isabel romero de moscoso

Investigación de xenealoxías
Responder
genealogista riguroso
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 23 Ene 2009, 20:36

isabel romero de moscoso

Mensaje por genealogista riguroso »

Alguien sabe que parentesco tendria esta Isabel Romero de Moscoso, mujer del señor de Muiño, Gonzalo de Pazos Figueroa, con Lope Osorio de Moscoso, III conde de Altamira? Segun una genealogia colgada por Eliseo Blanco de un arbol del VI marques de Almeiras, seia esta Isabel Romero de Moscoso nieta del citado conde, pero no lo tengo nada claro; pero sin embargo sus descendientes se titulan primos de los condes de Altamira y tienen los apellidos Osorio, Alvarez Osorio, etc, es decir deben tener un parentesco.
Agradeceria datos comprobados en Archivos, Protocolos, etc, no simples tradiciones orales o arboles y genealogias no contrastadas.
Gracias.
Genealogista riguroso.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

É grande a cuestión para tratar de resolvela facilmente.
Eliseo Blanco describeu unha arbore, na que se enlazan a Casa do Barco, ca do Muiño, e a descendencia do conde de Altamira Rodrigo de Moscoso e Ossorio. Falase de que unha tal Urraca de Moscoso era neta de este conde e que casada en segundas nupcias con Fernando Romero da Casa do Barco tiveron por filla a Isabel Romero de Moscoso.
Esta Urraca xa seria a terceira que tivese o mesmo nome e apelidos:
1ª Urraca de Moscoso, filla de Rodrigo Sánchez de Moscoso e de Dª Juana de Castro y Guzman, casada co conde de Benavente, foi a nai do II conde de Altamira o tal Rodrigo de Moscoso e Ossorio.
2ª Urraca de Moscoso, muller de Fernan Álvarez de Carantoña, capitán do primeiro conde de Altamira, Lope Sánchez de Moscoso e Ulloa. A sua ascendencia é totalmente descoñecida, pero non é filla do primeiro conde, pero os seus descendentes teñense por primos dos condes
3ª Urraca de Moscoso, casada en segundas nupcias con Fernando Romero, señor da casa do Barco, neta de D. Rodrigo, segundo conde, todo segundo a arbore do VI marques de Almeida, como conta Eliseo Blanco.
Existe unha publicación: "As torres de Allo" na que se fala de distintas ramas dos Moscoso nas terras de Bergantiños, ramas anteriores o condado. Quizais de elas sexan estas duas últimas Urracas.
Eu ainda non sei en que localidades estan as casas do Barco e de Muiños, pero na miña investigación encontrei información deles, sobretodo dos do Barco.
Teño constancia de un tal Juan Romero de Moscoso casado con Ana de Albite, e que vivian a finais do s. XVII no lugar de Lago, feligresía de Santa María dos Anxeles.
Existe tamén un preito na Real Audiencia da Coruña, o RA 17603/4 "D. Juan Mariño Romero y Sotomayor con Antº de Castrigo Sanmamed como padre de sus hijos y que le quedaron de Dª Ana de Moscoso y Sotomayor, su mujer, misión en posesión del vinculo fundado por Fernando Romero de Moscoso y Juan Romero". O Preito é de 1675 creo. Nel ademais de describir os ascendentes trae unha arbore moi detallada da Casa do Barco. Empeza en Fernando Romero do Barco, casado con Dª María Correa Bermúdez de Castro, tendo por descendentes a:
Lid Juan Romero, clerigo en San Miguel de Treos
D Martin Romero de Moscoso, casado con Dª Sancha Oanes de Sotomayor
Fernando Romero de Moscoso, solteiro e sen descendencia
Dª Elvira Bermúdez de Castro, casada con irmán de Dª Sancha, Lid. D. Alonso Gómez de Reino.
Describe tres xeracións máis, e nos documentos que adxunta comprobase que esta familia ten propiedades polas feligresias do partido de Altamira, como son Brión, Viceso, Luaña, etc...
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 617
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Mensaje por Breo-jan »

