Maneiro / Maneiros

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Maneiro / Maneiros

Mensaje por Sic-ario »

MANEIRO / MANEIROS

Significado:
Atopamos Maneira=Modo e forma particular de ser ou de facer unha cousa. Forma, modo, xeito. Calidade ou clase das persoas. Comportamento e modais dunha persoa.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 1125 persoas, nos concellos de Mazaricos, Santiago, Santa Comba, Porto do Son, Boiro e A Pobra do Caramiñal.
- Provincia de Pontevedra atopamos 415 persoas, nos concello de Vilagarcía e Catoira.
So atopamos 8 persoas na provincia de Lugo e 6 persoas na provincia de Ourense.

Na provincia de A Coruña tamén atopamos 41 persoas co apelido MANEIROS, case exclusivamente no concello de Ferrol.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Guipúscoa, Madrid, Asturias, Biscaia, etc. Un total de 2057 persoas atopamos co apelido MANEIRO.

Coa grafía MANEIROS atopamos 7 persoas na provincia de Murcia.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 586 aboados. Un total de 1121 aboados atopamos con MANEIRO de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
No se atopa en Galicia.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
AUTOS DE LA COMISIÓN EJECUTIVA DADA A PETICIÓN DE CLEMENTE MANEIRO Y JOSÉ CAAMAÑO, ARRENDATARIOS DEL VOTO DEL PARTIDO DE MUROS, EN EL PLEITO CON LOS DEUDORES DE DICHA RENTA, SOBRE EJECUCIÓN. AÑO DE 1768.

DON IGNACIO CARLOS ORDEL, ARRENDATARIOY RECAUDADOR DE LAS RENTAS DEL ARCEDIANO DE CORNADO, CON MIGUEL RODRÍGUEZ, VECINO DE SANTA MARÍA DE CARDAMA Y MATÍAS MANEIRO , DE SAN VICENTE DO PINO, SUBARRENDATARIOS DEL ARCIPRESTAZGO DE BENDEJO, SOBRE EJECUCIÓN. AÑO DE 1702.

DON JACOBO FRANCISCO DE ANDRADE, VECINO DE SAN ESTEBAN DE ZEZULLAS, CON LUCAS REY, ALABARDERO DE LA REAL AUDIENCIA, COMISIONADO PARA LA EJECUCIÓN DEL PAGO DEL VOTO EN LOS PARTIDOS DE POSMARCOS Y SONEIRA, A PETICIÓN DE CLEMENTE MANEIRO Y JOSÉ CAAMAÑO, SOBRE EXCESO. AÑO DE 1769.

EL FISCAL DE SU MAJESTAD Y EL ALCALDE SEGUNDO CONSTITUCIONAL DE MAZARICOS CON EL ALCALDE PRIMERO DEL MISMO SOBRE COMPETENCIA DE JURISDICCIÓN EN UN JUICIO VERBAL ENTRE GREGORIO MANEIRO Y ANTONIO LESTÓN. AÑO DE 1840.

Hai mais documentos.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.

Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Maneiro

Mensaje por lamigueiro »

Saudos Sic-ario,

Sen querer botar a baixo o teu sinificado de Maneiro, eu che mando o que atopei, no libro Os nomes da Terra, de Fernando Cabeza Quiles. No artigo adicado a topo Maniños.

.... O diccionario anterior tamén ofrece o vocábulo maniñádego, que era o dereito que tiña o señor feudal, a herdar as pertenzas dos seus vasallos maniños, é decir aqueles que morreran sen fillos. Vocábulo afín é maniña, o cal aparece coa equivalencia de "mañera, ésteril, dicho de la hembra y de la tierra que no da frutos".

As palabras citadas, que descobren o significado do topónimo Maniños, complétanse coa do español antigo MANNERO, "mañero, esteril, sen fillos". A asturiana MANERA, "vaca que non cría". A portuguesa MANINHA, "muller " esteril. E seguramente, a catalana e vasca mana, "esteril". Todas estas voces deberon ser producidas a partir do latín MANNUS, que o diccionario de García de Diego ofrece co significado de esteril.

Da miña colleita propia: na miña familia, chámanse os MANEIROS, as arbres que non producen froito.

Saudos
Lamigueiro ©

Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Creo que o sinalado por Si-cario respeito da etimoloxía da palabra é a pista mais fiábel para explicar a orixe do apelido. Sería un apelido de alcuña, que tería a sua orixe en maneiros (que arranxaban ben as cousas, ou debedores sustitutos en algún caso, quizás). Baséome no libro de E. Rivas, A onomástica persoal do noroeste hispano.
Cumprimentos.

Avatar de Usuario
Anairis
Novo
Novo
Mensajes: 7
Registrado: 07 Jun 2006, 09:00
Contactar:

Manuel MAneiro

Mensaje por Anairis »

Por favor si alguien pudiera ayudarme , busco a familiares de mi bisabuelo Manuel Maneiro al parecer el unico de su apellido que vino a Cuba , el fue casado con Filomena Lens, aqui estan sus nietos y bisnietos , desde ya muchas gracias,Ana

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19307
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Maneiro

Mensaje por serba »

D. Domingo Maneiro
Fue familiar del Santo Oficio en el lugar de Teira, casado con D.ª Josefa de Orellán, hija de Esteban de Orellán... -Blasones y Linajes de Galicia, T. IV, p. 61; en "ORELLÁN/ del Pazo de Orellán"-.

Podría ser Teira de la actual parroquia de Santa María de Corrubedo -Ribeira, A Coruña- En la genealogía de los Orellán salen lugares cercanos, como Olveira y Santa Uxía de Ribeira.

Anairis, si es posible, concreta de dónde era tu bisabuelo, con alguna pista más quizás sea posible ayudarte.
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
Anairis
Novo
Novo
Mensajes: 7
Registrado: 07 Jun 2006, 09:00
Contactar:

Mensaje por Anairis »

Manuel Maneiro mi bisabuelo , segun tengo entendido era de Santander , aqui en Cuba todos los Maneiro somos una familia , por lo que me hace pensar que fue el unico de ese apellido que emigro a Cuba , gracias por los esfuerzos y la ayudan , que me estan brindando, espero noticias.

Responder