Xenealoxía dos Pita da Veiga

Investigación de xenealoxías
Cerrado
Avatar de Usuario
JoseDocampo
Editor
Editor
Mensajes: 437
Registrado: 16 Nov 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Xenealoxía dos Pita da Veiga

Mensaje por JoseDocampo »

Según o foreiro Veremudus tiñan casa solar na parroquia de Vilaboa

concello de Valdoviño

I XERACIÓN

Pedro Morado. Rexedor de Ferrol. Señor de Vilacornelle.

II XERACIÓN

Alonso Pita da Veiga. Natural de Ferrol. Falecido, según o cronista de

Ferrol Soutos Vizoso, o 17 de decembro de 1558 os 78 anos

Serviu os Reis Católicos e o emperador Carlos I de España nas guerras

de Italia e Francia. Destacou polo seu valor sobre todo nas batallas de

Bicera e Gatinara.

Loitou na batalla de Pavía como capitán de cabalería do Tercio Andrade

Nesta batalla o 24 de febreiro de 1525 foi unha das tres personas que

interviu na captura do rei Francisco I de Francia na batalla de Pavia. O

emperador Carlos I de España lle concedeu por este feito escudo de

armas.

Casou con María García de Vilouzas

III XERACIÓN

Juan Pita da Veiga Piñeiro. Capitan

Casou con María Pardo de Lago

IV XERACIÓN

Pedro Pita da Veiga. Rexedor de Ferrol.

Casou con María Piñeiro de Lago

V XERACIÓN

Alonso Pita da Veiga. Rexedor de Ferrol.

Casou con Isabel Fernández Arias

VI XERACIÓN

Fernando Pita da Veiga. Capitán.

Casou con Andrea Margarita Andrade e Montenegro.

VII XERACIÓN

Bartolomé Pita da Veiga e Andrade.

Casou con Gertrudis Romero de Caamaño e de la Torre

VIII XERACIÓN

Juan Benito Pita da Veiga e Romero de Caamaño. Capitán de milicias.

Casou con Andrea Romero de Caamaño e Taboada

IX XERACIÓN

Andrés Pita da Veiga e Romero.

Casou con Ana Solloso e Figueroa.

X XERACIÓN

Gabriel Pita da Veiga e Solloso. Contralmirante. Comandante do vapor

"General Alava" afundido na Palma en 1863.

Casou en primeiras nupcias con Elvira Baleato e Gomez Illana

Casou en segundas nupcias con Carmen Pita da Veiga e Morgado sobriña

súa

Fonte:

Foro da familia Díaz del Río

http://www.blasoneshispanos.com/Blasone ... aVeiga.htm

http://ferrolterra.fiestras.com/servlet ... 3726672209

http://www.wikipedia.org
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Ola.
- Coido que debo puntualizar algunha afirmación feita polo compañeiro José Docampo na mensaxe anterior.
1º.- Os Pita da Veiga non tiveron casa solarenga en Vilaboa -Valdoviño- e tampouco eu escribín ou dixen tal cousa. O que si escribín foi no foro dos Díaz del Río, referíndome a unha casa na citada parroquia que podería estar ligada a este apelido, pero non ó de Pita da Veiga. Tal dedución non se pode tirar do que alí escribín, polo cal rogo rectificación -que lle agradezo de antemán- a José Docampo.
2º.- No que respecta á liñaxe dos Pita da Veiga. Coido que a xenealoxía que aporta aquí o compañeiro José Docampo non reflicte ás polas principais desta frondosa árbore familiar, salvo no que toca ás primeiras xeracións. Na mensaxe de arriba non se continúa por ningunha das consideradas troncais ou dos morgados deste apelido e vaise por unha das laterais, como xa afirmei.
3º.- Ainda que con algúns erros e confusións, a xenealoxía publicada polo P. Crespo del Pozo no seu Blasones y Linajes de Galicia segue a ser polo de agora a máis completa -publicada- sobre esta liñaxe e coido que debe ser citada como referencia. Así como considero -con todos os respectos a José Docampo- de pouca importancia ou francamente escasas as referencias das fontes e bibliográficas que citou na súa mensaxe.
- En fin, rógolle a José Docampo que teña a ben tomar as miñas palabras na súa medida, xa que non trato de polemizar senón de aportar datos contrastados. Saúdos.
Avatar de Usuario
JoseDocampo
Editor
Editor
Mensajes: 437
Registrado: 16 Nov 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaje por JoseDocampo »