Marqués de Almeida non.Creo que é do Marqués de Almeiras a árbore a que vos referiades.A min tampouco me queda moi claro,pois Dª.Urraca Osorio de Moscoso,filla dos 3os Condes de Altamira, casou con D.Pedro de Sotomayor,herdeiro da Casa de Soutomaior...Eu tamén teño algún dato de familias noiesas do século XVIrelacionadas coa tal casa do Barco,heinos revisar...Tamén teño datos de Juan Romero de Ardeleiros que casou cunha tal Inés Álvarez Osorio e foron pais de Maior Abelloa Romero de Figueroa,muller de Alonso Márquez...Irmá de Maior foi Teresa Pérez da Costa.Irmán de Maior e Teresa foi Gonzalo de Ardeleiros que parece que estivo casado cunha tal Catalina Núñez..Este foi pai de Teresa Pérez da Costa ''a moza'',que estivo casada con Miguel López de Luzón,que fora xuiz ordinario de Malpica e con Juan García Tizón...
 
genealogista riguroso
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 23 Ene 2009, 20:36

isabel romero de moscoso

Mensaje por genealogista riguroso »

Efectivamente es el marques de Almeiras.
Este señor, al igual que Martinez-barbeito, hacen a Mayor Abelloa hija de un Romero do Barco ( o Romero de Pazos) y Maria Fernandez de Touriñan. Y a Alonso Marquez hijo del Juan Romero e Ines Alvarez Osorio. Usted hace a este matrimonio padres de Mayor Abelloa. Esta seuro?, o quiza ha sido una confusion al transcribir la informacion?
Gracias.
Millafre
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 199
Registrado: 06 Abr 2008, 12:41

Isabel Romero de Moscoso

Mensaje por Millafre »

Esa publicación As torres de Allo ¿es la misma que Torres do Allo, de Jesús Angel Sánchez García, editado por la Deputación Provincial de A Coruña? Lo pregunto porque yo consulté hace tiempo esa segunda y creo recordar que no se decía cosa algunas de los Moscoso.
Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 617
Registrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Mensaje por Breo-jan »

Sí,estoy seguro...Por otro lado,a los relacionados con las torres del Muiño,en un expediente de un descendiente suyo para entrar en una Orden,se les llama Juan Romero de Pazos y María Fernández de Morujo,no de Touriñán...En efecto,en 1579,Sancha Oanes de Sotomayor y Romay(o Sancha Oanes ''la Moza''),se casa en 1579 con Martín Romero de Moscoso(o Romero do Barco),hijo él de Fernando Romero do Barco(o Romero de Moscoso) y de María Correa Bermúdez de Castro.Sancha era hermana entre otros del bachiller Alonso Gómez de Reino Villardefrancos,que aparece casado con Elvira,hermana decíis de Martín....Sancha y el bachiller Alonso,y sus hermanos Leonor Rodríguez,Vasco Fernández Mateo''el Mozo'',Juan Mariño de Goyanes''el Mozo'' y Ruy Suárez de Reino eran hijos del baciller y luego licenciado Antonio Gómez de Reino Villardefrancos,regidor de Noia y de su mujer Teresa González de Sotomayor,de la Casa de Goyanes...Antonio era hijo de Ruy(o Rodrigo)Suárez de Reino,también regidor y de Gracia Gómez de Villardefrancos,que testó a 19-9-1554,hija de Alonso Gómez de Villardefrancos........
 
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Queria siñalar alguns puntos de estas xenealoxias, xa que cadran nos meus ascendentes.
D. Rodrigo Ossorio de Moscoso e a sua muller Dª Teresa de Andrade e Haro, veñen sendo os segundos condes de Altamira, e non o terceiros, xa que non se conta a nai de D. Rodrigo como condesa.
Juan Romero do Barco, ou Romero de Moscoso, aparece nos foros tamen como Juan Romero de Ardeleiros, sen saber si se trata da mesma persoa. Eu teñoa como a mesma que estaba casado con María Fernández de Touriñan, ou de Morujo; pero en outro sitio contase que estaba casado con Dª Inés Álvarez Ossorio. ¿Tratase da mesma persoa, ou casou duas veces?
Gustariame saber en que localidades estan as Casas ou Torres de Muiño, e do Barco, porque confeso que me tropecei con estos linaxes pero descoñezo a sua ubicación física.
Sobre a casa de Muiño, teño un posible descendente no s. XVII: o Licenciado D. Domingo Rodríguez de Pazos, avogado da Real Audiencia, que estaba casado con Dª Mª Suárez Figueroa. Segundo os documentos estaba asentado en San Juan de Ortoño, pero non se atopan referencias ningunhas suas nos libros sacramentais. En 1718 a sua viuva contraeu matrimonio con D. Carlos Bermúdez de Castro, viuvo a sua vez de Dª Melchora Gonzalez de Solís, tamen veciños de Ortoño. O novo matrimonio estableceuse en San Lourenzo de Agrón.
Sobre Juan Romero de Moscoso, casado con Ana de Albite, no lugar de Lago, tiveron un fillo chamado Antonio Romero de Moscoso, que casou con Dª Juana Freire de Castro de Santa Maria dos Anxeles. Este matrimonio tivo por fillos a Juan Antonio Romero de Moscoso, e a Catalina Romero de Moscoso, que acabou casandose con Juan de Viojo.
Samuel c o castro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 182
Registrado: 15 Jun 2009, 13:24

Mensaje por Samuel c o castro »

Tito11 escribió:24 Xan 2009 - Fernando Romero do Barco, casado con Dª Marí­a Correa Bermúdez de Castro

25 Xan 2009 - D. Domingo Rodrí­guez de Pazos, casado con Dª Mª Suárez Figueroa. En 1718 a sua viuva contraeu matrimonio con D. Carlos Bermúdez de Castro, viuvo a sua vez de Dª Melchora Gonzalez de Solí­s, tamen veciños de Ortoño.

Sobre Juan Romero de Moscoso, casado con Ana de Albite, no lugar de Lago, tiveron un fillo chamado Antonio Romero de Moscoso, que casou con Dª Juana Freire de Castro de Santa Maria dos Anxeles.
Prezado Tito,

Por acaso saberias me informar a ascendíªncia das pessoas que citaste ?

a) Marí­a Correa Bermúdez de Castro

b) Carlos Bermúdez de Castro

c) Juana Freire de Castro

Agradeí§o qualquer informaí§í£o. Fico a disposií§í£o. Fraterno abraí§o.

Samuel de Castro
Intereí§o-me por dados genealógicos de todos os ramos da famí­lia Castro.
Fernando Dopico B.
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 299
Registrado: 16 Dic 2007, 20:33

Mensaje por Fernando Dopico B. »

* Encabezamento dunha xenealoxía (manuscrito inédito) redactada no século XVII, onde se especifica por onde viña o parentesco que tiñan os Romero do Barco cos Moscoso de Altamira. Como se pode comprobar, a ligazón coa Casa de Altamira non ven pola descendencia directa do conde, se non dun irmán deste. Coido que un dos erros que tiveron bastantes xenealoxistas foi en fixarse tan só na liña do conde, obviando e esquecéndose das liñas co-laterais ...

- Martín Romero do Barco, Senor de la Casa y fortaleza y solar de los Romeros, que está en tierra del alfós de Muros, felegresía de San Lorenso de Matafrieyro, se casó con Ynés Garçía de Guiçamonde, ermana de Gómez Ares de Guiçamonde, Senor de la misma Casa de Guiçamonde, [y] tuvieron por hijo a Martín Romero de Barco. Y este Martín Romero de Barco se casó con Tereja do Canpo y Moscoso, hija de don Alonso do Canpo y Moscoso, ermano del Senor Conde de Altamira don Rodrigo de Moscoso, de quien desienden los senores condes. Este Martín Romero y Tereja do Canpo tubieron por hijos a Fernán Romero de Moscoso, hijo mayor, de quien deçienden los Senores de la Casa de Barco, y Urraca Rodrígez de Moscoso, que casó con Lope Bermúdes, Senor de la Casa de La Penela, y Ynés de Lema.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Entón a xenealoxía dos señores do Barco quedaria deste xeito:

I XERACIÓN
1. Martín Romero do Barco, q c c Inés García de Guisamonde, e tiveron por fillo a:

II XERACIÓN
2. Martín Romero do Barco, q c c Teresa de Ocampo e Moscoso, filla de Alonso de Ocampo e Moscoso, irmán do 2º Conde de Altamira, D. Rodrigo Ossorio de Moscoso.
Este matrimonio teria por fillos a:

