Mouriño

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Mouriño

Mensaje por Sic-ario »

MOURIÑO

Significado:
Pode derivar de Mouro = De cor escura. Sin. moreno. Dise do nativo do norte de África. Dise do musulmán que habitou na península Ibérica desde o s. viii ata o xv. Que, ou quen, profesa a relixión musulmana. Propio, pertencente ou relativo ós mouros.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Pontevedra atopamos 1062 persoas, a maioría nos concellos de Vilagarcía, O Grove, Lalín, Pazos de Borbén e Redondela.
- Provincia de A Coruña atopamos 546 persoas, a maioría nos concellos de Boqueixón, Santiso, Culleredo, e nas grandes cidades Santiago e Coruña.
- Provincia de Ourense atopamos 178 persoas, nos concellos de Avión e Celanova.
So atopamos 58 persoas na provincia de Lugo.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Biscaia, Barcelona, Asturias, Burgos, etc. Un total de 2234 persoas atopamos co apelido MOURIÑO.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Pontevedra 576 aboados. Un total de 1293 aboados atopamos con MOURIÑO de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Soamente atopamos o lugar de MOURIÑOS, na parroquia de Santa María de San Claudio, no concello de Ortigueira (A Coruña), e tamén o lugar de OS MOURIÑOS, na parroquia de San Roman de Cabovilaño, no concello de A Laracha (A Coruña).

DOCUMENTOS do A.R.G.:
ANTONIO ARMESTO MONTENEGRO, ESCRIBANO DE POYO DE LA CIUDAD DE LUGO, CON JOSÉ ANTONIO MOURIÑO , ANTONIO RODRÍGUEZ FONTÁN, ESCRIBANOS, Y ANDREA DE CASTRO, VIUDA, SOBRE DAR FE DE LAS CAUSAS AL MERINO Y ALCALDES DE LUGO. AÑO DE 1558 A 1833.

ANTONIO BASANTA CON AGUSTÍN GARCÍA, SOBRE PAGO DE RENTA POR LOS MONTES QUE SE DICEN DE FERNÁN MOURIÑO Y GRANDISCA Y CAMPO DE PEDRO GAGO EN SANTA MARÍA DE PEREIRO. AÑO DE 1722.

CATALINA GARCÍA, VIUDA DE BLAS MOURIÑO CON MATIAS YAÑEZ DE VAMONDE, SOBRE LA ESCRIBANIA DE NÚMERO DE LA JURISDICCION DE VENDAÑA. AÑO DE 1685.

CONVENTO DE STO. DOMINGO DE PONTEVEDRA CONTRA ANTONIO MOURIÑO Y CONSORTES, SOBRE REIVINDICACION POR EL LUGAR Y CASAL DE AGROMENDO Y HOY DE GORGULLON. AÑO DE 1522 A 1833.

DOMINGO ANTONIO MOURIÑO CON LA JUSTICIA DE LA VILLA Y JURISDICCIÓN DE CALDAS DE REYES, SOBRE ELECCIÓN DE OFICIOS REPÚBLICOS. AÑO DE 1796.

EL CABILDO CATEDRAL DE SANTIAGO Y SU TENENCIERO DE LA Fª. DE SIETE COROS, D. MIGUEL ANTONIO DE MONTES, Y D. BALTASAR JOSE PAJARO, CON D. JACOBO MOURIÑO. AUTO ORDINARIO SOBRE PAGA DE DIEZMOS. AÑO DE 1549 A 1833.

EL CABILDO DE SANTIAGO Y JUAN RODRIGUEZ DA PONTE, SU TENENCIERO, CON RODRIGO GONZALEZ MARIÑO Y D. ANTONIO DE NOVOA, SOBRE BIENES QUE QUEDARON DE PAULO MOURIÑO EN EL COTO DE MUGARES. AÑO DE 1605.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.

Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mouriño

Mensaje por lamigueiro »

O xeito máis sinxelo de comprede-lo sinificado de mouriño de darlle o sinificado de:moreno, etimoloxícamente é o mais cercano.

Aproveito para aclarar que os seres fantáticos os mouros/as, que habitan nos castros, e penas, castelos, etc o longo da Galiza, nada teñen que ver cos "mouros", que habitaron na península, e que moitos autores, aproveitaron para xustificar a presenza de íste pobo nas nosas terras.

Os nosos mouros e mouras, seres se cabelo loiro, faciana e maos, a meirande das veces brancas, na imaxinación dos novos maiores, teñen teimoloxicamente e culturalmente, a súa oricen nas "moiras", seres do inframundo que habitan en covas e tumbas antigas, no panteón indoeuropeu.

Pare quen goste distes temas recomendo: Cultos y Divinidades de la Galicia Prerromana, a través de la toponimia, de Joaquín Caridad Arias, edit. Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Lamigueiro ©

Responder