Página 1 de 1

Taboas (Reboreda-Redondela)

Publicado: 04 Feb 2005, 15:36
por Milleiro
Semella que o apelido Taboas tivo a sua Casa Solarenga na freguesia de Santa Maria de Reboreda (Redondela). No lugar de Asnelle existeu unha capela que segundo o historiador X. Miguel González foi erixida en 1752 por Don Baltasar de Taboas, do Santo Oficio da Inquisición, e a sua muller Dona Antonia de Otero. Don Baltasar deixou como patrón ao seu irmán Don Dionisio e como capelán a un dos seus fillos que sigueu a carreira eclesiástica.
Na devandita capela de Asnelle, atopa-se as pedras armeiras desta liñaxe, máis nun estado moi desgastado.

Publicado: 22 Feb 2005, 08:21
por Milleiro
Apellido Táboas
Blasón: En oro una torre, de azur sobre ondas de azur y plata.
Origen: Pontevedra(Galicia)
Nota: Dato engadido por "Miguel Angel" noutra mensaxe que reproducimos aquí

Publicado: 21 Mar 2005, 17:53
por Milleiro
Sobre os Taboas de Redondela, o dato máis antigo que posuo é do 14 de Xullo de 1510, nun aforamento otorgado polos procuradores xerais do hospital de pobres de Redondela a Pedro das Taboas Barbeiro e a sua muller Aldonça Rodríguez, veciños da vila de Redondela.

Publicado: 25 Nov 2005, 14:50
por Milleiro
O Padre Crespo del Pozo, fai referencia a unha liñaxe que identifica co Pazo da Carambola (Sta. Maria de Reboreda-Redondela):

I XERACIÓN
- Don Dionisio Taboas, c.c. Dª Mª Josefa Alfaro, t.a:

II XERACIÓN
- Don Dionisio Taboas Alfaro, c.c. Dª Francisca Bouza, t.a:

III XERACIÓN
- D. Xoan Silverio Taboas e Bouzas, nado en 1814. Colexial de Fonseca

Bibliografia: (A.H.U.S.;mazo 197, expedente de J.S. Taboas), en "Linajes y Blasones de Galicia", del Padre Crespo del Pozo

Re: Taboas (Reboreda-Redondela)

Publicado: 25 Oct 2016, 15:42
por Ivan Taboas
Ola milleiro,
Pregúntome se tes calquera información sobre onde leva o nome Taboas o acento. Eu xa vin moitas veces escrito como unha palabra llana, pero o seu orixe e esdruxula.
Moitas grazas.