III XERACIÓN
2.1. Fernán Romero de Moscoso, que casaria con María Correa Bermúdez de Castro, tendo por fillos a (2.1.1, 2.1.2., etc)
2.2. Urraca Rodríguez de Moscoso, q casaría con Lope Bermúdez, señor da Penela
2.3. Inés de Lema

IV XERACIÓN
2.1.1 Lic Juan Romero, Rector de San Miguel de Treos
2.1.2 Martín Romero de Moscoso, q c c Sancha Oanes de Soutomayor
2.1.3 Fernando Romero de Moscoso, morto en 1620 sen descendencia
2.1.4 Elvira Bermúdez de Castro, que casaria co licenciado Alonso Gómez de Reino, irmán de Sancha.

Pero si esto é así, ¿onde se mete Isabel Romero de Moscoso casada con Gonzalo de Pazos Figueroa? ¿Poderia ser outra filla de Fernán Romero de Moscoso, ou era unha irmá? Eu inclinome a pensar que era irmá.
E esto tendo en conta que por exemplo Mayor Abelloa, muller de Alonso Marquez, señores do Pazo de Lens, e por tanto bisneta de Isabel, morreria a principios do s. XVII. E como se pode entender que esta muller sexa por tanto 4ª neta de Alonso de Ocampo e Moscoso irmán do conde de Altamira D. Rodrigo, que morreu novo a principios do XVI. Tan só un século con 6 xeracións, cando o normal son de 3 a 4. ¿Non sigue esto a estar bastante escuro?

Ademáis sería interesante saber de onde sae ese manuscrito inédito, se esta en un arquivo publico ou privado, e si é de principios do XVII ou de finais.. E sobre todo que escrituras publicas avalarian eses novedosos e a par interesantes datos aportados por Fernado Dopico B.
Fernando Dopico B.
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 299
Registrado: 16 Dic 2007, 20:33

Mensaje por Fernando Dopico B. »

- Ola.

- Respondendo á cuestión que expón Tito11 na final da mensaxe anterior,

- Trátase dun breve manuscrito que se conserva nun arquivo privado. A súa datación se corresponde entre 1650-1665, aproximadamente. Comeza na parte que transcribín anteriormente, e logo segue cos descendentes de Inés de Lema (arriba citada), casada con Antonio Vázquez de Caamaño, con sucesión posterior na Casa de Taraio e na Casa de Carracedo.

- Agora ben, con referencia á secuencia xenealóxica que puxo Tito11 asemella que falta algunha xeración entre a II e a III. Se non, é dificil entender que os da II xeración, que viviron no século XV, tiveran algún fillo que finara no XVII, como aparece aí. ¿Non?.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Bueno, a miña era unha hipotese de traballo a vista dos datos postos aqui por todos.
Pero ainda así, asaltanme algunhas dubidas en canto a cronoloxia da casa dos Moscoso que quizais xa poidan estar resoltas comparandoa ca casa do Barco, explicome:
1. Cando se fala de D. Alonso de Ocampo e Moscoso como "ermano del Senor Conde de Altamira don Rodrigo de Moscoso, de quien desienden los senores condes", eu entendin que se refire a D. Rodrigo Ossorio de Moscoso, fillo de D. Pedro Álvarez Ossorio e de Dª Urraca de Moscoso e Castro, que sucedeu a seu primo D. Lope Sánchez de Moscoso e Ulloa no condado de Altamira cara 1505.
Pero quizais se tratara de D. Ruy de Moscoso casado con Dª Juana de Castro Lara e Guzman, avo materno do D. Lope e de D. Rodrigo, que alguns o consideran o primeiro conde. Pero este tivo por irmás a Dª Maria de Moscoso e Limia casada con Fernán Pérez de la Cuadra e Dª Berenguela de Moscoso e Limia casada con Alonso Mendoza de Mesía, pero nada de un irmán chamado Alonso de Ocampo e Moscoso, alo menos ata o de agora.
2. Tamén habería outro D. Ruy Sánchez de Moscoso, chamado "o brabo" e casado con Mayor de Soutomayor e pais dos anteriores, pero este xa estaría máis alonxado no tempo.
3. En canto a si é posible que existise unha xeración máis entre a II e a III proposta na casa do Barco, quizais fose a formada por un primeiro Fernán Romero de Moscoso, que sería o pai do outro Fernán casado con María Correa Bermúdez de Castro, e da sua irmá Isabel Romero de Moscoso que casaría con Gonzalo de Pazos Figueroa....

