Biblioteca de Galicia

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Biblioteca de Galicia

Mensaje por serba »

"A Consellería de Cultura e Educación incorpora fondos da Asociación da Prensa da Coruña á Biblioteca de Galicia"

Santiago, 29 de xullo de 2013.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe pola maña a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, que conta co arquivo correspondente aos fondos da Asociación da Prensa da Coruña (APC). Trátase duna colección de 1588 volumes dos xornais “La voz de Galicia”, “El Ideal Gallego”, correspondentes aos anos entre 1961 e 2009, e que se continúan editando diariamente. Por outra banda tamén se inclúen fondos correspondentes a “La Hoja del Lunes”, ata o seu peche no ano 1983.

Cómpre destacar que os citados volumes se atopan en perfecto estado de conservación e todos eles están encadernados. Estes fondos permiten ampliar e completar as coleccións coas que contaba a propia Biblioteca de Galicia, ao tempo que se poñen a disposición de todos aqueles interesados en consultar ditos documentos.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... biblioteca
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Biblioteca de Galicia

Mensaje por serba »

Más de 17.700 documentos procedentes del delegado del periodista de Vimianzo (A Coruña) Celso Collazo Lema se incorporan a la Biblioteca de Galicia, en la Cidade da Cultura.
http://galicia24horas.es/2013/08/18-000 ... n-al-gaias
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

José Luis Basanta, bibliófilo

Mensaje por serba »

"O bibliófilo José Luis Basanta doará os seus traballos á Biblioteca de Galicia"

O bibliófilo nacido en A Fonsagrada (Lugo) José Luis Basanta manifestou ao conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez Abad, o seu desexo de contribuír, cos seus propios estudios e coa súa documentación, a ampliar os fondos da Biblioteca de Galicia de la Cidade dá Cultura.

Diso informou a Xunta a través dun comunicado, no que destacou "o gran valor e o interese" que, para o conselleiro, teñen as investigacións de quen foi decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia.

"Tanto no relativo a temas especificamente galegos coma aos reloxos de pedra en Galicia ou marcas de auga", incidiu, antes de poñer en valor que este estudoso de A Fonsagrada recibiu ademais a Cruz Oficial do Mérito Civil e forma parte da Academia de Belas Artes de San Fernando.
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-g ... ia-820447/
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Biblioteca de Galicia

Mensaje por serba »

Santiago, 5 de decembro de 2013.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, o traballo e as tramitacións que está a realizar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para que os fondos bibliográficos de Novagalicia Banco3.214 volumes- poidan estar á disposición de toda a cidadanía a través da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. “Estamos a falar dun importantísimo patrimonio cultural da nosa terra, unha colección que inclúe arredor de 500 volumes referidos ao ámbito económico desde o século XVI; 250 documentos autógrafos de distintos personaxes e autores galegos; 66 incunables, obras anteriores ao ano 1500; 11 facsímiles de excepcional valor; e un importante fondo histórico que acompaña todas estas obras que lles acabo de referir, con outros 2.350 volumes, que son obras que van desde o século XVI ata comezos do século XX”, aseverou.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... isposicion
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Biblioteca de Galicia

Mensaje por serba »

Santiago, 13 decembro de 2013.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e Santiago Novoa, director do Gabinete de Presidencia de Novagalicia Banco, asinaron esta mañá o convenio de colaboración a través do cal se porá a disposición da cidadanía a colección de fondos bibliográficos de Novagalicia Banco, composta por 3.214 volumes, dentro da Biblioteca de Galicia, da Cidade da Cultura.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... liografico
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: José Luís Basanta, bibliófilo

Mensaje por serba »

viewtopic.php?f=19&t=9396#p27985
Xov, 06/11/2014
O titular de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe a exposición “Libros sobre reloxos. Colección José Luís Basanta” na Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura. O fondo principal de Basanta está formada por máis de 450 volumes, nos que se inclúen manuscritos únicos, impresos desde o século XVI ata a actualidade e unha grande cantidade de obras de apoio, desde revistas ata bibliografías, catálogos, publicacións de libraría anticuaria e obras sobre temas afíns, como os instrumentos mecánicos e a medición do tempo. A biblioteca do investigador, que amais da colección de libros de reloxo, contén obras científicas (uns 9.000 exemplares en total), actualmente se atopa depositada na Biblioteca de Galicia, á que foi legada no ano 2013. A exposición recolle unha representación desta colección, na que se pretende resumir tanto o empeño bibliográfico do coleccionista como o esforzo e o traballo do incansable investigador. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 30 do presente mes.
http://www.edu.xunta.es/web/node/13799
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Inauguración da exposición "O berce do libro"

Mensaje por serba »

Telexornal Mediodía
Inauguración da exposición "O berce do libro" na Biblioteca de Galicia
http://www.crtvg.es/informativos/inaugu ... cia-955481
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder