Broz / Brozos

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Respostar
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 141
Rexistrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Broz / Brozos

Mensaxe por Sic-ario » 25 Xul 2005, 18:04

BROZ / BROZOS

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Lugo atopamos 41 persoas, case exclusivamente no concello de Cospeito.
- Provincia de A Coruña atopamos 30 persoas, no concello de Melide.
So atopamos 2 persoas na provincia de Ourense e 1 persoa na provincia de Pontevedra.
Tamén atopamos coa grafía BROZOS 31 persoas na provincia de A Coruña, nos concellos de Ferrol e Irixoa.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Baleares, Alacante, etc. Un total de 109 persoas atopamos co apelido BROZ.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Lugo 31 aboados, A Coruña 14, etc. Un total de 69 aboados atopamos con BROZ de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Soamente atopamos os lugares coa grafía BROZ, na parroquia de San Martiño de Pino, no concello de Cospeito, e tamén na parroquia de Santiago de Goiriz no concello de Vilalba, os dous pertencentes a provincia de Lugo.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
ALONSO BROZ DE CASTRO CON LA JUSTICIA DE MUGIA, AUTO ORDINARIO SOBRE LA ESCRIBANÍA DE NÚMERO DE LA VILLA Y CONCEJO DE MUGIA. AÑO DE 1579.

DOCUMENTOS do ARQUIVO XERAL DE INDIAS:
EXPEDIENTE DE CONCESIÓN DE LICENCIA PARA PASAR A LIMA A FAVOR DE MARTÍN SEBASTIÁN DE BROZ, NATURAL DE NAVARRA, HIJO DE JUAN SEBASTIÁN Y MARÍA DE BROZ, PARA VIVIR CON SU TÍO ANTONIO DE BROZ. AÑO DE 1579.

DOCUMENTOS do ARQUIVO DA REAL CHANCELERÍA DE VALLADOLID:
PLEITO DE ALONSO BROZ DE CASTRO, VECINO DE SAN PEDRO DE COUCIEIRO (LA CORUÑA). AÑO DE 1566.

PLEITO DE ALONSO BROZ DE CASTRO, VECINO DE MUJÍA (LA CORUÑA). AÑO DE 1577.

Fontes e Bibliografía : Páginas-Blancas de España, Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Telecom de Portugal (apelidos paternos e maternos), Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Xeral de Indias, Arquivo da Real Chancelería de Valladolid, AER (Archivos Españoles en Red), Diccionario Xerais, Diccionario Cumio da Lingua Galega, GEG (Gran Enciclopedia Galega) e outras.

Respostar