Porral

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Respostar
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1306
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Porral

Mensaxe por Milleiro » 09 Out 2005, 09:28

PORRAL

TOPONIMIA
CURTIS (A Coruña) Foxado (Santa María) Pedraporral
LALÍN (Pontevedra) Santiso (San Román) Porral

DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO
Provincia da Coruña: 11 abonados, en Boqueixón, Pontedeume, Compostela...
Provincia de Lugo: 7 abonados, en Chantada, Foz, Viveiro...
Provincia de Ourense: 1 abonado
Provincia de Pontevedra: 19 abonados, na sua meirande parte no concello de Lalín

LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
Non teño constancia

OPINIÓN PERSOAL
Tratase, presumibelmente, dun apelido galego de natureza toponímica que ten a sua orixe no concello de Lalín.

Avatar de Usuario
Buxan
Mozo
Mozo
Mensaxes: 44
Rexistrado: 26 Xul 2004, 09:00
Ubicación: Lalín

Algo sobre a orixe dos Porral

Mensaxe por Buxan » 10 Out 2005, 17:51

O apelido Porral era moi abundante na antiga terra de Deza, practicamente o que é hoxe o concello de Lalín. Parece ter a súa orixe na parroquia de San Miguel de Goiás, onde figuran individuos con este apelido xa a mediados do século XVI, e onde se manteñen moitas familias con el.
É importante suliñar o feito de que o "porral" é o nome (non sei se noutras partes tamén) da horta, polo que é moi habitual escoitar á xente falar do porral ou dos porrales.

Respostar