Sobre a casa dos Moscoso, condes de Altamira, seguin o traballo de Faustino Menéndez Pidal de Navascués, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés A propósito de un nuevo sello medieval gallego . El obispo Don Gonzalo, de Mondoñedo, y los orígenes de la casa de Altamira En Anuario de Estudios Medievales nº29 (1999)
Lamas
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 148
Registrado: 29 Sep 2005, 09:00

Los Moscoso del señorio de Fontao

Mensaje por Lamas »

genealogista riguroso escribió:Alguien sabe que parentesco tendria esta Isabel Romero de Moscoso, mujer del señor de Muiño, Gonzalo de Pazos Figueroa, con Lope Osorio de Moscoso, III conde de Altamira? …….. sus descendientes se titulan primos de los condes de Altamira ……
Fernando Dopico B. escribió:* Encabezamento dunha xenealoxía (manuscrito inédito) redactada no século XVII, onde se especifica por onde viña o parentesco que tiñan os Romero do Barco cos Moscoso de Altamira. ……. Coido que un dos erros que tiveron bastantes xenealoxistas foi en fixarse tan só na liña do conde, obviando e esquecéndose das liñas co-laterais ...
Tito11 escribió: Sobre a casa dos Moscoso, condes de Altamira, seguin o traballo de Faustino Menéndez Pidal de Navascués, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés A propósito de un nuevo sello medieval gallego . El obispo Don Gonzalo, de Mondoñedo, y los orígenes de la casa de Altamira En Anuario de Estudios Medievales nº29 (1999)
La siguiente pregunta estuvo en el foro en 2007 y, por la información que teníamos en ese año, la respuesta era, “No”.

¿Hay documentación conocida de algún enlace entre el linaje de los Moscoso que fueron condes de Altamira y el linaje de los Moscoso de la señoría de Fontao?

Quizás, con el paso de tiempo, se ha descubierto nueva información.

Seguramente, en el siglo XVIII, muchos que tenían el apellido Moscoso trataban de dar la impresión que su linaje estaba emparentado con los condes de Altamira simplemente por tener el mismo apellido. En la obra Linajes Galicianos, pagina 171, el expediente hecho en el año 1757 del Colegial de Fonseca, D. Luis Lamas y Moscoso, hijo de Da. Maria Luisa Moscoso y Lemos y nieto de D. Lorenzo Moscoso y Omaña, Señor de la Casa de Fontao cita:
Abuelos maternos: D. Lorenzo Moscoso y Omaña, dueño de la Casa y jurisdicciones de Fontao y Ferreyra, en la feligresía de Valle de Oro y D.ª Juana Pardo y Lemos, natural de la parroquia de Cuiña, en el condado de Santa Marta. ……..


Y que el citado pretendiente, por la línea de su madre y apellido Moscoso, es pariente del Excmo. Sr. Conde de Altamira, , del Illustrisimo Sr. Obispo de Mondoñedo, D. Alvaro Moscoso, ahora difunto, y el Marqués de San Saturnino, cuya madre, D.ª Josefa Cayetana Pardo y Moscoso , era prima hermana de de D.ª Maria Luisa Moscoso y Lemos, madre del susodichoe opositor.
En documentos del año 1754, la firma de D.ª Maria Luisa Moscoso y Lemos es “Maria Luisa Moscosso y Lemos” y todos los documentos que tengo de esa época dan su apellido paterno como, simplemente, “Moscoso” o “Moscosso”.

Sin embargo, el resobrino de D.ª Maria Luisa Moscoso y Lemos, el primer Conde de Fontao, cambia su apellido y, en vez de llamarse simplemente José María Moscoso y Quiroga, se llama José María Moscoso de Altamira y Quiroga.

http://es.wikipedia.org/wiki/Jose_Mar%C ... ra_Quiroga

Es cierto que este linaje de los señores de Fontao querían ser conocidos como primos de los condes de Altamira y, quizás, por una antigua rama colateral, lo eran. Sin embargo, hasta ahora, falta la documentación.

