Lago

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Lago

Mensaje por Tito11 »

No libro Linajes Galicianos, de Perez Constanti, aparece a información de Don Jacinto Pereira Mahia e Ocampo, en 1729. Despois de describir os seus pais e avos, e de onde eran naturais, di que esta emparentado con D. Gregorio de Sanmamed canonigo de Santiago e do seu tío, tamen do mesmo cargo, D. Francisco Sanmamed e Montaos. Tamen afirma que é familiar de esta ilustres personas atraves dos Lago. Decir tamen que estos personaxes son sobriños de D. Alonso de la Peña Montenegro, bispo de San Francisco de Quito, nacido en Padrón en 1596, e morto en Quito en 1687.
Por outro lado teño información de Gregorio de Castrigo e Sanmamed, que casara con Doña María Gomez Ortiz Pardiñas Villardefrancos. Posiblemente nacera cara 1610, e morreu en 1673. Era Procurador general da xurisdición de Altamira, e vivia no lugar de Castrigo, parroquia de San Xoan de Ortoño, actual concello de Ames. Pois ben Gregorio de Castrigo manda inscribir en 1669 no libro de fundacións de Ortoño, 8 misas pola alma da sua difunta nai Francisca de Lago, que debeu morrer cara 1640. O porque de 1669, é que quizais perdeuse o anterior libro de fundacións nun incendio.
Na veciña parroquia de Santo Tomé de Ames, na que casaron fillas de Gregorio de Castrigo, aparecen no medio do s. XVII persoas como Amaro Sanmamed e Lago, que utilizan ambos apelidos, ou matrimonios entre Sanmamed e Lago.
Consultei Lago, na obra do P. Crespo, pero non di nada de esta zona ó oeste de Santiago, e menos a emparenta cos Sanmamed, nin os decendentes do Bispo de Quito.
Se alguen tubera información do linaxe Lago, e as suas relacións no s. XVII cos Sanmamed, agradeceríao moito.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Repasando exaustivamente o libro. "Torres, pazos y linajes de la provincia de la Coruña", de Carlos Martinez-Barbeito, encontrei na paxina 644 o pazo de Teixin en Santa María dos Anxeles, concello de Melide.
O autor fala que Sebastian Lopez do Río, familiar do S. O. e mercader, funda en Teixin, mayorazgo en 1621, lugar que o tiña en aforo do monasterio de Sanctus Spiritus de Melide. Este personaxe non tibo descendencia e nombrouna no matrimonio composto polo capitán D. Juan Lopez, e Doña Isabel Varela, señores da casa de Liñares. Seu fillo Juan Lopez Varela, casou con Bernarda de Lago, filla a sua vez de Juan de Lago, rexedor perpetuo de Santiago, e de Doña María de Ardeleyros e Figueiroa.
Quizais a Francisca de Lago, mencionada máis arriba sexa irmá ou prima de este Juan de Lago, rexedor de Santiago...
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

OS LAGO DE REDONDELA
Procuro datos sobre os Lago de Redondela, istos debiron de tomar o nome do lugar chamado igual en Tomiño ou o de Gondomar. O Padre Crespo fala dunha casa solarenga en Redondela, mais non sei que en que lugar concreto.
Os Lago non entran dentro da miña xenealoxia, pero é un apelido do que investigo pola importante relación que tivo coa vila. Denoto nas miñas indagacións un importante número de persoas con este apelido na freguesia de Saxamonde (Redondela)
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Gracias Milleiro pola tua aportación.
Os Lago, é un apelido que esta presente en varios lugares, como señala o P. Crespo. Hainos polas terras de Trasancos, nas inmediacións da Coruña, e tamen en Santiago. Sen dubida é un apelido de orixe toponímica, moito máis extendido do que aparece mencionado na bibliografía.
No meu caso en particular, pensei que o máis probable era que estos Lago que busco, tibesen relación co lugar de Lago, na feligresia de Santa María dos Anxeles, concello de Brión, moi cercano a Ortoño, e a Ames. De feito teño encontrado vinculos matrimoniais, de este apelido entre estas feligresias. Pero o dato que atraves de estos Lagos, "había parentesco con persoas ilustres", pensei que terían que ter deixado un rastro documental manexable; pero polo visto vai ser moi difícil trastrexalo...
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Acabo de encontrar na web do Arquivo Historico Universitario as probas de limpeza de sangue de D. Marcos Pardiñas Vilardefrancos, feitas en 1682. Pois ben, este Marcos era fillo de D. Gregorio de Castrigo e Sanmamed, e Dª Maria Gomez de Pardiñas, o matrimonio de San Xoan de Ortoño que buscaba. Como avos de de D. Marcos aparecen D. Benito Sanmamed, ou D. Benito de Castrigo Sanmamed, segun os testigos, e Dª Maria de Lago, que viria sendo a Francisca de Lago que eu busco. E como avos maternos D. Juan Sanmartin Ortiz e Dª Maria Gomez de Pardiñas; todos fidalgos notorios, descendentes das casas de Vilardefrancos, Pardiñas e a "Sierra". Agora dudo de esta "Casa de la Sierra", ¿viria sendo a casa dos marqueses da Serra, da que son ascendentes os Mariño de Lobeira?
Responder