Barros (San Román de Saxamonde - Redondela)

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Barros (San Román de Saxamonde - Redondela)

Mensaje por Pousada »

Procuro información sobre unha familia co apelido Barros asentada na freguesía de San Román de Saxamonde, no municipio de Redondela.
Eu descendo do matrimonio conformado por Josefa de Barros e Antonio Martínez. Descoñezo a data do seu matrimonio, pero houberon casar a finais do século XVII ou ben principios do XVIII. O único que coñezo deles é que foron pais da miña devanceira María Martínez de Barros, que casou en San Bartolomé de Pontevedra en 1756.
Agradezo as vosas contestacións, e saúdos!!
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

saxamonde

Mensaje por Milleiro »

ALGÚNS APONTAMENTOS DE CASADOS NA FREGUESÍA DE SAXAMONDE

1. Salbador de Barros c.c. María Fernández o 16 de Marzo de 1692 en Saxamonde. Salvador é fillo de Estebo de Barros e Ana de Lago.

2. Benito Martínez c.c. Lucia Crespo o 16 de Novembro de 1700 en Saxamonde. Benito é fillo de Domingos Martínez e Dominga Crespa. Lucia Crespo é filla de Martín Crespo e Mariña de la Iglesia.

3. Pedro do Barro c.c. Dominga da Graña o 22 de Outubro de 1700 en Saxamonde.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Mensaje por Pousada »

Graciñas,
Son datos moi interesantes... Creo lembrar que xa unha vez comentaras o feito de que o apelido de Barros en Redondela posiblemente derivase da forma do Barro, moi común nese municipio. Vexo, polos datos que aquí aportas, que tamén é o caso de Saxamonde, onde aparecen as dúas formas.
Saúdos!!
Responder