Gradaille en Vigo

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Respostar
nicasiogradadille
Novo
Novo
Mensaxes: 1
Rexistrado: 30 Nov 2018, 08:54

Gradaille en Vigo

Mensaxe por nicasiogradadille » 24 Mar 2019, 17:10

Quería comunicar que en Vigo somos 4 Gradaille: eu, que son natural de Neda (A Coruña) e as miñas 3 fillas xa nacidas en Vigo.
Por se puderan actualizar o mapa de apelidos pois en Vigo aparece que non hai Gradailles.
Na miña familia nunca puxemos o tilde mais pronuciamos como se o levara (como se fora Gradaílle)

Gracias

Un saúdo

Avatar de Usuario
Dinuciña
Administrador
Administrador
Mensaxes: 330
Rexistrado: 16 Set 2007, 04:49
Ubicación: Rias Baixas
Contactar:

Re: Gradaille en Vigo

Mensaxe por Dinuciña » 25 Mar 2019, 01:11

Ola Nicasio,

os datos das distribucións dos apelidos recóllense de 2 páxinas distintas

- Para a distribución de Galicia (concellos e comarcas) da páxina do ILG (Gradaille no ILG), están sen diferenciar primeiro e segundo apelido, os datos desta páxina son dun censo do INE do ano 2001, non hai datos recentes.

- Para a distribución en España (provincias e Comunidades) da páxina do INE (Gradaille no INE), por provincia de nacemento e só para o primeiro apelido, neste caso os datos foron tomados da páxina do INE o 31 de Xullo do 2011.

En ambos casos, non se dan datos de apelidos se a frecuencia é menor de 5, por segredo estatístico.

Ese é o motivo de que non figuren os teus fillos, pero ti estás entre os 7 que naceron en Neda.

Unha aperta.

Avatar de Usuario
omarlejos
Novo
Novo
Mensaxes: 3
Rexistrado: 18 Xul 2019, 10:09

Re: Gradaille en Vigo

Mensaxe por omarlejos » 30 Xul 2019, 10:11

Bo día,
Eu non podo aportar máis información, pero lembro un a un profesor de piano con ese apelido en Vigo, que entrara a traballar no centro cando eu remataba os meus estudos. Supoño que seguirá a traballar alí, zona do monte do Castro. Nunca máis volvín a escoitar ese apelido por Galicia.
Saúdos dende O Barco.
Doctoral Candidate Ph.D
International Mention

Respostar