Tesis doctoral de Xosé Carlos Ríos Camacho

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18970
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Tesis doctoral de Xosé Carlos Ríos Camacho

Mensaxe por serba » 04 Out 2013, 19:28

Ríos Camacho, Xosé Carlos

Mozarabismo en la Gallaecia Altomedieval. Estudios generales y análisis desde sus fuentes documentales monásticas (siglos VIII, IX, X y XI)

Fecha de defensa: 25-05-2009
Depósito Legal: MU-2028-2009
ISBN: 9788469247945
http://www.tdx.cat/handle/10803/11017
Poblada soledad es hoy el mundo.

Aguin
Novo
Novo
Mensaxes: 1
Rexistrado: 06 Ago 2018, 22:33

Re: Tesis doctoral de Xosé Carlos Ríos Camacho

Mensaxe por Aguin » 07 Ago 2018, 11:30

Non lle deades ningún creto a este tipo. Non ten nin idea. Eu vin un estudo del sobre supostos topónimos galegos de orixe árabe e comete erros de parvulario. Daba por árabes palabras claramente celtas, latinas e xermánicas. Á parte disto, outro dos erros gravísimos que comete é chamarlles mozarabismos ós arabismos (o mozárabe é unha lingua de orixe latina que non ten nada que ver co árabe), o cal o deixa aínda máis en evidencia.

Debería dedicarse a outra, porque isto non é o seu.

