FGCMF: Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Bibliografía (FGCMF)

Mensaje por serba »

Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Tesouros vivos do mar da Guarda

Mensaje por serba »

http://www.culturamaritima.org/files/images/tesouros_vivos_guarda.jpg
O vindeiro venres 25 de outubro ás 20.00 h na Casa dos Alonsos, na Guarda, presentaranse os traballos realizados no Proxecto para a recuperación e a transmisión do patrimonio marítimo inmaterial do Concello da Guarda.
http://www.culturamaritima.org/node/19180
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

FGCMF: Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial

Mensaje por serba »

http://www.culturamaritima.org/files/images/La_Viguesa_Botadura_1893.jpg
“La Viguesa”, un petroleiro a vela


O 15 de xullo de 1895 cruzáronse no medio do Atlántico dous barcos, La Viguesa, un bergantín-goleta petroleiro, e o Spray, o barco de Joshua Slocum.

Slocum saira de Boston en abril e nese momento navegaba rumbo a Horta nas Azores, coa intención de dar a volta ao mundo. Slocum foi a primeira persoa en navegar ao redor do mundo en solitario.

La Viguesa era un petroleiro de Vigo, pertencente á empresa Babé, e que viña de Filadelfia cun cargamento de petroleo a granel baixo o mando do capitán Juan Gantés, da Coruña, con destino á refinería que naquel tempo había en Guixar, Vigo.
http://www.culturamaritima.org/node/19191
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Documental Tesouros Vivos do Mar de A Guarda

Mensaje por kruzul »

Documental proxecto de recuperación do Patrimonio Inmaterial Marítimo de A Guarda (Pontevedra - Galicia - España) a través da figura dos Tesouros Humáns Vivos.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Maritiem Digitaal

Mensaje por serba »

Maritiem Digitaal é unha base de datos que incorpora os rexistros dos catálogos dos principais museos marítimos do Benelux. Neste momento recolle datos de máis de 835.000 obxectos. A base pode consultarse en holandés, francés, alemán e inglés, pero as descricións de cada recurso están no idioma orixinal. Moitos dos rexistros teñen unha foto a boa resolución do obxecto. Na base hai unha grande cantidade e variedade de materiais interesantes, por exemplo unha foto da barcaza Galicia, construída en 1929.
http://www.maritiemdigitaal.nl/index.cf ... =100025091
Maritiem Digitaal é un interesante exemplo de cooperación entre museos, que facilita enormemente a búsca de información e que promove o coñecemento dos fondos de cada museo participante.
http://www.culturamaritima.org/node/19202
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

FGCMF: Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial

Mensaje por serba »

(Imaxe Sotheby's) http://www.culturamaritima.org/files/images/naufraxio_scilly_0.jpg
"130 anos de naufraxios en fotografías"
Os Gibsons son unha familia de fotógrafos das illas Scilly, ao sudoeste de Cornwall (UK), que desde 1872 fixeron fotografias dos naufraxios que tiveron lugar na zona. O National Maritime Museum de Greenwich acaba de mercar máis de 1000 negativos destas fotografías nunha subasta en Sotheby's por 122.500 libras.
Os Gibsons teñen unha web, Gibsons of Scilly, onde se poden mercar copias en papel das súas fotografías. Agora xa non está dispoñible esta opción para as vendidas. No web hai un catálogo de naufraxios e é moi recomendable ver as relativamente poucas imaxes dispoñibles (a pesar da enorme marca de auga que teñen).
http://www.culturamaritima.org/node/19209
Gibsons of Scilly - http://www.gibsonsofscilly.co.uk/shipwrecks.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

FGCMF: Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial

Mensaje por serba »

Os pósitos de pescadores: do Antigo Réxime á IIª República. Unha iniciativa conciliadora?http://www.culturamaritima.org/files/images/posito_0.JPG Dionísio Pereira ven de publicar no último número da revista Minius o artigo Os pósitos de pescadores: do Antigo Réxime á IIª República. Unha iniciativa conciliadora? O autor fai un repaso do nacemento do pósitos de pescadores e da súa evolución durante a IIª República, poñendo de manifesto que a evolución dos pósitos antes da Guerra Civil parece poñer en cuestión o seu caracter conciliador.
Este artigo naceu do Ciclo de Conferencias O mar na historia, que foron organizados polo Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo en 2012. No mesmo número 21 de Minius aparecen outros artigos coa mesma orixe e que tratan temas tan interesantes como A Galicia medieval e o mar; A política naval, corsarios e armadas na Galicia moderna; Un balance da arqueoloxía subacuatica en Galicia; Os perigos da navegación e as prácticas máxicas para solventalos e a Historia da cartografía náutica de Galicia.
(Imaxe: Representantes dos Pósitos da zona de Ferrol en outubro de 1931, tomada de Ondas de irmandade II)
http://www.culturamaritima.org/node/19262
- viewtopic.php?f=6&t=8706
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

FGCMF: Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial

Mensaje por serba »

Santiago, 17 de marzo de 2015.- Baixo o lema ‘Vento da historia, mar de futuro...’ o porto de Cabo da Cruz, no concello de Boiro, será o escenario, entre o 9 e o 12 de xullo, da nova edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, unha iniciativa promovida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) a prol da recuperación e difusión social do patrimonio marítimo tradicional. Trátase, en palabras do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, “dun amplísimo patrimonio cultural que se forxou ao longo da historia e que hoxe require da colaboración e unión de diferentes axentes –movemento asociativo, administracións, institucións galegas e internacionais, a cidadanía en xeral– para que sexa recuperado, apreciado e valorado a todos os niveis: cultural, social, económico, turístico etc.”.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... timo-cunha
http://www.culturamaritima.org/node/19349 http://3.bp.blogspot.com/-nR-vCynZOIk/VQcmJDVZgLI/AAAAAAAABHc/zgtkDSUOavs/s1600/Logo%2Bcalidad%2Bc-rojo.jpg
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O noso patrimonio marítimo e fluvial. Xornadas

Mensaje por serba »

http://www.culturamaritima.org/node/19791 http://www.culturamaritima.org/files/images/Xornada_Viveiro_sementeira.img_assist_custom-420x593.jpg
Cristina L. Felipe | Viveiro

Víctor Fernández: "A primeira traiñeira de pesca que chegou a Galicia veu para Viveiro"

O colectivo Pensamento e Sementeira inaugura este sábado, ás sete da tarde na sala multiusos do concello, as Xornadas do Patrimonio Marítimo e Fluvial, nas que Víctor Fernández González, directivo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, falará da súa situación na Mariña.

http://elprogreso.galiciae.com/noticia/ ... ra-viveiro
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder