coido que había algún emparentamento antigo cos MOURELLE.
- Por outra parte, teño a impresión -inda que non pasa de ser unha hipótese- de que os DÍAZ DE TIMIRAOS instalados na zona de Cedeira arrincan dunha casa matríz que estivo no lugar de AS FORCADAS -Valdoviño- ou doutra -moi posiblemente- no propio lugar de Timiraos, si é que non se trata da mesma que cito antes. No século XVIII esta casa de As Forcadas estaba en máns de fidalgos co apelido DÍAZ DE ROBLES (sic).
- Saúdos.

Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Timiraos

Mensaje por lamigueiro »

Hola Veremudus gracias polas tuas notas,

Os datos de que dispoño, parten do memorial de foros da Orde de San Xoan en Regoa y Teixido, agora non estou na casa en non recordo o nome do Lugar, sobor do cal se fai o contrato do foro, e falando tamén de memoria, o primeiro é de 1541 e faino unha María Fernández alfeirán, viuva de Roi Díaz de Timiraos. Mais adiante renova a segunda "voz", "El muy magnifico señor" (sic), Fernando de Lago casado según o documento con unha descendente dos anteriores. Non sei moito sobor iste señor, nada máis co que pode saber calquera a nivel xeral. O caso e que a través da renovación das distintas voces, a súa descendencia chega o século XVIII en Regoa.

Por certo, estoy tamén na procura de datos do apelido:Arroxe, Arroje ou Arrojo y Valcarcel. Non teño moito só unha señora casada con un Manuel de Lamigueiro no XVII. No pouco que mirei, atopei indicios que me levan fora, a Becerrea. A ver si me podes orientar un pouco, con sorte.

Saudos
Última edición por lamigueiro el 15 Dic 2004, 14:00, editado 2 veces en total.
Lamigueiro ©

Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Diaz de Roble

Mensaje por lamigueiro »

Por cierto si recordo ver algún datos dos Díaz de Robles, polo medio. Cando chega á casa mirareino e tratarei de envorca-los datos.
Lamigueiro ©

Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Díaz de Timiraos

Mensaje por lamigueiro »

Onte, como prometín revisei os memorial de foros de Portomarín, e íste é un extracto dos datos, que se corresponden con a transmisión das voces, dos casales de Fremil, en Santiago de Pantín, en Cedeira, mailo de Golmar e o dó Hospital en Montoxo.

Cronoloxía:

Lugar de Fremil.

1541.- Teresa Fernández Alfeirán, viuva de Roi Díaz de Timiraos, asina o foro de dito casal có apoderado do comendador. Faino como primeira voz, conxuntamente có seu fillo Pedro Díaz de Timiraos.

1566.- "El muy Magnifico Señor" (sic) Don Fernando de Lago, renova como segunda voz do casal, en representación da súa muller María Fernández de Timiraos, maila súa cuñada Sabela Díaz. Ámbalas dúas son fillas de Teresa Fernández.

1630.- Outro Pedro Díaz Timiraos, Bartolomé de Lago e Pedro de Lourido, perciben cada un 1/3 do lugar de Fremil, renovando a voz do casal "in Solidum".

1634.- Pedro Díaz de Timiraos, o anterior, fai renovación sobor da súa parte correspondente, conxuntamente coa súa dona e fillos (non se nombran). Asinan como testemuñas, Bartolome de Lago, Juan Lourido e Pedro Pardo, todos eles veciños, e moradores do Lugar de Fremil.

Lugar de Golmar e o Hospital:

1543.- Ysabel Díaz de Robles, viuva que ficou de Tristán de Timiraos Alfeirán, asina foro como 1 voz, sobor dos lugares ditos, en nome do seu fillo e erdeiro Pedro Díaz de Timiraos.

1599.- Álvaro Díaz de Timiraos, veciño de Cedeira, renova a 2 voz dos casales polo dereito que percibíu nas partixas da súa avoa Ysabel Díaz de Robles.

1609.- Elvira Fernández das Seixas viuva que ficou de Pedro Díaz Timiraos, renova a 3 voz, en representación do seu neto Antonio Díaz Timiraos.

Eiquí rematan os datos do memorial, pero no ARG existe un pleito de Juan de Piñón do Hospital, marido de Dominga de Quizá, veciños e moradores no lugar do Hospital Vello. Pleitean pola mitade do lugar do Candales en Montoxo. A outra mitade era de Juan Fernández Poentas de Montoxo. Ano de 1657
Lamigueiro ©

Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Timiraos

Mensaje por lamigueiro »

No ARG consérvase o seguinte documento que pode estar relacionado con un descendente de Fernando de Lago e María Fernández Timiraos:

PEDRO PÉREZ CON PEDRO DE LAGO DE TIMIRAOS, CAPITAN, SOBRE NO QUERER HACER EL OFICIO DE TAMBOR. 1592 XVI 1592 XVI

Signatura C 18688 52
Lamigueiro ©

Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Ola LAMIGUEIRO:
- Pois eu sei menos -evidentemente- ca tí destos TIMIRAOS. Reincído en "supoñer" unha orixe ou ligazón primitiva deste apelido co lugar de Timiraos e As Forcadas (Valdoviño).
- Moi interesante o de "el muy magnífico señor D. Fernando de Lago", do ano 1566. Baseándome na cronoloxía que das, supoño que este "magnífico" Fernando de Lago podería ser un irmán de Ares Pardo de Lago, fillos ambos do Fernando de Lago que fora amo e home principal da Condesa de Lemos na xurisdicción de Cedeira nas primeiras décadas do s. XVI. Non sei si Rafael Usero conta a este "magnífico" entre os Lagos de Cedeira, coido que si pero estou a escribir de memoria.
- Falando dos "magníficos señores", este tratamento honroso, así como outros do tipo de "muy honrado señor", etc., é común en varios documentos desa época, usualmente para designar ós alcaldes e procuradores de concellos e coutos. Tamén, por suposto, cando se trata de nobles titulados, da orde de: "el muy magnífico señor el Conde de ...".
- En canto ó apelido ARROXO ou ARROJO, o coñezo principalmente a través das señoras deste apelido casadas cos Andrade de San Sadurniño, pero non poido dicir moito máis. De tódolos xeitos si os apelidos ARROXO E VALCÁRCE que citas te remiten a Becerreá, supoño que moi posiblemente teñas que tirar hacia a zona máis oriental de Lugo e "entrar" no Bierzo.
- Un saúdo.

Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Tratamentos

Mensaje por lamigueiro »

Eu ando bastantes despistado con ísto dos tratamentos. Pero, iste máis ou menos xa mo esperaba, xa que penso igualmente que tratáse dalgún rexidor de Cedeira. Anteriormente nun pleito de 1573, de Juan de Piñón contra a xusticia de Malados, íste recibe o tratamento de "El muy noble señor don". Éso si que me ten perdido.

Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Ola.
- Á verdade si que me parece un tanto extraño o tratamento de "muy noble señor don" nese pleito de 1573 aplicado a ese persoeiro, por canto esa utilización estaba moi cinguida á nobreza titulada. O habitual é atoparse coas expresións de "magnífico" ou "honrado" no caso de fidalgos e "pequena" nobreza. ¿Estás seguro da transcripción textual?. ¿Trátase dun documento de época ou dun traslado posterior?, porque no último caso -por exemplo, que sexa un traslado do s. XVIII- podería ocorrir que estiveses ante unha deturpación da verba orixinal, resultado dunha transcripción defectuosa na copia ou traslado. Eu coñezo algún caso semellante.

Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

tratamento

Mensaje por lamigueiro »

Hai si que me pillas, a verdade o descoñezo. Eu o consultei in situ no arquivo do reino de Galicia en octubro pasado, o caso e que o pleito esta tan velliño e roto que non é reproducible. O tratamento o recibe Juan tres veces no encabezamento e o pleito (practicamente cínguese a carta de otorgamento de poderes os procuradores), ten 6 folios en total.

O pouco que sei de Juan de Piñón e que pódese-lo pai doutro Juan de Piñón "O Vello" pai a súa vez, de Pedro de Piñón das Enchousas, díste teño na casa 8 pleitos e figura nalgúns como "home rico e poderoso", noutros dise explicitamente que é familiar do santo oficio. Na casa teño o libro "Emilia Pardo Bazán y sus Linajes", nel queda claro que a través de Pedro maila súa filla Andrea Teixeiro das Enchousas, casada con Antonio Pardo de Lama, a casa "Nova" -así figura nos documentos- das Enchousas, chega a dona Emilia. A través dos Teixeiros, os Piñón están emparentados con os Fernández da Dorna, Piñeiro, Lago, maís tíduo, ou sequera un pequeno señorío non tiveron.
Lamigueiro ©

Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Ola LAMIGUEIRO:
- En breve farei unha visita ó ARG. Si queres boto-lle unha visual ó pleito que citas arriba. En fin, si podes ou queres que o mire envíame a signatura concreta do expediente no ARG.
- Un saúdo.

Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

sinatura

Mensaje por lamigueiro »

Si, agradeceríache a túa opinión. Verás que a caligrafía é infernal, e do texto pouco poiden entender, prácticamente unhas 10 liñas por folio, e cita varias veces a Gómez Pérez das Mariñas, como dono da xurisdicción do coto de Malados. O meu interés no documento, cínguese a que Juan de Piñón, e o tutor dos fillos dos seu irmán Alonso, difunto, os rapaces teñen certos dereitos a ter bestas soltas nos montes de Cerdido, a xustiza de Malados din cás bestas son do señor. Teño seguro a filiación correcta de dous de ises fillos, a través da renovación do foro de Luaces na descendencia de Alonso. Eu non cheguei a distingui-los seus nomes, a ver si ti tiveras mais sorte. Non teño a sinatura agora, cando chegue a casa buscareina. saudos
Lamigueiro ©

Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

sinatura

Mensaje por lamigueiro »

Veremudus, a sinatura do documento do Piñon e mazo 12 numero 40 legaxo 2848. Saudos.
Lamigueiro ©

Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Para LAMIGUEIRO. Gracias, en canto teña algo fágocho saber. Un saúdo.

Responder