Pazo do Souto (Sísamo-Carballo)

Investigación de xenealoxías
Respostar
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1306
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Pazo do Souto (Sísamo-Carballo)

Mensaxe por Milleiro » 25 Feb 2005, 15:21

Na parroquia de Sísamo atópase o Pazo do Souto, casa que pertenceu á familia Montenegro, como pon de manifesto o escudo barroco que aínda conserva sobre a porta principal. Foi construido no ano 1833 e a súa última moradora foi Elisa Montenegro Salazar, para posteriormente caer nun total abandono. Hoxe conta con novos propietarios que o habilitaron para o seu uso turístico e que fixeron un esforzo para o embelecemento do seu contorno. Este pazo encóntrase sobre as ruinas dun antigo castro.

O devandito Pazo, denominado antigamente, como "Casa da Torre", foi edificada polo inquisidor Don Manuel Posse de Soto, médico tamén do Real Hospital de Santiago de Compostela, en 1672.

Nota: Información tirada das webs:
http://www.pazodosouto.com/
http://clientes.vianetworks.es/ayuntami ... monio.html
Última edición por 1 o Milleiro, editado 26 veces en total

Avatar de Usuario
Buxan
Mozo
Mozo
Mensaxes: 44
Rexistrado: 26 Xul 2004, 09:00
Ubicación: Lalín

Pazo do Souto en Sísamo

Mensaxe por Buxan » 25 Feb 2005, 19:02

Para obter máis información relativa á historia desta residencia fidalga, pódese consultar un magnífico traballo publicado polo investigador Francisco Rubia Alejos, titulado "Notas genealógicas de la casa de Torre do Souto, en Sísamo, Bergantiños. Aportaciones del Pazo de Don Freán", que figura incluido no Boletín número 1 editado pola "Asociación de Genealogía, Heráldica y Nobiliaria de Galicia", artigo no que figuran os seus posuidores desde o doutor don Juan Antonio Pose de Soto, a finais do século XVII ata dona Elisa Montenegro Salazar.

Respostar