Bustelo

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Bustelo

Mensaje por Sic-ario »

BUSTELO

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 420 persoas, nos concellos de Rois, Brión e Teo.
- Provincia de Pontevedra atopamos 84 persoas, nos concellos de A Estrada e Caldas de Reis.
- Provincia de Lugo atopamos 15 persoas.
- Provincia de Ourense atopamos 14 persoas.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Asturias, Cádiz, Madrid, Valladolid, etc. Un total de 1075 persoas atopamos co apelido BUSTELO. En Asturias a maioría das persoas con apelido BUSTELO atópanse nos concellos de Vegadeo e Castropol.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 223 aboados, Asturias 108, etc. Un total de 626 aboados atopamos con BUSTELO de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Atopamos os seguintes lugares coa grafía BUSTELO
no concello de XUNQUEIRA DE AMBÍA (Ourense) na parroquia de Abeleda, A (San Vicente)
no concello de ARZÚA (A Coruña) na parroquia de Brandeso (San Lourenzo)
no concello de GUITIRIZ (Lugo) na parroquia de Buriz, O (San Pedro)
no concello de COVELO (Pontevedra) na parroquia de Campo (Santa María)
no concello de CERVANTES (Lugo) na parroquia de Castro, O (Santa María)
no concello de SAN CRISTOVO DE CEA (Ourense) na parroquia de Covas (Santa María)
no concello de ORTIGUEIRA (A Coruña) na parroquia de Devesos (San Sebastián)
no concello de SILLEDA (Pontevedra) na parroquia de Escuadro (San Salvador)
no concello de TOURO (A Coruña) na parroquia de Fao (Santa Uxía)
no concello de VILALBA (Lugo) na parroquia de Gondaísque (Santa María)
no concello de VILALBA (Lugo) na parroquia de Lanzós (San Martiño)
no concello de LALÍN (Pontevedra) na parroquia de Lebozán (Santiago)
no concello de TEO (A Coruña) na parroquia de Luou (Santa María)
no concello de FERROL (A Coruña) na parroquia de Mandiá (Santa Uxía)
no concello de MAÑÓN (A Coruña) na parroquia de Mañón (Santa María)
no concello de BÓVEDA (Lugo) na parroquia de Martín (San Cristovo)
no concello de SANTA COMBA (A Coruña) na parroquia de Montouto (Santa María)
no concello de MURAS (Lugo) na parroquia de Muras (San Pedro)
no concello de ESTRADA, A (Pontevedra) na parroquia de Nigoi (Santa María)
no concello de ALFOZ (Lugo) na parroquia de Pereiro, O (Santa María)
no concello de SAVIÑAO, O (Lugo) na parroquia de Rosende (Santa Mariña)
no concello de DUMBRÍA (A Coruña) na parroquia de Salgueiros (San Mamede)
no concello de FRIOL (Lugo) na parroquia de San Martiño de Condes (San Martiño)
no concello de DODRO (A Coruña) na parroquia de San Xoán de Laíño (San Xoán)
no concello de VILARDEVÓS (Ourense) na parroquia de Santa María de Traseirexa (Santa María)
no concello de CORISTANCO (A Coruña) na parroquia de Valenza (San Pedro)
no concello de OUTEIRO DE REI (Lugo) na parroquia de Vicinte (Santa María)
no concello de BECERREÁ (Lugo) na parroquia de Vilachá (San Pedro)
no concello de LARACHA, A (A Coruña) na parroquia de Vilaño (Santiago)
no concello de LÁNCARA (Lugo) na parroquia de Vilouzán (Santo Estevo)

Tamén atopamos algúns lugares coas seguintes grafías BUSTELO de ABAIXO, BUSTELO de ARRIBA, O BUSTELO, BUSTELOS, BUTELO GRANDE, BUSTELO PEQUENO, etc.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
ALONSO DE BUSTELO CON GARCÍA DE ORTA, SOBRE RESIDENCIA EN CARBOEIRO. AÑO DE 1573.

CARLOS FRANCISCO MONTERO Y MONTAOS CON FRANCISCO BUSTELO. PAGA DE DESPERFECTOS DEL MAYORAZGO QUE FUNDO EL LICDO. GREGORIO RODRIGUEZ. AÑO DE 1751.

EL ARZOBISPO DE SANTIAGO, BARTOLOMÉ RAJOY Y LOSADA, CON PEDRO DE PARGA, ESCRIBANO SOBRE EXCESO EN APEO DE BIENES A PEDIMENTO DE ANTONIO BENITO BARREIRO, CURA DE SAN ESTEBAN DE COBAS. VA CON EJECUTORIA A PEDIMENTO DE ESTE CON JUAN DE FONTAO Y DOMINGO BUSTELO . AÑO DE 1769.

Hai mais documentos.

Fontes: Particular, Infobel España 2004 (Guía Telefónica) y Arquivo do Reino de Galicia.
Responder