Balcazar

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
RICHAR20
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 19 Oct 2007, 17:47

Balcazar

Mensaje por RICHAR20 »

QUISIERA SABER DE DONDE PROVIENE ESTE APELLIDO YA QUE NO ENCUENTRO SU ORIGEN O QUE TAN ANTIGUO ES LES AGRADECERIA SU INFORMACION
MUY BUENA PAGINA
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Balcazar

Mensaje por serba »

Hola RICHAR20, bienvenido a Xenealoxía.

Lo único que he leído sobre los Balcázar, es en un libro sobre los escudos de Sarria, literalmente:

<<... Es muy probable, sin embargo, que reproduzca las armas que he visto en el siniestro en jefe del número 20; es decir, un escudete con la cruz de Malta, cantonado de las dos torres, blasón que algunas veces adoptan los Balcazar ...>> Resto del texto en el mensaje: Publicado: Xov, 14 Xuñ 2007 07:47
viewtopic.php?p=14231#14231

Juana Balcázar Cáceres, c. c. Diego de Ulloa Rivadeneira, según consta en el apellido ULLOA:
http://www.tpino.netfirms.com/ulloa.htm

No sé si puede haber relación entre Balcázar y el topónimo Alcázar, en la web de la Xunta de Galicia:

PONTEAREAS (Pontevedra) San Mateo de Oliveira (San Mateo) Alcázar, O
SALVATERRA DE MIÑO (Pontevedra) Lira (San Simón) Alcázar, O

¿Podría tratarse Balcázar, de la unión de los términos Bal+Alcázar?. En gallego la palabra 'val' significa valle.

Saludos
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Balcazar/Valcárcel/Valcarce

Mensaje por lamigueiro »

Estimado amigo en principio el apellido Balcárzar es una variante del topónimo gallego Valcarce, y castellanizado en Valcárcel. Su origen está en la antigua tierra berciana de Valcarce, siempre vinculada a Galicia, hasta su incorporación a León. La raiz está en el topo Valle Carceris y hace referencia al valle que cruza el río del mismo nombre que baña estas antiguas tierras. Sobre el linaje de los Valcarce te puedo ayudar, siempre y cuando tu busca se circunscriba entre los siglo XIII al XV. Si tienes alguna duda concreta, plantéala y veremos que se puede hacer. Un saludo
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Linaxe Valcarce

Mensaje por lamigueiro »

Esto é un resumo do que teño publicado sobre este liñaxe no ano 2006 na revista eumesa Cátedra e un adianto da súa ampliación que sairá proximamente no boletín da Asociación Filatélica de Pontedeume:

1.- Rodrigo Fernández "O Feo". Versus Rodrigo Fernández de Cabreira, de Valduerna, o de Tiedra. Señor de Cabrera e Rivera en León, e señor das terras de Frieira e Aguiar en Ourense. Documentado entre mediados do século XII ó XIII, ocupou os carregos de -cancellarius regis- en 1188, e as tenencias de Capraria (Cabrera) e Riparia (Rivera), tamén as de: Ovetum, Astoricam, Majorica, e Beneventum. Sábese que moreu con anterioridade o ano 1257.

Nota: Sobre a filiación de Rodrigo o Feo, el Conde don Pedro de Barcelos no seu "Nobiliario dEspaña", di: “Este Rey dom ramiro de Leom ouve huúa Irmáa que ouve nome affante dona ermesemda E era filha doutra rrainha y era Irmáa da madre do bpo San fortes Esta Iffante dona ermesenda nunca for casada E elRey dom rramiro seu Irmaáo fazia com ella mal a sua fazenda E ouve della húu filho em muy grande poudade y foy engeitado della a elRey seu padre y mandono criar E quamdo o desemvolveron dos panos vio negro y muy feo y muy velloso q nom semelhava senom besta salvagem E mandou q lhe posessem nome Belloso E a quell foy muy boo cavallero darmas a maravilha e tomou Cabreyra y Ribeyra a cavaleiros que se alçavan co ella a elRey Este velloso foy casado com dona moninha Irmáa do comde don rrodrigo froyaz de trastamara como se mostra no titullo XXI de rrey Ramiro parrafo Vº e fez em ella o comde dom rrodrigo o veloso E do comde dom Rº o beloso saio o comde dom fernando E o comde dom fernando foy casado co dona (espazo en branco) Irmáa do comde dom pero bear E fez em ella o comde dom rrodrigo barvalvo E o comde dom rrodrigo barvalvo foy casado com dona (espazo en branco) y fez em ella dom fernam rroiz E dom fernans rroiz foi casado com dona xamena húua dona daragon do sollar de temça e fez em ella dom rruy fernandez o feo E dom rruuy fenandez o feo casou com dona Sancha rramirez filha do comde dom rramiro de çefomtes E fez en ella dom rramir rroiz E dom rrodrigo rroiz y dom fernam rroiz de Villalobos que foy casado com dona maria ruiz filha de dom martin gill de rriba de viçella y de dona milina andres de castro y nom ouverom semel lidima E morreu dona Samcha rramirez suso dita filha do comde don rramiro de cefomtes que ja dijcemos Casou de poes dom rry fernamdez o feo com dona maria froiaz y fez en ella semel como semostra no titullo xxi de rrey Ramiro parrafo XVº”.

