As deformacións acentuais dalgúns apelidos galegos (I)

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Respostar
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

As deformacións acentuais dalgúns apelidos galegos (I)

Mensaxe por kruzul » 06 Dec 2013, 02:07

As deformacións acentuais dalgúns apelidos galegos (I) Por Xosé Henrique Costas / ProLingua

Hai un par de semanas xogou (e perdeu) o Celta outro partido en Balaídos, esta vez fronte ao Rayo Vallecano. No equipo madrileño sobrancearon dous galegos: o chairego de Rábade Roberto Trashorras e o vigués Iago Falque. Porén, os locutores que retransmitían o encontro teimaban en pronunciar o nome do vigués como Falqué; despois reparei tamén en que no dorsal da camisola do xogador aparecía o seu nome escrito con acento agudo: “I. FALQUÉ”.
Falque, con acentuación grave, é un apelido que segundo a Cartografía dos Apelidos Galegos do ILG, levan en Galicia 300 persoas, 245 delas en Vigo. Neste concello o apelido Falque concéntrase nas parroquias suroccidentais de Oia, Coruxo, Saiáns, Comesaña e Navia, e mesmo o microtopónimo A Falcoa (na parroquia de Castrelos) parece estar relacionado con Falque.

Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 379
Rexistrado: 17 Dec 2004, 09:00

Re: As deformacións acentuais dalgúns apelidos galegos (I)

Mensaxe por maviac » 14 Xan 2014, 13:04

Resulta verdadeiramente singular a tendencia a inventar acentos en apelidos influidos ben por supostas analoxías con nomes cataláns, ou ben por .... ignorancia pura e dura.
Outro exemplo que me ven á mente a parte do de Falque, do que non sabía a posible orixe,dado o caracter claramente vigués do mesmo, como Costas, Goberna ou Comesaña, é o de Cesar, sen acento. Agora é costume pronunciar ese apelido como se fose o nome César. O exemplo mais paradigmático e o do presidente do Deportivo, Augusto Cesar Lendoiro. Eu estou convencido de que ese apelido debe pronunciarse con acento na segunda sílaba e non como se fose o nome propio César. Outro caso é o doutro entrenador, Luis Cesar Sampedro. Cando xogaba todo o mundo o chamaba como é debido, pero cando a sua carreira o levou fora como entrenador, os xornalistas comezaron a chamalo Luis César e xa non hai xeito de corrixilo. O apelido ven dun topónimo: Cesar, que encontramos na parroquia de Cesar, que pertence a Santiago, na que pertence a Caldas de Reis e ainda temos nome de lugar en Boiro e en Sarria.
Pero o que me parece o colmo é que cando se referen a estadios portugueses, por exemplo digan que o partido se xogou en Do Dragao, en lugar de O Dragao, o nome do estadio do Porto, ou en Da Luz, en lugar de A Luz, no caso do Benfica..... E o lamentable é que xornalistas galegos repitan esas palurdadas con toda naturalidade.

Breo-jan
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 611
Rexistrado: 20 Mar 2006, 09:00
Contactar:

Re: As deformacións acentuais dalgúns apelidos galegos (I)

Mensaxe por Breo-jan » 16 Xan 2014, 00:52

Xa sabemos que a terra tira,Ricardo,mais ese apelido,tanto ten onde lle poñas o til,non é orixinario da Galiza.O único que teñen en común os Falque cos Falcón é que comezan por ''Fal''. :)

Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensaxes: 2237
Rexistrado: 05 Out 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

As deformacións acentuais dalgúns apelidos galegos (II)

Mensaxe por kruzul » 16 Xan 2014, 10:37

O profesor Costas aventura o microtóponimo A Falcoa coma posible orixe, pero no que quer facer fincapé e na acentuación. Nese senso esta ben traído o apelido Cesar. Estaba mal a ligazón ao artigo completo, xa corrixín :) As deformacións acentuais dalgúns apelidos galegos (I)

Engado agora a segunda parte:
As deformacións acentuais dalgúns apelidos galegos (II) Por Xosé Henrique Costas
Nos casos dos apelidos Nóvoa (do que xa falamos na entrega anterior) e Miguez non é tanto a castelanización como as lecturas erradas. Se Nóvoa o escribimos sen til a lectura é Novoa. Nóvoa é un apelido orixinario da antiga circunscrición de Terra de Nóvoa e hoxe identifica máis de 9.000 persoas de toda Galicia, sobre todo dos concellos de Vilamarín, A Peroxa, Carballedo e Taboadela. Coa escrita dun til inocente provocaremos a correcta lectura esdrúxula, por iso e por outros motivos é tan importante pór os tiles tamén nas maiúsculas.
En Miguez, con acentuación aguda, o que sucedeu moi recentemente no tempo foi que nalgúns Rexistros se realizou unha analoxía con todos os apelidos patronímicos polisílabos rematados en –ez (Domínguez, Rodríguez, Méndez, López, Estévez, Fernández, Pérez…) que son graves, e acabouse por facer grave o etimoloxicamente agudo Miguez (con acento fonético no e).

Respostar