Página 1 de 1

A liñaxe dos Reino (Pazo de Outeiro de Maíndo - A Estrada)

Publicado: 24 Oct 2007, 20:21
por Pousada
¿Alguén coñece algo sobre a xenealoxía dos Reino do Pazo de Outeiro de Maíndo, en A Estrada?
Os únicos datos dos que dispoño é que, durante o século XV, viviron nesa fortaleza Ruy Suárez de Reino, fillo de Gonzalo Rodríguez de Reino.
Agradezo de antemán calquera aportación.
Saúdos!!

Publicado: 26 Oct 2007, 09:00
por Tito11
Pode que esos Reino teñan algunha relación cos seus contemporaneos da Casa do Monte en Padrón, e co Castelo, hoxe desaparecido, de Angueira, no concello de Rois.

Publicado: 26 Oct 2007, 11:46
por Pousada
O único que seis sobre as súas ligazóns noutros concellos é que algúns familiares dos Reino de Maíndo pasaron a Pontevedra, onde estiveron moi vencellados ó convento de Santo Domingo, onde parecen estar algunhas das súas sepulturas.
Entendo que Teresa Sánchez de Reino, nobre pontevedresa con entronques notables puido estar relacionada con estes Reino, e outros que aparecen en Pontevedra ó longo do século XVI e XVII e que, na maior parte das ocasións portan o Reino como segundo apelido paterno, en memoria dalgún entronque pasado que non se dá concretado.
Saúdos!!

Publicado: 26 Oct 2007, 16:08
por Pousada
Sustento esta vinculación entre Teresa Sánchez de Reino y los Reino de A Estrada, del Pazo de Outeiro de Maíndo, en el siguiente texto, vinculado al registro de Antonio Cisneros, conde de Ximonde, familia ligada, precisamente, al Pazo de Outeiro de Maíndo.
Segundo un documento, do 30 de agosto de 1489, un tal Dª. Tareixa Sánchez de Reino obrigáballe a aqueles que tiñan dela o foro e censo do lugar de Saa (na freguesía estradenses de S. Xoán de Santeles, Pontevedra), a que lle entregasen como renda anual: “(...) da metad de 8 zelemines de pan, medio zenteno e medio millo, e mais a metad do carto do viño que Dios diese nas ditas viñas, e metad de una rapada de castañas verdes (...)”. Arquivo do Pazo de Maíndo (Sta. María de Couso, A Estrada), Libro de rexistro dos morgados de D. Antón Cisneros (Conde de Ximonde), ff. 324v-325r.
Este texto está extraído del escrito CASTAÑAS E CASTIÑEIROS COMO RECURSOS ECONÓMICOS NA GALIZA DO MEDIEVO, de Héitor Picallo, gran coñecedor e historiador da Casa de Outeiro de Maíndo, como revelan as súas interesantes aportacións no xornal Galicia Hoxe.

Sobre os Reino

Publicado: 26 Oct 2007, 16:44
por Buxan
Sobre os Reino é de obriga citar un magnífico traballo do investigador cuntiense Héitor Picallo Fuentes, que foi publicado na Miscelánea da Estrada (Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela) en tres anos consecutivos, 2002, 2003 e 2004, nos números respectivos 5, 6 e 7.

O título destes artigos (realmente con un corpo único, dividido en tres partes) Maíndo (A Estrada-Pontevedra): Espacio xeográfico, humano e histórico na ascendencia do condado de Ximonde.

Sobre todo na primeira das partes se toca de xeito monográfico o tema dos Reino nos séculos XV e XVI, polo que considero que é case unha referencia para a xenealoxía e a heráldica desta liñaxe.

Un sáudo

Publicado: 26 Oct 2007, 16:59
por Pousada
Moitas gracias Buxán, vou ver se poido topar esa publicación á que te refires. Sobre Héitor Picallo estou moi acostumado a ler os traballos que vén publicando con asiduidade en Galicia Hoxe. Con respecto ó tema de Maíndo, precisamente a pouca información que topei é súa, con artigos como: “Recunchos históricos ao pé do Ulla. A fortaleza da Insua de Vea (II)”, ou "O ataque dos irmandiños. Versos para unha arquitectura extinguida", ambos publicados este mesmo ano.
Saúdos, e gracias unha vez máis.