Fraiz

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Respostar
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1306
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Fraiz

Mensaxe por Milleiro » 09 Xul 2005, 09:31

FRAÍZ

TOPONIMIA
AMES (A Coruña) Biduído (Santa María) Fraíz
ESTRADA, A (Pontevedra) Olives (Santa María) Fraíz
OUTEIRO DE REI (Lugo) Taboi (San Pedro) Fraiz
SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) Villestro (Santa María) Fraíz
VEDRA (A Coruña) Merín (San Cristovo) Fraíz
VEDRA (A Coruña) San Mamede de Ribadulla (San Mamede) Fraíz

Como Fraís:
CAMBRE (A Coruña) Cecebre (San Salvador) Fraís
OZA DOS RÍOS (A Coruña) Parada (Santo Estevo) Fraís

DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO
Provincia da Coruña: 19 abonados, na sua meirande parte nas comarcas da Coruña e Compostela
Provincia de Lugo: 16 abonados, nas comarcas da Terra Cha e A Mariña Oriental
Provincia de Ourense: 15 abonados
Provincia de Pontevedra: 60 abonados, nas comarcas do Deza, Terra de Montes-Tabeirós...
Non se atopan en Portugal

LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
Non teño constancia

DATOS DO ARQUIVO DO REINO DE GALIZA
- PEDRO FRAIZ , COMO MARIDO DE ANTONIA DO SOUTO, CON BENITO VAZQUEZ. MISION EN POSESION DEL VINCULO QUE FUNDO BARTOLOME VAZQUEZ SOTELO, CURA QUE FUE DE BURES. 1688 XVII A REINO DE GALICIA

IMPRESORES FRAIZ
A GEG adica un artigo aos impresores que se fixaron en 1673 en Compostela, a sucesión do taller é a seguinte:
1. Antonio Fraiz Piñeiro
2. Benito Antonio Fraiz, fillo de Antonio Fraiz (de 1700 a 1706)
3. Andrés Fraiz, fillo de Antonio Fraiz (de 1719 a 1760)
4. Pedro Fraiz (de 1760 a 1765)
5. Sebastián Montero Fraiz (de 1769 a 1798)
6. Herdeira ou viuva de Fraiz
7. Juan Francisco Montero e Fraiz, que extingue o taller de impresion xa entrado o século XIX

Sobre a orixe desta familia hai alguns que os fan orixinarios de Portugal, emparentados co lisboeta António Pinheiro. Outros situan a sua procendencia na Ulloa, emparentados con Xacinto del Canto.

OUTROS FRAIZ CITADOS POLA GEG
- Vicente Fraiz Andion, nado en Silleda en 1859
- Xosé Fraiz Cachafeiro, nado en Ventoxo (Forcarei) en 1827. Tivo como fillos a Xosé, Francisco e Domingos Antonio, tamén mestres de canteirias. Domingos Antonio Fraiz Garcia, naceu na Insua (Cerdedo) o 28.03.1852 e faleceu en Liñares en 22.01.1936, sendo un dos seus fillos Pedro Aparicio Fraiz Gil, que naceu en Castrelo (Forcarei) en 1896

OPINIÓN PERSOAL
Tratase, presumibelmente, dun apelido galego de natureza toponímica que semella ter varias orixes espallas polo país.

Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 141
Rexistrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Fraiz (novos datos)

Mensaxe por Sic-ario » 25 Xan 2006, 19:45

FRAIZ

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Pontevedra atopamos 180 persoas, a maioría nos concellos de Cerdedo, Cuntis, Forcarei e Silleda.
- Provincia de Ourense atopamos 64 persoas, a maioría nos concello de Carballiño e Ourense.
- Provincia de Lugo atopamos 46 persoas, a maioría no concello de Lugo.
- Provincia de A Coruña atopamos 42 persoas, a maioría nos concellos de Padrón e Santiago.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Barcelona, Asturias e Biscaia. Un total de 491 persoas atopamos co apelido FRAIZ.

Respostar