Queijo

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Respostar
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 141
Rexistrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Queijo

Mensaxe por Sic-ario » 17 Xuñ 2005, 00:33

QUEIJO

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 378 persoas, a maioría nos concellos de Carballo, A Laracha e Cerceda.
- Provincia de Pontevedra soamente atopamos 3 persoas.
So atopamos 2 persoas na provincia de Lugo e 1 persoa na provincia de Ourense.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Barcelona, Las Palmas, etc. Un total de 443 persoas atopamos co apelido QUEIJO.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 269 aboados. Un total de 303 aboados atopamos con QUEIJO de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
No se atoparon lugares coa grafía QUEIJO en Galicia.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
EL CONDE DE ALTAMIRA, MARQUES DE ALMAZAN, CON SANTIAGO QUEIJO Y OTROS: REIVINDICACION DEL LUGAR DE QUINTAN DANEGA NOGUEIRA O QUINTAN DONA EN LAS ENCROBAS. AÑO DE 1696.

Hai mais documentos, pero non se dispón dun resumo do seu contido.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.

Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 344
Rexistrado: 30 Out 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Queijo/queixo/queixa

Mensaxe por lamigueiro » 17 Xuñ 2005, 13:29

O topo queixo/queixa, é bastante conflictivo en canto a súa orixe, si ben é certo os autores consultados, parecen estar de acordo nun punto en común:

Cabeza Quilmes, o fai derivar do lat. -capsa, que ben a sinificar no galego actual -caixa, e aplicase a terreos que quedan "encaixados", entre alturas.

J.L. Pensado, o explica a partir dun lat. -quassiare, derivado dun -quassare, que ben a sinificar "rincón, rinconada".

Os dous teñen raices distintas pero a "idea", que expresa é a mesma, e deron tamén o galego: requeixo, queixadoiro e requeixada.
Lamigueiro ©

Respostar