Gradín

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Gradín

Mensaje por serba »

GRADÍN

Ya había un trabajo editado por Milleiro - http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... ent&id=914

Añado a continuación el trabajo de Dª Xulia Marqués Valea ("A toponimia de Trabada" -página 835-) -texto íntegro-

P008. GRADÍN

Ten a súa orixe no xenitivo do antropónimo latino Gratinus, Gratini (K, 282).
Segundo afirma Piel (1950: 302), tratábase dun nome persoal usado por pagáns que se volveu común entre cristiáns.

P008.1. Gradín

- Gradín modificador:

Na antiga documentación local aparece como hidrónimo:

(1230) Pedro Ordóñez cédelle ó mosteiro de Meira a súa herdade preto da granxa de Trabada
<<in Funtoum, per aquam de Cajide et per aquam de Gradim>> (CDM, d. 506, Domínguez Casal 1952: 271).

(18/1/1238) Lindes que marcan as propiedades que o abade Heimirico e o convento de Meira lles outorgaron a vinte homes para o poboamento dos arredores de Trabada:
<<hereditatem illam que iacet iusta aquam de Gradin>> (CP 1, Sáez Sánchez 1942-43: 502)

(s.d.) <<viña con sua herdat en o villar de Travada en la Fuent de Gradino que he su signo de Sta María de Travada>> (AHN, Clero Meira carp. 1151/20 e AHN, Clero, Códice 114B, fol. 216 r.) (citado por Mariño Veiras 1973: 218).

Aquam de Gradin, Gradim amosa o cambio que se vén producindo na expresión de propiedade, que pasa dun procedemento sintético (xenitivo) a un analítico (con preposición de).
A miúdo, neste tránsito, conviven o resto da forma xenitiva co nacente preposicional. Sivil en Estraxiz, Samos (Lugo) aparecía no ano 978 <<Uilla de Severi>> (Sam. 132).

A Veiga de Gradín, monte de Trabada.

Gradín é un topónimo de Láncara (Lugo) e Ponte Caldelas (Pontevedra).
En Portugal consérvase Gradim (1).
E. Rivas (1991a: 568) recolle este apelido na actualidade en Vigo.

[Por si puede servirle a alguien, especifico los autores y alguna de las obras relacionadas:

Piel (1950: 302)=> Piel, J. M.: "Os nomes dos santos tradicionais hispánicos na toponimia peninsular". Biblos 25 (1949), 287-353; 26 (1950), 281-314. Separata: Coimbra, 1950.

Mariño Veiras=> Mariño Veiras, D.:
(1973): "El viñedo bajomedieval en la cuenca del Eo", Compostellanum 18, 1-4, 215-233
(1981): El dominio del monasterio de Santa María de Meira de 1150 a 1525: formación y evolución de un dominio monástico cisterciense. Santiago: Universidad.
(1983): Señorío de Santa María de Meira (De 1150 a 1525). Espacio rural, régimen de propiedad y régimen de explotación en la Galicia medieval. A Coruña: Nós.

(E. Rivas - (1991a)=> Rivas Quintas, E.: Onomástica persoal do Noroeste hispánico. Lugo: Alvarellos.

(K)=> Kajanto, I.: (1982) The Latin Cognomina. Helsinki: Societas Scientiarum Fennica Commentationes Humanorum Literarum XXXVI, 1965. Citamos pola 2ª ed. Roma: Giorgio Bretschneider Editore, 1982.]
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder