Croques

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Croques

Mensaje por Sic-ario »

CROQUES

Significado: Atopamos o seguintes “Golpe na cabeza. Vulto producido como consecuencia do golpe”.

Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 33 persoas, nos concellos de Oleiros e A Coruña.
Soamente atopamos 1 persoa nas provincias de Ourense e Pontevedra e ningunha persoa na provincia de Lugo.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Badaxoz, Asturias, etc. Un total de 39 persoas atopamos co apelido CROQUES. Tamén atopamos un total de 7 persoas co apelido CROQUE.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 13 aboados . Un total de 17 aboados atopamos con CROQUES de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
No se atopa en Galicia.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
Non se atoparon documentos.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Tratase, presumibelmente, dun apelido galego. Non teño constancia de liñaxes e pedras armeiras para familias con este apelido.
Responder