Tra-la figura de Rodrigo o Veloso, poidera agocharse a do Conde galego Rodrigo Pérez Velloso, fillo de Pedro Froilaz de Traba e Maior Guntroda a súa segunda muller, xa que non existe outro personaxe de tal relevancia nos mesmos anos así chamado. Fray Felipe de la Gándara así o recoñece, ainda que non desiste da falsa xenealoxía exposta polo conde de Barcelos, quen -cecais- o non ceñece-la verdadeira filiación do personaxe,(xa que no capítulo adicado a descendencia do conde don Pedro de Traba non coloca entre os seus fillos a iste Rodrigo Pérez), non dubida en facelo descendente do rei Ramiro III. O que si podemos dar por certo é que Rodrigo Fernández de Valduerna, foi fillo de Fernán Rodríguez de Malgrat, tamén chamado Fernán Rodríguez de Benavente, e de Inés González xunto a cal o seu fillo aparece asinado varias doazóns principalmente o mosteiro de Santa María de Sandoval.

Os nobiliarios lle asinan a Rodrigo Fernández, dous matrimonios: Casou de primeiras nupcias segundo o conde do Pedro de Barcelos, con Sancha Rodríguez, filla de Ramiro Froilaz de Cifuentes e unha dona tamén chamada Sancha Rodríguez. De segundas nupcias desposou coa única das súas mulleres que lle acompaña nos documentos que acreditan a súa existencia, chamada Teresa Froilaz. filla de Froila Ramírez e de Sancha Fernández, e neta do anteriormente citado Ramiro Froilaz de Cifuentes.


1200, mayo, 5. Testamento de Sancha Rodríguez en favor de Santa María de Lugo.

ESTUDIO Y CATALOGACIÓN DE LAS FUENTES DOCUMENTALES E HISTORIOGRÁFICAS DE LA CATEDRAL DE LUGO (735-1217), Pilar Solis Parga, ISBN- 84-9714-072-9
AHN Clero Carpeta 1326B/18, Doc. 26.

Era Mº CCº XXXº VIII et quot idus maii. Ego Sancia/ Ruderici tale facio testamentum per viro meo Donno Ruderico/ quem mors preocupant. De beneplacito igitur filiorum meorum et/ filiarum do ecclesie Beate Marie Lucensis et canonicis ibidem/ duos servientibus in anniversario suo casam de Alpalaz in/tegram. Do etiam eidem ecclesie in ecclesia sancti Iohanis de Penma duas/ octavas integras quas idem vir meos conparavit a canonicis sancti/ Iohanis de caaveiru quas idem canonici habuerant alteram a Donno Vela/ alteram a Garsia Ruderici. Do etiam eidem ecclesie duo casalia hereditatis/ alterum in Venador alterum in Farnadariis. Qui presentes fuerunt
(1º Columna) Iohanis Arie decanus testis/ Nuno Canonicus testis
(2ºColumna) Iohanis Lucensis cantoris testis/ Iohanis Archidiaconus testis
Ego Sancia Ruderici una cum filius meis hoc testamentum quod fierim/ iussimus roboramus et confirmat.
Iohanis presbiter qui notuit

Com podemos ollar Garsia Ruderici, xa existía en vida de Sancha Rodríguez, polo que ten que ser achacado como fillo de esta, o cal explicaría que non participara na doazón posterior dos seus irmáns, xunto o seu pai e madrastra.

Nota: Sancha Fernández a muller de Froila Ramírez, foi filla do cavaleiro galego Fernán Arias "Baticela" e de Tereixa Bermúdez, quen era filla a súa vez do Conde Bermudo Pérez de Trava e da infanta de Portugal Tereixa Enríquez, fillos a súa vez do Conde Pedro Froilaz de Trava e Urraca Froilaz, e o Conde Enrique de Borgoña e a reiña de Portugal Tereixa Afonso respectivamente.

Rodrigo Fernández de Valduerna e Sancha Rodríguez tiveron por fillo a:

2.- García Rodríguez Barba, que segue a liña.

Rodrigo do seu segundo matrimonio con Teresa Froilaz tivo por fillos a:

3.- Ramiro Rodríguez de Cabrera.
4.- Rodrigo Rodríguez, casado con dona Milia sendo proxenitores da Casa de Cabrera en León, no seu fillo Fernán Rodríguez de Cabrera.
5.- Fernán Rodríguez
6.- Sancha Rodríguez, muller de Fernán Pérez de Guzmán.
7.- Inés Rodríguez, muller do infante Rodrigo Alfonso, fillo de Alfonxo IX.

2.- García Rodríguez "Barba". Versus García Rodríguez de Viñales, ou tamén García Rodríguez dictus "Carnota". Meiriño maior de León dende o ano 1205 e Mórdomo dos reises Alfonso IX e Fernando III, falecendo no ano 1250. Casou con Lambra Rodríguez, filla de Rodrigo Sánchez de Cacabelos, cavaleiro de Vilamartín, e Elvira Rodríguez.

Ambos tiveron por fillos a:

8.- García Rodríguez de Valcarce, que segue a liña.
9.- Juan García de Viñales.
10.- Pedro García de Viñales.
11.- Rodrigo García de Viñales.

8.- Garcia Rodríguez de Valcarce. Cabaleiro de Valcarce e señor de Toral dos Vados dende 1292. Faleceu con anterioridade o ano 1308. Casou con María Fernández. Tiveron por fillos a:

12.- García Rodríguez de Valcarce, que segue a liña.
13.- Álvaro Rodríguez de Valcarce, desposado con Tereixa Rodríguez de Figueroa, sendo pais do Mestre de Santiago: Vasco Rodríguez de Cornado (ou Valboa), Gonzalo Rodríguez de Cornado, Meiriño Maior de Galicia, e Teresa Rodríguez de Valboa, muller de Alonso López de Lemos señor da Casa de Sober.

12.- García Rodríguez de Valcarce. Meiriño Maior de Galicia no ano 1327 e Adiantado Maior de Galicia no 1328, en tempos de Alfonso XI, cárrego que ocupou só un ano. Foi tamén Mórdomo Real, e señor da Frieira e terra de Aguiar como os seus antepasados. Entre as súas posesións en Galicia destacan a Casa Forte de Guitiriz na terra de Parga, que no ano 1327 compara a viuva do infante don Felipe. Testou no ano 1328 e morre seguramente no ano posterior. Desposua con Tereixa Eáns "Sarraça", filla de Xoán Vázquez "Sarraça" e Tereixa Afonso. Ambos tiveron por fillos a:

14.- García Rodríguez de Valcarce que morre sin descendencia. Testando en Lugo en 1364.
15.- Pedro García citado por Fray Felipe de la Gándara.
16.- Constanza García, muller de Xoán Freire de Andrade, que segue a liña.
17.- Leonor García de Valcarce, muller de Arias Fernández de Valboa, sendo pais de Fernán Rodríguez de Valcarce e Valboa, señor de Aguiar. E tamén de Tereixa de Valboa.
18.- María García "Bicos", muller de Paio Varela e posteriormente de Roi Freire de Andrade.

16.- Constanza García. Desposou con Xoán Freire de Andrade, fillo de Nuño Freire de Andrade e Inés Rodríguez de Távora. Inés recibira do rei Alfonso XI os coutos de Brión, Balón e Mougá en Ferrol en dote polo seu casamento con Nuño Freire. Constanza e Xoán Freire tiveron por fillos a:

19.- García Rodríguez de Valcarce e Valboa. Señor das Pontes do Uyme (Actual As Pontes de García Rodríguez), do Castelo de Moeche, Mandiá, Lamas e Cerdido. Coutos de Balón, Brión e Mougá en Ferrol, Señor da Casa de Valcarce no Bierzo. Faleceu seguramente no ano 1410, testando no ano 1407, sendo soterrado na igrexa de San Francisco de Villafranca. Desposou con Inés Fernández de Tamar, filla de Diego Ramirez de Cechinos. Inés testou en 1395 no Castelo de Corullón e tra-lo seu falecemento será sepultada xunto o seu marido na igrexa anteriormente dita.

Ambos tiveron por fillos a:

20.- Pedro García de Valcarce e Valboa, morto sen descendencia e con anterioridade o seu pai.
21.- Constanza García de Valcarce, muller de Pedro Álvarez Osorio, Señor de Cabrera e Rivera, e posteriormente de García Fernández Sarmiento. Do primeiro matrimonio tendrán por fillos a Rodrigo Álvarez Osorio, que levará a Casa de Cabrera, sendo proxenitor de Pedro Álvarez Osorio, I Conde de Lemos. Constanza García e Pedro Álvarez tiveron outro fillo chamado, Pedro Álvarez de Valcarce.
22.- Leonor García de Valcarce, que segue a liña.

22.- Leonor García de Valcarce, muller de Lopo Alonso de Lemos, señor da Casa de Sober, e posteriormente tamén de Pedro Fernández de Bolaño. Do primeiro matrimonio terá por fillos a:

23.- Alonso López de Lemos e Valboa, que levará a Casa de Sober.
24.- García Rodríguez de Valcarce, cabaleiro o servizo do seu deudo o I Conde de Lemos no século XV. Recibirá da súa avoa dona Inés Fernández de Tamar os seus erdamentos en Galicia.

Autor: Xosé Lois Lamigueiro para Xenealoxía. org.

Máis información no meu artigo: ASCENDENCIA E FAMILIA PRÓXIMA DE GARCÍA RODRÍGUEZ DE VALCARCE O DAS PONTES. Revista Cátedra nº13 ano 2006.
Responder