Gonzalez de Solis

Procuras de familiares
Responder
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Gonzalez de Solis

Mensaje por Tito11 »

Releendo "Linajes Galicianos", topeime ca información de D. Perez de Lapido y España, natural de Santo Tomé de Ames, e residente en Cadiz en 1764. Era fillo de D. Carlos Perez de Lapido y España e de Dª Maria Bernarda Lodeiros y Aguiar. O pai era oriundo de San Juan de Ortoño, fillo de D Juan Perez de Lapido y España, e de Dª Dominga Perez de Gestoso, e bizneto de D. Alonso Perez de Lapido y España e de Dª Dominga Gonzalez Solis y Valderrama.
Pois ben, en unha da ramas que teño estudiado da miña arbore aparece un matrimonio composto por un tal Juan Perez e unha Dominga Perez, veciños do Lugar de Lapido na parroquia de San Juan de Ortoño, cara principios do s. XVIII, que ben poderian ser os avos de D. José que arriba expoño. Por otra parte cara finais do s. XVII na mesma parroquia de Ortoño, no lugar de condomiña, teño outro matrimonio composto por un Bermudez de Castro con unha Antonia Solis y Seixas, e na mesma vecindade hai un tal Juan Gonzalez de Guitian que é patrono de unha capilla de Santa Lucia na igrexa parroquial. E cara 1640 teño encontrado un tal Antonio Gonzalez de Guitian, residente en Santa Maria dos Anxeles, que aparece como padriño de varios bautizados en Santo Tomé de Ames, e dise de el que natural da cidade de Granada.
Estou empezando a encontrar unha relación entre estos Gonzalez, e o apelido Solis e Guitian, en varias persoas no val da Maia. Gustariame saber se alguen sabe máis de estos apelidos en esta época e lugar xeografico.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

En canto a Juan Perez de Lapido e a sua muller Dominga Perez, creo que veñen a ser os mesmos que na información titulanse D Juan Perez de Lapido e España, e Dª Dominga Perez de Gestoso, (quizais natural de Xestosos, lugar da parroquia de Santa Eulalia de Vilacoba, no concello de Lousame). Non teño documento en contra, nin ningun indicio, pero tampouco o podo confirmar. En canto os Guitian, estos probeñen de un tal Benito Diaz de Guitian, que a principios do s. XVII era cura en San Fins de Brión e tibo descendencia en Mª da Torre; esta é unha información recollida no foro, onde me aclararon que carecian de probas. Por outro lado a este Benito encontreino en 1610 no protocolo de Gabriel de Ameixeiras (A.H.U.S.) pero ali non aparecia como cura nin rector de ningun lugar. O certo e que unha filla chamada Maria Diaz de Guitian, casou con un tal Domingo Fociños, natural de San Xian de Zas de Rei, en Melide, e que cara 1630 acomodase primeiro en Santiago e despois pasa a Brión. Aparece este Domingo Fociños como testigo durante moitos anos nos protocolos da xusticia de Altamira. Otra filla: Dª Juana Diaz de Guitian e Villalobos casa con D Gabriel Posse de Rioboo, de San Tirso de Vilanova, en Malpica.
En canto os Gonzalez, sigolles a pista na parroquia dos Anxeles e en Boullón, anque está resultando especialmente difícil.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Mensaje por serba »

Por si hubiera alguna relación...

Juan González de Canaval, vecino de Padrón (10/2/1556)
Alonso González de Sotelo, casado en Pontevedra con Ana Fernández, cuñada de Fernán Díaz, que era famoso broslador en 1558.
Benito González do Vilar, Regidor de Santiago en 1586.
Arias González. Escribano de asiento de la Real Audiencia de Galicia. Fundador del hospital de Nuestra Señora de la Angustia de A Coruña en 1590.
Benito González de Araujo, aparejador (11/10/1599) [creo que trabajaba en Santiago].
Rodrigo González de Lamas, escribano de Corcubión (13/3/1604)
Juan del Rial González, escribano de Vigo (27/1/1680)
José Benito González Seixas, trabajaba de profesor en Santiago (11/1/1729)

Nombrados todos ellos en "Notas viejas galicianas", de D. Pablo Pérez Constanti.
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder