Tasende

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Respostar
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 141
Rexistrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Tasende

Mensaxe por Sic-ario » 29 Xuñ 2005, 00:40

TASENDE

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 473 persoas, case exclusivamente nos concellos de Carballo e Coristanco.
- Provincia de Pontevedra atopamos 12 persoas.
Soamente atopamos 1 persoa na provincia de Lugo e tamén 1 persoa na provincia de Ourense.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Valladolid, Barcelona, Toledo, Valencia, etc. Un total de 560 persoas atopamos co apelido TASENDE.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 246 aboados. Un total de 290 aboados atopamos con TASENDE de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Soamente atopamos o lugar de TASENDE na parroquia de San Martiño de Rodis, no concello de Cerceda.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
BARTOLOMÉ DE TASENDE Y CONSORTES, CON EL JUEZ DEL VALLE DE RUS Y FRANCISCO VILLARDEPRAMOS, SOBRE OFICIOS INCOMPATIBLES. AÑO DE 1685.

EL CABILDO DE SANTIAGO Y EL ARCEDIANO DE TRASTAMARA, CON JUAN RODRIGUEZ DE TASENDE , SOBRE EJECUCION POR MARAVEDIS. AÑO DE 1574.

EL CABILDO DE LA COLEGIATA DE SANTA MARIA DE CORUÑA CON EL DR. TASENDE Y OTROS, SOBRE POSESION DE LOS BIENES DONADOS POR CLAUSULA DE TESTAMENTO POR EL DR. CARNERO. AÑO DE 1549 A 1833.

Hai mais documentos.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.

Respostar