Folgar

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Folgar

Mensaje por Sic-ario »

FOLGAR

Significado:
Pode derivar de FOLGA = Cesación do traballo, feita voluntariamente e de común acordo polos traballadores, para manifestar unha protesta ou impoñer unhas condicións. Sin. paro. Situación de quen está de lecer ou descansa do traballo.Sin. descanso, ocio. Descanso dado a unha terra de labor.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica do lugar de FOLGAR, na parroquia de Santa María de Troans, no concello de Cuntis (Pontevedra)..

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Pontevedra atopamos 264 persoas, case exclusivamente nos concellos de Cuntis e A Estrada.
- Provincia de A Coruña atopamos 262 persoas, a maioría no concello de Ribeira.
Soamente atopamos 24 persoas na provincia de Lugo e 3 persoas na provincia de Ourense.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Asturias, Madrid, Barcelona, Zaragoza, Cádiz, etc. Un total de 654 persoas atopamos co apelido FOLGAR.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Pontevedra 151 aboados, A Coruña 160, etc. Un total de 397 aboados atopamos con FOLGAR de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Atopamos o lugar de FOLGAR, na parroquia de Santa María de Troans, no concello de Cuntis (Pontevedra), coa grafía O FOLGAR atopamos outros lugares a maioría nas provincias de A Coruña e Lugo.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
COFRADÍA DE TODOS LOS SANTOS DE LA CORUÑA CON ALONSO DE FOLGAR Y CONSORTES, SOBRE EJECUCIÓN POR RÉDITOS DE CENSO. AÑO DE 1671.

DON ESTEBAN RODRÍGUEZ DE CARRACEDO, FIADOR DE DIEGO RODRÍGUEZ EN EL ARRENDAMIENTO DE LAS RENTAS DE SAN XINÉS DE ENTRE CRUZ, CON DOMINGO GARCÍA DE FOLGAR , COMISIONADO PARA LA EJECUCIÓN A PETICIÓN DE DON PEDRO CHANDÍA, SOBRE EJECUCIÓN. AÑO DE 1682.

EL CONDE DE ALTAMIRA Y SU ADMOR. PEDRO DE PRADO CON ESTEBAN DE FOLGAR : EJECUCION POR MARAVEDIS DE ARRENDAMIENTO DE LA RENTA DE ALMERA. AÑO DE 1551 A 1833.

MONASTERIO DE SAN MARTÍN DE SANTIAGO Y SANTANTOIÑO DE TOQUES CON DOMINGO MEJUTO, ANTONIO DE FOLGAR Y CONSORTES, SOBRE REIVINDICACIÓN DE BIENES EN SANTA EUGEA. AÑO DE 1511 A 1833.

Hai mais documentos.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Folgar/Felgar

Mensaje por lamigueiro »

Saudos, Sic-ario eu sigo empeñado en votar unha man cás etimolixías das que son un verdadeiro afeizoado.

Folgar e Felgar, os dous topónimos moi abondantes na Galiza, teñen a mesma raiz e significado: Plantío de Felgos. Existen variacións como Felgosa/Folgosa, Felgueira/Folgueira, etc.
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

FOLGAR

Mensaje por serba »

D. CASTO SAMPEDRO Y FOLGAR

Natural de Redondela. Gran erudito, creador del Museo Arqueológico de Santo Domingo a finales del siglo XIX -del cual se conservan gran cantidad de trabajos, algunos de ellos editados-

Lo cita D. Ramón Otero Pedrayo, en el libro "Guía de Galicia", entre los personajes ilustres de Pontevedra.

Casto Sampedro y Folgar: 1848 - 1937
http://www.realacademiagalega.org/acade ... &from=COMP
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder