ENRIQUE LÍSTER FORJÁN
Republicano galego. Xeneral soviético na Segunda Guerra Mundial.
Membro da cúpula do goberno da URSS ata a crise de 1968
I XERACIÓN
Manuel Liste Piso. Tivo seis fillos, e entre eles a:
II XERACIÓN
1.- Constante Liste Forján. Nado o 30 de xaneiro do ano 1900, en Calo, e finado en outubro de 1936. Membro da Fronte Popular durante a Segunda República. Foi tenente de alcalde de Teo (A Coruña) ata o estoupido da Guerra Civil, cando foi paseado e fusilado polo bando nacional.
2.- Jesús Enrique Liste Forján (máis coñecido como Enrique Líster). Nado en Ameneiro, lugar de Calo, no Concello de Teo (A Coruña) o 21 de abril de 1907 e finado en Madrid o 8 de decembro de 1995. Unha das meirandes figuras do republicanismo internacional. Coordenador da primeira brigada mixta do exército popular español e responsable da undécima división do exército ruso na Guerra Civil. Xeneral do exército ruso durante a Segunda Guerra Mundial. Membro da Nomenklatura comunista e da cúpula do Partido Comunista da URSS ata 1968.
Casou con Carmen López Serrano, da que tivo tres fillos, III
3.- Faustino Liste Forján. Nado en Calo o 18 marzo 1911. (Moitos autores confúndeno co seu irmán Jesús Enrique). Tralo estoupido da Guerra Civil foi paseado e fusilado canda o seu irmán Constante.
4.- Aurora Liste Forján. Leiteira.
III XERACIÓN
1.- Enrique Líster López. Nado en Moscova en 1941. Ao igual que os seus irmáns, na actualidade reside e traballa en París (Francia)
2.- Carmiña Líster López
3.- ¿? Líster López
FONTES
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/v ... lnk=LISTERhttp://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/v ... lnk=LISTER
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/v ... lnk=LISTER
http://www.elmundo.es/papel/hemeroteca/ ... 17867.html
http://www.boe.es/boe/dias/1999/12/24/p ... -17126.pdf
Enrique Líster. Militar
Re: Enrique Líster. Militar
Quique Alvarellos
Enrique Líster en 1977, despois de 38 anos de exilio
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sa ... C11999.htm
Enrique Líster en 1977, despois de 38 anos de exilio
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sa ... C11999.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.