Página 1 de 1

Apelidos de Galicia ten novo sitio

Publicado: 05 Abr 2008, 23:52
por kruzul
Ola todos:
Xa vai un tempo, e non é pouco, que iniciamos o traballo de darlle ó proxecto Apelidos de Galicia impulsado por Milleiro un espazo propio en forma de web.
Nesa tarefa estivo mergullado Sic-ario, coa idea de dotar á sección dun software á medida que permitise tanto o traballo de edición dos apelidos como a súa publicación en Internet.
O resultado dese esforzo é a BDAG (Base de Datos de Apelidos Galegos), un software que soporta a web https://apelidosgalicia.org e seguro que moitos de vos xa visitáchedes pois leva un tempo xa de probas na rede.
O contido é o mesmo que o da sección Apelidos (son a mesma cousa) e fáltalle traballo de edición e tradución. Tamén xa con normalidade a incorporación de novos datos e novos apelidos. A tarefa é moita por diante ata completar os corenta mil apelidos que máis ou menos terá algún día.

Para todo elo os que queiran participar pódense apuntar, nesta mesma mensaxe ou dirixíndose a Sic-ario. Hai moitísimos xeitos e graos posibles de colaborar, dende aportar novos datos, editar os existentes, corrixir, traducir, debuxar, ata programar (está escrito en PHP con base de datos MySql).

Agradécense tódalas opinións que vos mereza o novo sitio.

Apelidos de Galicia https://apelidosgalicia.org

Publicado: 06 Abr 2008, 02:58
por Sic-ario
Boas Noites:

Como di Cruzul, a xestación de Apelidos Galicia comezou a mediados do ano 2005. Nestes dous últimos anos
desenvolveuse e definiu a base de datos BDAG e os programas.

A Enciclopedia de Apelidos de Xenealoxia.org é a base principal dos datos de Apelidos Galicia.

A idea é ben sinxela crear unha base de datos de apelidos con toda a información que se vaia recompilando
sobre eles, e que esa información sexa accesible para todos dende o momento en que entra no sistema.

A información na base de datos estará a actualizarse continuamente, a medida que se vaia incorporando datos
de cada apelido.

Practicamente a totalidade dos datos que había na Enciclopedia de Apelidos pasaron á nova base de datos.
E tal como se pode ver nalgúns apelidos a información está pendente de depurar e corrixir.

Volvo recordar o que dixo anteriormente Cruzul. "Hai moitísimos xeitos e graos posibles de colaborar, dende
achegar novos datos, editar os existentes, corrixir, traducir, debuxar, ata programar (está escrito en PHP con
base de datos MySql)".

Esperámosvos en https://apelidosgalicia.org.

Gracias

Publicado: 07 Abr 2008, 10:13
por serba
Enhorabuena a todos los que están trabajando en todo lo relacionado con la actualización, mejora y novedades relacionadas. Muchas gracias por la labor y esfuerzo. ¡Ánimo, todo lleva su tiempo!, lo que importa es el resultado final.



Saludos

Apelidos Galicia

Publicado: 07 Abr 2008, 11:44
por Alven
Felicitaciones, sin duda el gran esfuerzo que realizan para presentar este proyecto sera recibido con alegria por los que nos sentimos parte de este querido foro.
Apoyo de manera entusiasta, y me ofrezco para colaborar en la forma que Uds. consideren que pueda ser util.

Exitos!!!
Alven

Publicado: 07 Abr 2008, 21:53
por Milleiro
Os meus parabens a Sic-ario e Cruzul polas moitas horas adicadas a sacar esta páxina, mágoa pola miña banda de non axudar neste proxecto.

Moitas grazas Sicario e Ricardo pola vosa labor. :P :P

Apertas

Publicado: 08 Abr 2008, 16:07
por Pousada
Labor fantástica de Sic-ario e Cruzul que fixeron posible esta nova dimensión, Apelidos de Galicia. Os datos estatísticos son, non cabe dúbida, unha das mellores bazas coas que conta, pero o resto do traballo é tan impresionante, que en nada desmerece. Unha forma máis de achegarse á cultura galega, e a personalidade dos nosos devanceiros, a través dos seus apelidos, neste caso, nunha web singular, adicada específicamente a elo.
Graciñas por facelo posible!!

Publicado: 16 Oct 2008, 04:10
por Rupertok
Hola mis amigos
saludos