Don Isidro Diaz de Guitian

Procuras de familiares
Responder
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Don Isidro Diaz de Guitian

Mensaje por Tito11 »

Don Isidro Diaz de Guitian era abad de San Paio de Lens e Santa Maria de Portor, a primeira parroquia no actual concello de Ames o lado do río tambre, e a segunda en frente no concello de Negreira. Ambas estan unidas pola ponte medieval chamada Ponte Maceira. Pois Don Isidro Diaz de Guitian, viveu na segunda metade do s. XVII, pero tiña máis familia en Lens.
Alguen ten datos dos Diaz de Guitian, de esta parroquia, porque parece ser que estos apelidos proceden de terras lucenses...
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

En 1694 ante Domingo Sánchez de Andrade, escribano da xurisdición de Altamira e Barcala, dicta o seu testamento D. Isidro Diáz de Guitian. Di que el é Rector de San Paio de Lens, no actual concello de Ames, e que deixa por albaceas e herdeiros a seu sobriño o licenciado D. Bartolome Diáz Fociños, seu sobriño, e a Maria Díaz de Guitian, viuva, sua filla tida antes de ser clerigo.
Agora xa sei que D. Bartolome Díaz Fociños, era fillo de Dª Maria Díaz de Guitian, e Domingo Fociños, veciños de San Fins de Brión, e el meriño e xustiza maior da fortaleza de Altamira. Dª Maria tiña por irman a D. Isidro, e presumiblemente a Dª Juana Díaz de Guitian e Villalobos, casada en San Tirso de Vilanova, malpica, con D. Baltasar Posse de Rioboo.
Responder