'Emigración e exilio nos Estados Unidos de América: experiencias de Galicia e Azores' (pdf)

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

'Emigración e exilio nos Estados Unidos de América: experiencias de Galicia e Azores' (pdf)

Mensaje por serba »

Este volume recolle as reflexións que xurdiron nun encontro que tivo lugar no outono de 2012 na illa de San Simón e supuxo un paso máis no estudo dos vencellos de conexión entre Galicia e As Azores. As reflexións céntranse preferentemente nos procesos de integración nas sociedades de acollida, nas relacións co mundo do exilio, no impulso aos novos medios de comunicación xurdidos na diáspora e no papel que desenvolveron as comunidades emigrantes na diplomacia cultural dos seus países de orixe.
Estas páxinas serven, tamén, para iniciar unha nova xeira de Estudos Migratorios, publicación periódica editada polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega desde decembro de 1995, que nas súas dúas etapas tivo a finalidade de ser o punto de encontro e reflexión dos investigadores sobre a temática dos movementos migratorios en xeral, e dos galegos en particular. Agora, o nome desta publicación convértese nunha Colección propia dentro da liña editorial do Consello da Cultura Galega para acoller todas as investigacións que se xeren sobre a materia.

http://consellodacultura.gal/mediateca/ ... hp?id=3956
Pdf: http://consellodacultura.gal/mediateca/ ... merica.pdf
http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/888feb_CCG_2016_EmigracioneexilionosEstadosUnidosdeAmerica.jpg
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder