Cayetana Fernández Cordero, e José Frº Vendrell Pedralbes

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Cayetana Fernández Cordero, e José Frº Vendrell Pedralbes

Mensaje por Tito11 »

En 1807 Dª Cayetana Fernández Cordero, estaba viuva, e contrae novo matrimonio con D. José Francisco Vendrell Pedralbes y Estapez del Mas, médico nacido en Barcelona en 1776, e asentado en Santiago dende 1804.
Dª Cayetana era sobriña de D. Simón Antonio de Lago, cura párroco de San Xoán de Ortoño dende 1754 ata 1798. Este cura fundara a capela privada da Virxe Peregrina na localidade de Bertamirans, parroquia de Ortoño.
¿Tería alguen máis información de esta familia?, sobre todo a ascendencia de Cayetana, xa que a sua descendencia e historia do culto da virxe Peregrina ata os nosos días é meridianamente coñecida.[/list]
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Quizais os pais de Dª Cayetana Fernández fosen D. Antonio Fernández, "oficial mayor de condaduria general de las rentas de salinas de este Reyno", e a sua muller Dª González Cordero, veciños que eran en 1796 da vila de Pontevedra.
Este matrimonio tiñan outra filla chamada Dominga que casa en 1796, en Ortoño con D Antonio Benito Blanco de Losada, fillo de D Juan Antonio Blanco de Losada e de Dª Antonia Faustina Rodriguez, tamén veciños de Pontevedra.
Alguen ten información de estas xentes en Pontevedra...
Responder