Buño

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Buño

Mensaje por Sic-ario »

BUÑO

Significado: Atopamos “Planta monocotiledónea da familia ciperáceas (xénero Carex), variedade de xunco”.

Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 111 persoas, Nos concellos de A Laracha, Carballo, Arteixo e A Coruña.
Non se atoparon persoas no resto das provincias de Galicia.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid. Un total de 117 persoas atopamos co apelido BUÑO.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 88 aboados . Un total de 100 aboados atopamos con BUÑO de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Atopamos o lugar de Buño na parroquia de San Estevo de Buño no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña), tamén na parroquia de Santaia de Gorgullos no concello de Tordoia (A Coruña).

DOCUMENTOS do A.R.G.:
COFRADÍA DE TODOS LOS SANTOS DEL CLERO DE LA CIUDAD DE LA CORUÑA CON FRANCISCO DE BUÑO , SOBRE EJECUCIÓN POR RENTA DE LA CASA. AÑO DE 1696.

ÁNGEL Y JULIÁN AÑÓN CON LA JUSTICIA DE JORNES Y ALGUNOS VECINOS DE LA FELIGRESÍA DE BUÑO , SOBRE APROVECHAMIENTO DE MONTES. AÑO DE 1755.

EL COLEGIO DE LA COMPAÑIA DE SANTIAGO Y CONSORTES, CON JUAN LOPEZ RAPOSO Y LOS SUYOS, SOBRE REIVINDICACION DEL LUGAR DO POULO EN LA ALDEA DE BUÑO . AÑO DE 1561 A 1833.

EL FISCAL DE SU MAJESTAD Y LOS VECINOS DE LA FELIGRESÍA Y COTO DE SAN JUAN DE JORNES CON LOS DE LA FELIGRESÍA DE SAN ESTEBAN DE BUÑO , JURISDICCIÓN DE MENS, SOBRE USO DE MONTES. AÑO DE 1792.

Hai mais documentos.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Tratase, presumibelmente, dun apelido galego de natureza toponímica que ten a sua orixe no concello de Malpica de Bergantiños. Non teño constancia de liñaxes e pedras armeiras para familias con este apelido.
Responder