El linaje de los Moscoso del señorío de Fontao está abajo. ¿En sus fuentes, han encontrado un entronque antiguo entre los Moscoso del señorío de Fontao y los Moscoso del linaje de los condes de Altamira?


**************
1 Lorenzo de Moscoso, Señor de Fontao, San Pedro del Río y de Ferreira de Mondoñedo
2 Lorenzo Sánchez de Moscoso Miranda y Andrade, Señor de la Casa de Fontao y Ferreyra
...... casó en 1595 con Aldonza de Omaña, de la Casa de Omaña en Cangas de Tineo, Asturias. (Según Linajes Asturianos por Luis Alfonso de Carballo, Edición preparada por el Padre Patac de las Traviesas)

... 3 Antonio Moscoso y Omaña, Señor de la Casa de Fontao y Ferreyra
......... casó con: María de Freire y Andrade
...... 4 Francisco Moscoso Omaña y Freire de Andrade, Señor de la Casa de Fontao
............ casó con: María Luisa de Castro y Ulloa, de la Casa de San Pedro do Rio, San Pedro do Rio, en el consejo de Buron
......... 5 Lorenzo Moscoso Omaña y Ulloa - 1732, Señor de las Casa de Fontao y Ferreyra Murió: 04 Aug 1732
............... casó con: Juana Andrea Pardo y Lemos, de la parroquia de Cuiña, condado de Santa Marta
............ 6 Maria Luisa Moscoso y Lemos, de la Casa de Fontao, en Valle de Oro
.................. casó con: Jose Antonio de Lamas Menéndez, Señor del Pazo de Quintalonga, Villaosende, Murió: 1754
............... 7 Luis de Lamas y Moscoso 1734 - 1796 Colegial de Fonseca: Expediente para entrar en el Colegio de Fonseca en el año 1757. Nació: 1734 en el Pazo de Quintalonga, Sante Eulalia de Villaosende
............ 6 Antonio Moscoso Omaña y Lemos, Señor de la Casa de Fontao y Ferreyra
.................. casó con: Bernarda Miranda Navia y Vivero
............... 7 Jose Moscoso Miranda Señor de la Casa de Fontao y Ferreyra
..................... casó con: María del Carmen Quiroga Quindós
................. 8 José Mª Moscoso de Altamira y Quiroga 1788 - 1854, Primer Conde de Fontao: 1840, Señor de la Casa de Fontao y Ferreyra Nació: 25 May 1788 en Mondoñedo. Murio: 01 Mar 1854
................. 8 Joaquín Moscoso y Quiroga, Murió: 16 May 1811 en la Batalla de La Albuera

**************
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Sigo intentando encontrar nas xenealoxias dos condes de Altamira o tal Alonso de Ocampo e Moscoso irmán de D Rodrigo. Sen embargo soamente atopo que D. Rodrigo tivo soamente por irmán a D. Alvaro obispo que foi de Astorga
Podese consultar toda a serie xenealóxica dos condes de altamira no seguinte enlace: http://grandesp.org.uk/historia/gzas/altamira.htm
De todolos xeitos semella que tamen pode haber fallos...
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Rectifico, a páxina que vinculei na anterior entrada non é completa.
No testamento de Dª Urraca de Moscoso, publicado por José García Oro e Mª José Portela Silva: La casa de Altamira en el Renacimiento, menciona os seus fillos que son:
Bernardo
Rodrigo, o que despois foi o segundo conde
Alonso, morto prematuramente e enterrado en San Francisco en Santiago
Alvaro, que chegou a bispo de Astorga
Lope, que en 1498 era fraile dominico.

Este Alonso parece que non puido ter descendencia e por tanto preguntome si o tal Alonso de Ocampo e Moscoso non seria un irman de Rodrigo de Moscoso o que casara con Dª Juana de Castro pais de Dª Urraca, xa que hai quen ten a este por primeiro conde...
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

En O Colexio de Fonseca, de Antonio Fraguas de 1995, falase na páxina 246 do colexial don Antonio de Castro e Andrade.
En 1617 este fai información para o ingreso na orde de Santiago, e afirma que é fillo de Fernán Pérez de Lanzós, señor de Villamourel, e de Dª Ana de Sotomayor, e neto por via materna de don Pedro de Sotomayor, señor de Sotomayor e de Dona Urraca de Moscoso, "irmá de don Lope de Moscoso, conde de Altamira".
Descendentes de seu irmán don Juan Lanzós son os condes de Maceda.
Samuel c o castro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 182
Registrado: 15 Jun 2009, 13:24

Mensaje por Samuel c o castro »

Tito11 escribió:Antonio de Castro e Andrade.
Prezado Tito,

Na obra a que referiste, se lá constar descendíªncia do Antí´nio de Castro e Andrade, e de seu outro irmí£o D. Luí­s Henriques de Castro, também colegial do mesmo lugar, e puder aqui expor, fico-lhe muití­ssimo agradecido.