Mozarabia Gallaecia
Novo
Novo
Mensaxes: 1
Rexistrado: 24 Xuñ 2019, 20:30

Re: Tesis doctoral de Xosé Carlos Ríos Camacho

Mensaxe por Mozarabia Gallaecia » 25 Xuñ 2019, 23:20

Prezado comentarista:
Non podo coincidir en case nada do comentado por “Aguin”, sobre a obra do profesor Ríos. Está claro desde o comezo da sua crítica que non leu, ou non soubo perceber íntegramente a obra mencionada (2009) que claro está, é a única peza historiográfica na Galiza completa sobre os mozárabes, iso si, desde fontes documentais estritamente monásticas altomedievais. A escola de Ríos, sei-no, é a de D. Manuel Díaz e Díaz, do cal é manifestamente representante. Dito isto, agora teríamos que ir por partes:
1. É un libro ante todo de fontes diplomáticas monásticas (tombos), a salientar, S. Xiao de Samos e Celanova, e complementariamente Sobrado, mais adiante, noutros estudos, San Martiño de Castañeira na Sanábria galeciense (ver El monasterio de San Martín de Castañeda (San Martiño de Castañeira, un enclave del noroeste mozarabizado; 2010), este último xa tratado, mas non no libro que comentamos de Mozárabes na Gallaecia monástica.... Complementarian-se eses estudos sobre a mozarabizazón altomedieval, con cenóbios como os de S. Xoán de Caaveiro ou de S. Salvador da Lourenzá lucense, coido que entre algúns mais…
2. Os estudos dos mozarabistas son polo xeral unha tarefa especialmente complexa, xa que nos nasara (os mustarab segundo as fontes escritas e epigráficas árabes, “mixti árabes” segundo algúns autores mozárabes en latín, citemos de paso a Álvaro de Córdoba) dan por definizón un sincretismo lingüístico e cultural case espectacular e difícil de compreender para os leitores afeizoados á história, e mesmo entre os medievistas en xeral, con excepzóns notórias, por suposto. A meirande parte dos documentos de dita tradizón hispano-visigótica (se me permite este adxectivo composto, collido polos pelos desde a historigrafia puramente etno-castelá, ainda imperante: dela podemos sacar cousas moi positivas, outras, non tanto) son en latín, mas con glosas e léxico árabe (as dobres anotazóns en latín e árabe son abundantes): este punto de partida para perceber o universo da mozarabia, é incontestábel pola historiografía e filoloxia altomedieval actual.
Un mozarabista (rara avis no actual panorama historiográfico español e xa non digamos no galego…) non é un arabista, embora poda (debe) ter certos coñecimentos do mesmo, é especialmente un hispanista e latinista, e no noso caso, informado (e só iso, non desde a especialidade) sempre do sustrato céltico e xermánico que subxaz no território, lugares e xente da grande Gallaecia (e non só a actual e pequeneira “Galiza”). Porén, teñamos en conta a condizón sincrética do mozárabe desde o Al-Ándalus arabizado (culturalmente, daquela pouco a pouco islamizado nos ss. VIII-X, arco cronolóxico deste estudo), mas de tradizón xermánica e visigótica, non só na sua versión católica senon na popular ariana (sen dúbida maioritária antes da aparaizón do Islam): non han faltar polo tanto elementos xermanizantes nos formulários e documentazón latino-árabe dos mozárabes, falantes en minoria dun “romandalusí” (falado, moi pouco escrito, agás o das muwuassaxas que todos podemos coñecer: por certo, outro estudo deste mozarabista galego sobre o tema en https://revistas.um.es/mimemur/article/ ... 081/168941 ) que ainda hoxe custa perceber e menos tentar ver o amplo horizonte medievalista que se nos pode vir enriba…
Relativo á toponímia, as custosas orixes etimolóxicas dos nomes de lugar galaicos, dicer que o libro sempre se refiere ás fontes bibliográficas das que parte, por certo, até as teorías pro-célticas (Cabezas, J. J. Moralejo, Isidoro Millán. O’Relly, L. Monteagudo, A. Granha, etc)
A todo isto, engadamos-lle a complexidade do deslocamento desta xente tan “especial”, mas en xeral ben formada en doutrina e letras (latinas, gregas e árabes) ao Noroeste, a nosa Magna Gallaecia de orixe provincial romana, mais ou menos uniforme na sua variedade e extensión, engadido o nomeado e recén “reino de Asturias” desde o fenómeno (século VIII) da arabizazón cultural (nen moito menos étnica, de base fortemente antevisigótica e visigótica e derivados, como por exemplo a nosa castrexo-sueva) á que vai ser submetida toda a Hispánia, culturalmente latinizada abondo, non tanto como se dicia, “cristianizada”: desde logo moi pouco “catolizada” (os estudos do Prof. Esparza son de obrigada referencia).
3. Dito todo o anterior, evidentemente os escritos documentais (formularios monásticos engadidos) e epigráficos mozárabes, latinos ante todo, están cheos de arabismos e xiros de orixe norteafricana e posteriormente dun árabe sírio moi detectábel, que de certo seria ao que se refería o Prof. Ríos en Toponimia e microtoponimia da área de entre Ponteceso e Laxe. Aportazóns sobre nomes de lugar de orixe cultural monástica: o Mosteiro de Almerezo (2011), pois aí, lido este singular traballo, sobrentendo que ese especial léxico latino e xermánico empregado polos mozárabes (cultura sincrética onde as haxa, a xeito de frontier culture case sen precedentes, insisto), fora dos razoábeis arabismos, moitos deles da mao da tradizón latina, especialmente litúrxica, apoloxética e antigo-novotestamentária, segundo traduzóns tardoantigas e algunhas delas bizantinas, ests últimas, sempre en vencello non demasiado lonxíncuo, como até hai pouco se cria…O mosteiro de Almerezo (Ponteceso, Malpica, AC) non foi unha excepzón, parece ser. A impronta mozárabe de base claramente latina (pouco a pouco esquecida xa no século X como advertian Álvaro de Córdoba, Samsón, Eulóxio ou Speraindeo, entre outros…) conleva polo tanto e como autodefinizón, unha forte pegada da língua árabe xunto cun latín arcaizante e mesmo cheo de xermanismos que transmiten desde a tradizón hispánico-hispalense de San Isidoro e toda a sua escola, ao lado da de Toledo ou a de Zaragoza, por citar só tres focos isidorianos, base do fundo monástico frutuosiano. Non hai contradizón algunha, ou asi o vexo eu, sempre e cando se entenda o fenómeno mozárabe en toda a sua extensión: un elemento relixioso-cultural de base latina, nascido e criado en Al-Ándalus, portadora de elementos arabizantes (non tanto “árabes” en si mesmos) e mesmo xermánicos, desa anterior tradizón da que partian e desexaban conservar.
Un exemplo de magnitudes sincréticas sen precedentes entre o céltico (estudos da Treba e lugar-santuário céltico ali mesmo establecido- A. Pena Granha; 2011-), o latino-xermánico e a estética árabe (que conleva á musulmana, embora os mozárabes quixeran sempre dividir entre cultura árabe e relixión islámica polo perigo que conlevaba para o próprio catolicismo de tradizón visigótico-isidoriana que maiormente defendían) é oratório-“mesquita” (utilidade dúplice podríamos asegurar con permiso do “enigma Froila”) de San Miguel de Celanova. Eis a chave para tentar compreender o fenómeno mozárabe tanto no Al-Ándalus como no noso Noroeste galeciense. O dito no comezo, cumpriria que lese toda a obra do Prof. Rios, se é que queremos saber algo mais, desde esta pequeña Galiza, do sério rompecabezas que é o factor mozárabe na Gallaecia. Grazas por me permitir contestar-lle a unha aseverazón sua, a todas luces inxusta.

Respostar