Espiña

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Espiña

Mensaje por Sic-ario »

ESPIÑA

Significado:
Espiña = Puga que nace do tecido leñoso ou vascular dalgunhas plantas. Sin. espiño, pico. Cada unha das pezas óseas, longas e puntiagudas, que forman o esqueleto de moitos peixes. Espiñazo dos vertebrados. Gran de graxa na cara.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica do lugar de ESPIÑA na parroquia de Santa María de Pacios, no concello de Baralla (Lugo).

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Pontevedra atopamos 121 persoas, a maioría case exclusivamente nos concellos de Forcarei e Cerdedo.
- Provincia de A Coruña atopamos 46 persoas, nos concellos de Ames e Santiago.
- Provincia de Lugo atopamos 20 persoas, nos concellos de Baralla e Castroverde.
- Provincia de Ourense atopamos 16 persoas.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Biscaia, Barcelona, Madrid, Asturias, etc. Un total de persoas atopamos co apelido ESPIÑA.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Pontevedra 114 aboados con ESPIÑA de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Soamente atopamos o lugar de ESPIÑA na parroquia de Santa María de Pacios, no concello de Baralla (Lugo).

DOCUMENTOS do A.R.G.:
Non se atoparon documentos.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Responder