Ola Veremudus:

O primeiro agradézoche tódalas puntualizacións que fas xa que este

foro se fai en base as aportacións de todos. Esta xenealoxía a collín

dunha mensaxe moi concreta e me pareceu interesante publicala, sobre

todo por Alonso Pita da Veiga persoeiro galego do que non tiña

coñecemento. Se ti podes correxir e completar esta xenealoxía

agradeceriacho moito polo interese desta familia, eu por desgracia non

teño a man o libro do Pai Crespo, que como ti moi ben dis e xa e hora

de dicilo hai que coller con moita cautela, e por tanto non podo facela.

O que sinceramente agradezo e a túa corrección a hora de abordar as

melloras a facer, moita xente debería aprender a plantexar as cousas

como fas e ti.

Un saudo
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Ola a todos, e a José Docampo moi principalmente.
- Agradézoche os teus cumpridos, que non merezo. Nas miñas intervencións nesta excelente páxina sempre estiven a procurar -ante todo- aportar os datos máis fidedignos, documentados e contrastados que puiden, en aras a unha exposición seria e con base neste e noutros temas. De feito, coido que en moitos casos abundan ou cólanse en demáis os mitos, lendas ou datos desfasados e descontextualizados. Polo que, en lugar de clarexar, o que fan e oscurecer ou enfarragar máis diferentes aspectos históricos, xenealóxicos, heráldicos, toponímicos, etc. O peor de todo e que, algúns destos casos, inda por riba se presentan como "estudios" de tipo histórico, cando son realmente cúmulos de erros que seguen a xerar equívocos. En fin, ...
- No que toca ós Pita da Veiga, estimado José Docampo, rógoche que esperes un certo tempo -cuestión de un par de meses, aproximadamente- no que un meu amigo vai publicar algúns novos e inéditos datos sobre esta liñaxe. Polo que sei do seu traballo, coido que vai merecer a pena esperar ese corto tempo.
- Saúdos e, repito, moitas gracias.
Avatar de Usuario
JoseDocampo
Editor
Editor
Mensajes: 437
Registrado: 16 Nov 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaje por JoseDocampo »

Ola Veremudus:

Fíome do teu criterio e esperaremos uns meses para ver publicados

eses traballos. Estou totalmente dacordo contigo en que temos que rachar

con xenealoxías e mitos erroneos que se arrastran de libro en libro, eu

como ti procuro ofrecer datos contrastados e fiables, pero as veces

grandes libros de xenealoxía como o do pai Crespo ou Genealogía

viguesa de José Gregorio - Espino conteñen erros. Un bastante fiable e

José Espinosa Rodríguez no que a xenealoxía se refire. Pero eu como

non fon infalible estou aberto a calquer suxerencia educada para

correxir e subsanar erros, co traballo de todos se construe a páxina, o

que non admito son altanerías e malos modos e falsificacións da verdade

histórica.

Un saudo
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Ola, outra vez, José:
- Se che interesa moito o tema de Alonso Pita da Veiga podes recurrir tamén ó libro de fr. Felipe de La Gándara: Armas y Triunfos de los Hijos de Galicia; Madrid, 1663 (reedic. facsimile Santiago de Compostela, 1970). Alí, aparte deste persoeiro podes atopar outros moitos e citas a varias liñaxes galegas. Resulta moi interesante pola cercanía cronolóxica a moitos dos biografiados. De tódolos xeitos, ollo, xa que é unha obra do século XVII e, polo tanto, mantén tamén loxicamente certos aspectos, datos e criterios froito da historiografía da época que hoxe consideramos inviables ou fóra de contexto histórico.
- Saúdos.
Avatar de Usuario
JoseDocampo
Editor
Editor
Mensajes: 437
Registrado: 16 Nov 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaje por JoseDocampo »

Ola:

Moitas gracias veremudus pola recomendación, non coñecía o libro e me

parece moi interesante. Eu creo que tamén será de interese para outros

membros desta páxina.

Un saudo
Cerrado