NEO / NEU
Significado:
Neo= Prefixo de orixe grega que indica novo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.
Distribución Xeográfica:
Coa grafía NEO
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 137 persoas, nos concellos de Rois e Brión.
So atopamos 1 persoa na provincia de Pontevedra e ningunha persoa na provincias de Lugo e Ourense.
- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Asturias, Barcelona, Tarragona, etc. Un total de 164 persoas atopamos co apelido NEO.
- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 74 aboados. Un total de 199 aboados atopamos con NEO de primeiro ou de segundo apelido.
Coa grafía NEU
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 45 persoas, nos concellos de Noia e Lousame.
Non se atoparon persoas co apelido NEU nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.
- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Alacante, Málaga, Barcelona, Baleares, etc. Un total de 97 persoas atopamos co apelido NEU.
- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 12 aboados. Un total de 68 aboados atopamos con NEO de primeiro ou de segundo apelido.
TOPONIMIA:
Soamente atopamos o lugar de O Neo, na parroquia de San Salvador de A Pinza, no concello de Sarria (Lugo).
DOCUMENTOS do A.R.G.:
Coa grafía NEO
Non se atoparon documentos.
Coa grafía NEU
Atopamos documentos, pero no temos un resumo do seu contido.
Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Neo / Neu
- SergioFigueiraTubio
- Novo
- Mensajes: 1
- Registrado: 06 Ene 2007, 09:00
- Ubicación: Perillo, Oleiros
Eu coñezo a xente co apelido NEU, e son orixinarios da parroquia de Lesende, en Lousame.
Tamén estiven a ler o libro: "Os apelidos do Concello de Porto do Son" de Joaquín Torres del Río e nel dise o seguinte:
NEU:
Apelido catalán que tivo unha rama familiar asentada en Noia, e seguramente con algunha relación cos Neu sonenses.
Etimolóxicamente Neu ven do latín nix, nivis, "neve" en catalán neu "petits cristals de glace provinets de la congelació de partícules d´agua, en suspensió en la atmósfera, que caen en flocs"
ë posible que nun principio fose un alcume aplicado a alguén que tivese a súa pel moi blanca.
É sabido en Noia que houbo moito inmigrante catalán na época das salazóns.
Espero vos sirva de axuda.