Estilo e citas documentais en Xenealoxía.org (Borrador)

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Respostar
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Estilo e citas documentais en Xenealoxía.org (Borrador)

Mensaxe por kruzul » 26 Mar 2005, 02:08

ESTILO e CITAS DOCUMENTAIS (Borrador)


Ortografía. Maiúsculas e minúsculas e outros.
Escrebaremos as palabras en maiúsculas cando comecemos un texto, despois de punto, despois de puntos suspensivos se é fin de parágrafo, despois de interrogación e admiración de peche e despois de o saúdo nas mensaxes aínda que poñamos unha coma.
  • Nomes de persoas ou animais.
  • Nomes e apelidos (Xosé, Lucía, Francisco Vázquez Seoane).
  • Sobrenomes e pseudónimos (Francisco Xosé, o Mozo).
  • Nomes de familias, liñaxes e dinastías (Os do Coiro, Os Andrade, A dinastía X).
  • Formas protocolarias (Ilustre Señor).
  • O tratamento de Don e Dona, aínda que na escrita non se faga, para nós está máis perto da forma protocolaria dada a posición do posuidor.
  • Os cargos na súa forma protocolaria (O Ilustrísimo Señor Alcalde).
  • Abreviaturas de tratamentos de ríspeto (Sr., Sra., D., D.ª, Ilmo Sr.).
  • Denominacións xenéricas de entidades formalmente constituídas (Rexistro Civil, Xulgado, Concello de Santiago, Universidade de Vigo).
  • As designacións de entidades xurídico - públicas e relixiosas, agás os adxectivos e complementos do nome, que se escriben con minúscula (a Igrexa católica, a Administración galega).
  • Cargos oficiais, profesións, títulos nobiliarios, títulos académicos, tanto se fan referencia a unha persoa concreta coma se se trata dunha designación xenérica ( o rei, marqués, conde, duque, enxeneiro, profesor, etc) .
  • Os días da semana, os meses e as estacións do ano (xoves, sábado, xuño, primavera).
  • O punto úsase despois das abreviaturas. Sr., Sra., tfno., admón.
  • O punto nunca se usa nas cifras que indican anos. *Ano 1.999; ano 1999.
  • Pode usarse con outras cifras. Ao concerto asistiron ao redor de 300.000 persoas.
  • Para enmarcar datas. Cantares Gallegos (1863) é o primeiro poemario de Rosalía de Castro escrito en galego. Rolindes Hermida Vidal (1954).
  • Para encadrar lugares ou parroquias nos seus concellos. Santa María de Verís (Irixoa).
  • Para titular traballos de liñaxes, poñeremos primeiro o apelido seguido dunha coma, e despois o lugar ou parroquia de orixe, logo entre paréntesis o axuntamento . Bonome, de Santa María de Verís (Irixoa).

Notas
As notas numeraránse consecutivamente (1), (2),(3)... ó final do traballo ou en traballos mais longos, ó final de cada capítulo.

É millor non citar fontes nas notas senón facelo ó final en bibliografía, e recoméndase facelo de xeito abreviado no texto, exemplo: (Fariña, 2001:159) e poñer os datos completos da obra en bibliografía. Bibliografía: Fariña Couto, Luciano. O Libro da Heráldica Galega. 2001. Ed. Fundación Pedro Barrié da la Maza.

Cando unha nota fai referencia a outra anterior basta poñer «véxase nota...».



Citas

Nas transcripcions ou citas literais as palabras, frases ou parrafos deben ir entre comillas. E na publicación web cun <blockquote> para maior claridade.
A cita debe ser fiel ó orixinal. Se a poñemos no seu idioma orixinal a tradución irá deseguido entre paréntesis.
Se omitimos unha parte do texto debemos indicalo con puntos suspensivos entre corchetes e deixando un espacio por diante e outro por detrás [...]

Cada cita que reproduzamos nun texto ten que ter a súa bibliografía senón considerarase plaxio.


Bibliografía
A bibliografía a de facilitarnos tódolos datos das fontes consultadas. Vexamos que tratamento darlle ós casos co que máis nos atopamos

Libro cun autor
Matesanz Bellas, Jesús. Los Mesías de Moeche. A Coruña: Concello de Moeche, 1994.
Se o autor é descoñecido facémolo igual pero dende o título.

Libro con máis dun autor
Para libros con máis de tres autores, ou ben rexístranse os nomes
de tódolos autores ou o nome do primeiro seguido de “e outros”.
Ferro Ruibal, Xesús e outros. Diccionario dos nomes galegos. Vigo:
Ir Indo, 1992.

Capítulo dun libro
Amorín, Norberta. “Libros parroquiales”. A través del tiempo. Diccionario de fuentes para la historia de la familia. Ed.
Universidad de Murcia. Servicio de Publicaciones, 2000. 123-131.

Revista
Descobrindo. Anuario de Estudos e Investigación. Nº 4. Deza: 2004

Articulo de Revista
Gómez Buján, Sandra. “Xenealoxías Dezanas. Os Vilariño de Cangas”. Boletín de Estudios de Genealogía y Nobiliaria de Galicia. Nº 1 (2002): 89-104.

Enciclopedias xerais
Gran Enciclopedia Gallega. 30 vols. Gijón: Silverio Cañada.,
1974.

Entrada dunha Enciclopedia
“Galego”. Enciclopedia Galega Universal. 14 vols. Vigo: Ir Indo Edicións, 2001. 9, 355-380.

Dicionário
Alonso Estravís, Isaac. Dicionário da língoa galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións, 1995.

Artículo en Diario
Camilo Franco. “El arquetipo del gallego torpe fue creado en el siglo de oro español”. Páxina 50, La Voz de Galicia. Cultura, 20 de marzal do 2005.

Recurso de Internet
Lamigueiro Fernández, Xosé Lois. “Os apelidos galegos de orixe topográfica”. Xaneiro do 2002. (Aceso 26 de marzal do 2005). ( http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... e&artid=88 )

Sitio Web
Consello da Cultura Galega na rede. Consello da Cultura Galega.
(Aceso 26 de marzal do 2005). (http://www.consellodacultura.org/ )

Revista científica na rede [en liña]
Rodríguez Fdez.-Broullón, Rafael “Los Tavares. Nuevas aportaciones en torno al origen, armas y descendencia de un linaje portugués en Galicia”. Pontenova. Revista de novos investigadores [En Liña], Nº 8, 61-85. En:
http://www.depontevedra.es/?1,3762 (xuño 2004)


Autor: Ricardo Lago Couce


Bibliografía
gobBsAs. La cita documental (Acceso 21 de Mayo de 2004) ( http://www.buenosaires.gov.ar/educacion ... mental.pdf )

Universidad de Guadalajara. Manual de estilo. (Acceso 21 de Mayo de 2004
e-libro.net http://www.e-libro.net/E-libro-viejo/gr ... estilo.pdf

Presentación de los trabajos escritos y de las traducciones
http://www.doz.ch/download/Manuskriptge ... SP_Web.pdf

Universidad Pedagógica Nacional
http://www.pedagogica.edu.co/usr/anexos ... es_upn.pdf

GALEGO EN LIÑA
"galego en liña"
http://www.galegoenlinna.uvigo.es/home.asp

El Correo Gallego - O Correo Galego - Manual de Estilo
"ÍNDICE"
http://www.elcorreogallego.es/periodico/manual_estilo/

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Abreviaturas

Mensaxe por kruzul » 30 Mar 2005, 00:51

Abreviaturas

A.º: nai
arq.: arquivo
b.: bautismo
c.: matrimonio
ca., circa (ó redor)
cap., caps.: capítulo, capítulos
col.: colección.
conc.: concello
comp.: compilador (compiladores)
d.: divorcio
D. / D.ª : Don / Doña
e.: enterro
ed.: editor, editores
edic., edics.: edición, ediciones
esp.: español
f.: defunción
facs.: facsímile
fasc.: fascs.: fascículos, fascículos
fig., figs.: figura, figuras
fem.: feminino
fol., fols: folio, folios
i.: ilexitimidade
ibíd., ibídem.: o mesmo lugar
ilustr.: ilustración
impr.: imprenta
gal.: galego
hab.: habitante
lám., láms.: lámina, láminas
M.ª: madriña
masc.: masculino
ms., mss.: manuscrito, manuscrito
n., ns.: nota, notas
n. do trad.: nota do traductor
n. do ed.: nota do editor
núm.: número
op. cit. (opus citatum): obra citada
orix.: orixinal
P.: pai
P.º: padriño
p., pp.: páxina, páxinas
parr.: parroquia
port.: portugués
prov.: provincia
publ.: publicación
s.d.: sen datos
s.e.: sin editar
s.f.: sen data ou ano de edición
s.l.: sen lugar (de edición)
s.l.f.: sen lugar nin data
ss.: seguintes (páxinas seguintes)
Sr. / Sra.: Señor/a
T.: testigo
t., ts.: tomo, tomos
trad.: tradución
trans.: transcrición
vol., vols.: volumen, volumens

Bibliografía
[[[[[ Área de Normalización Lingüística - Universidade de Vigo]]]]]
"ABREVIATURAS, SIGLAS E ACRÓNIMOS
( http://webs.uvigo.es/normalizacion/uso_ ... onimos.htm )

gobBsAs. La cita documental
(Acceso 21 de Mayo de 2004) ( http://www.buenosaires.gov.ar/educacion ... mental.pdf )

Sampedro Escolar, José Luis. "Con Nombres y Apellidos. Como localizar a nuestros antepasados". Barcelona: Ediciones Martínez Roca S. A., 1999.

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Infografía: Citas bibliográficas para torpes

Mensaxe por kruzul » 25 Feb 2015, 15:05

un esquemiña “Si hemos podido ver más allá, ha sido porque hemos subido a hombros de gigantes” dende Infografía: Citas bibliográficas para torpes
http://cdn7.neoscientia.com/wp-content/uploads/2015/02/citas-bibliogr%C3%A1ficas-infograf%C3%ADas.png

Respostar