Ernau

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Ernau

Mensaje por Sic-ario »

ERNAU
Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Lugo atopamos 9 persoas, exclusivamente nos concellos de Foz e Alfoz .
Non se atoparon persoas no resto das provincias de Galicia.

- En España
Non se atopa no resto do estado español.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Lugo 8 aboados. Un total de 10 aboados atopamos con ERNAU de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
No se atopa en Galicia.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
Non se atoparon documentos.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

ARNAÚ

Mensaje por LAVANDAL »

Supoño que o apelido correcto do que falades é ARNAÚ, con acento no "u" final, ou polo menos é así como o pronuncian por aquí, na Mariña mindoniense. É un apelido relativamente habitual nos concellos de Cervo, Foz, Xove...

Non ten aspecto de galego, pero as familias son de aquí de toda a vida...
Última edición por LAVANDAL el 16 Ago 2007, 21:31, editado 1 vez en total.
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Ernau

Mensaje por Sic-ario »

Como ben di LAVANDAL, pode ser con acento na u final, no o sei, donde atopei o apelido non estaba acentuado. Comprobando nas guias telefonicas Infobel, deixo o enlace, podese comprobar que esta sin acento.
http://www.infobel.com/spain/wp/search/ ... earch.y=12

Coma segue decindo LAVANDAL, no asemella ser galego, pero as unicas persoas que o levan, son galegas e desta zona exclusivamente. Poderian ser descendentes de Catalans, que viñeran emigrados a traballar a os fornos de Sargadelos, como dixera nun mensaxe anteiror, e derivar doa apelido ARNAU, que si e catalan.

http://www.infobel.com/spain/wp/search/ ... earch.y=14
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

Acentos

Mensaje por LAVANDAL »

Para o asunto dos acentos non se pode fiar un de Infobel, non os utiliza en ningún caso.

Creo que se trata do mesmo apelido catalán, transformado pola fonética galega. Aínda son moitas máis familias as que conservan o Arnaú. Segundo os datos que figuran en Infobel, hai 17 persoas que se apelidan Arnaú na provincia de Lugo: 8 no concello de Burela, 5 no de Foz, 3 no de Cervo e 1 no de Viveiro. E cónstame que hai máis.

Non creo que viñeran cos cataláns porque estes viñeron a principios do século XX e os Arnaú son anteriores. Apelido catalán na zona queda Farré, case desaparecido, este si que veu a principios do século XX.

Un saúdo, e a seguir buscando.
Avatar de Usuario
DUARRI
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 21 Sep 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por DUARRI »

Hola a todos,

He visto que estabais comentando respecto al apellido Ernau.

Bien, en Cataluña durante el siglo XIX hay inscripciones donde en lugar de Arnau se escribía en los libros de bautismo Ernau. Hay que tener en cuenta que la pronunciación en catalán del apellido "Arnau" se aproxima más a la de Ernau.

Hay que considerar también que en aquella época la mayoría de la gente en el mundo rural no sabía ni leer ni escribir, con lo cual no podían percibir si realmente les escribian bien el apellido.

En cuanto a fechas, y a primera vista por documentos que he podido ver recientemente se refiere a una María Ernau, bautizada en 1875 en la parroquia de Santa María de Sú (Lleida), donde se menciona a un Isidro Ernau, natural de Vallmanys (Lleida), que al ser su abuelo debería nacer unos sesenta años antes.

saludos,
Joan
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

ACENTO

Mensaje por LAVANDAL »

Gustaríame saber como se pronuncia exactamente en catalán, xa que na Mariña pronúnciase con acento no -e final: Arnaú.

Gracias.
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

CARTOGRAFÍA

Mensaje por LAVANDAL »

Distribución do apelido ARNAÚ por concellos, ordenados segundo a porcentaxe calculada sobre a cantidade total de apelidos rexistrada en cada concello (Datos da Cartografía dos apelidos de Galiza do Instituto da Lingua Galega: http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp ):

Cervo: 20 (0'1981%)
Foz: 19 (0'0995)
Burela: 16 (0'0958)

O Valadouro: 2 (0'043)
Alfoz do Valadouro: 2 (0'0427)
O Castro Caldelas: 1 (0'0269)
Vila das Cruces: 3 (0'0216)
Xove: 1 (0'014)
Meaño: 1 (0'0092)
Santiago: 16 (0'0087)
Viveiro: 2 (0'0065)
Teo: 1 (0'0031)
Moaña: 1 (0'0028)
Ames: 1 (0'0025)
A Coruña: 9 (0'0019)
Vilagarcía de Arousa: 1 (0'0015)
Ourense: 3 (0'0014)
Ferrol: 2 (0'0013)
Vigo: 6 (0'001)

TOTAL GALIZA: 107 (0'0039%)


Do apelido FARRÉ:

Lobios: 2 (0'039%)
Agolada: 1 (0'0129)
Burela: 2 (0'012)

A Fonsagrada: 1 (0'01)
Brión: 1 (0'0076)
Culleredo: 3 (0'0063)
Ortigueira: 1 (0'0062)
Sada: 1 (0'0042)
Oleiros: 2 (0'0035)
Nigrán: 1 (0'003)
Cambre: 1 (0'0025)
Ames: 1 (0'0025)
A Coruña: 10 (0'0021)
Pontevedra: 3 (0'0019)
Ferrol: 2 (0'0013)
Vigo: 6 (0'001)
Ourense: 1 (0'0005)

TOTAL GALIZA: 39 (0'0014%)



(non ten en conta os acentos)
Responder