Desejo-lhe um FELIZ 2009. Fraterno abraí§o.

Samuel de Castro
Intereí§o-me por dados genealógicos de todos os ramos da famí­lia Castro.
Fernando Dopico B.
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 299
Registrado: 16 Dic 2007, 20:33

Algúns datos sobre os Señores da Casa de Muiño, en Zas

Mensaje por Fernando Dopico B. »

- Xoán Romero de Pazos e Figueroa, Señor da Casa de Moiño, na freguesía de Santo Tirso de Muiño, no actual concello de Zas. Outorgou testamento o 17/12/1573. Casou con María Fernández de Moruxo. Foi seu fillo herdeiro e sucesor:

- Alonso de Pazos e Figueroa, nado no ano 1540. Señor da Casa de Moiño. Outorgou testamento o 18/11/1597. Casou no ano 1573 con Catalina Rodríguez de Gondomil, natural de San Antolín de Baiñas e nada no ano 1545, filla de Alonso Rodríguez das Cabazas e de María de Gondomil. Foron seus fillos:

1.- Pedro de Pazos e Figueroa, Señor da Casa de Muiño e pai de don Alonso de Pazos e Figueroa, que era o Señor da Casa do Moiño polo ano 1682.

2.- Gonzalo de Pazos e Figueroa.

3.- Xoán de Pazos e Figueroa, nado no ano 1584. Casou con dona María de Pardiñas Villardefrancos, filla única de Alonso de Pardiñas Villardefrancos e de Maior Rodríguez de Carracedo. Foron seus fillos:

3.1.- Don Sebastián de Figueroa e Pardiñas Villardefrancos, nado no ano 1632. Maestre de campo, cabaleiro da O.M. de Santiago no ano 1682.

3.2.- Don Andrés de Figueroa e Pardiñas Villardefrancos, nado no ano 1635. Capitán de cabalos corazas, cabaleiro da O.M. de Santiago no ano 1682.

3.3.- Xoán de Figueroa e Pardiñas Villardefrancos.

3.4.- María de Figueroa e Pardiñas Villardefrancos.

------------------------------------------------------------------

* Descrición da Casa do Moiño no ano 1682.

- Está el paço y casa de Moiño sita en la felegresía de San Tirso. Es su fábrica antigua, una torre mui alta cuias paredes tienen algo más que siete codos de ancho, que denotan gran fortaleza. Tiene tres suelos, y en cada uno dos troneras. Y en el segundo suelo, a la parte del medio, se be y está un escudo con dos carteles, que le cojen de bajo a riba, y en ellos gravadas las armas siguientes. En el dela mano derecha está un castillo que cubre un águila, descubriéndose solo las alas a los lados. Y de una ventana del castillo sale un braço armado con una espada en la mano, metida por la boca de una serpiente, blasón que disen ser de los Pasos. Y en el cartel dela mano isquierda, sinco ojas de higuera, blasón que disen es de los Figueroas. Y la torre en el segundo alto tiene una puerta que es entrada y comunicación de una dilatada casa de bibienda. Y la torre está sircundada alderredor con una muralla antigua y mui cresida, con sus troneras y almenas, y una puerta fuerte por donde se corresponde y comunica con la torre, que todo ello denota antigüedad. Y tiene algunos basallos y la presentación del beneficio del patronato dela capilla maior, a donde tiene sus sepulturas con las armas dichas y asientos para si y su familia.

------------------------------------------------------------

* Fonte: AHN, OM, Caballeros Santiago, Exp. 3079.

------------------------------------------------------------

© Fernando DOPICO BLANCO. Ferrol, 2009.

------------------------------------------------------------
Responder