Página 1 de 1

Gradaille en Vigo

Publicado: 24 Mar 2019, 17:10
por nicasiogradadille
Quería comunicar que en Vigo somos 4 Gradaille: eu, que son natural de Neda (A Coruña) e as miñas 3 fillas xa nacidas en Vigo.
Por se puderan actualizar o mapa de apelidos pois en Vigo aparece que non hai Gradailles.
Na miña familia nunca puxemos o tilde mais pronuciamos como se o levara (como se fora Gradaílle)

Gracias

Un saúdo

Re: Gradaille en Vigo

Publicado: 25 Mar 2019, 01:11
por Dinuciña
Ola Nicasio,

os datos das distribucións dos apelidos recóllense de 2 páxinas distintas

- Para a distribución de Galicia (concellos e comarcas) da páxina do ILG (Gradaille no ILG), están sen diferenciar primeiro e segundo apelido, os datos desta páxina son dun censo do INE do ano 2001, non hai datos recentes.

- Para a distribución en España (provincias e Comunidades) da páxina do INE (Gradaille no INE), por provincia de nacemento e só para o primeiro apelido, neste caso os datos foron tomados da páxina do INE o 31 de Xullo do 2011.

En ambos casos, non se dan datos de apelidos se a frecuencia é menor de 5, por segredo estatístico.

Ese é o motivo de que non figuren os teus fillos, pero ti estás entre os 7 que naceron en Neda.

Unha aperta.

Re: Gradaille en Vigo

Publicado: 30 Jul 2019, 10:11
por omarlejos
Bo día,
Eu non podo aportar máis información, pero lembro un a un profesor de piano con ese apelido en Vigo, que entrara a traballar no centro cando eu remataba os meus estudos. Supoño que seguirá a traballar alí, zona do monte do Castro. Nunca máis volvín a escoitar ese apelido por Galicia.
Saúdos dende O Barco.