Páxina 1 de 1

Galaor Varela

Publicada: 14 Xan 2007, 16:12
por Pousada
GALAOR VARELA

Busco información sobre la biografía y ascendencia del escribano Galaor Varela (s. XVI).
César Gómez Buxán y Francisco Rubia Alejos recogen en su "Pazos y Moradas hidalgas del Deza", página 339, que el primer poseedor del Pazo de Trasfontao, en Silleda, del que queda constancia es este Galaor Varela "escribano de Trasdeza hasta su fallecimiento sobre 1597, que llegó alrededor de 1550 desde Compostela, donde había aprendido su oficio". Añaden que la hija de este escribano, Aldonza Varela, casó con Vasco Taboada, procedente del Pazo de Liñares. Sus descendientes establecieron vínculos con la Casa de Campo y con la de Donfreán.
Por otra parte, en el Arquivo do Reino de Galicia consta el pleito "Galaor Varela, escribano, con Juan de Novoa y Alonso da Cortinela, sobre pago de maravedís y renuncia de la escribanía de número de Abeancos", fechado en 1559. Las parroquias de San Cosme de Abeancos y San Salvador de Abeancos es encuentran en el municipio coruñés de Melide.

Algúns datos de Galaor Varela

Publicada: 14 Xan 2007, 19:21
por Buxan
Ademais dos datos que se publicaron, sobre Galaor Varela podo aportar algunhas informacións máis que agardo sexan de utilidade.

É posible que as orixes primeiras de Galaor Varela se atopen en Quindimil (Palas de Rei), solar antigo dos Varela. Digo isto pola similitude de nomes nas diversas xeneracións, pois realmente o primeiro devanceiro do que temos novas é Men Vázquez Varela, escribán e notario das terras de Deza e Trasdeza nas primeiras décadas do século XVI. Un dos seus fillos foi Lope Varela, tamén escribán de la Audiencia y Número de la Tierra de Deza por la Iglesia de Santiago, morador e posuidor do pazo de Beilás, en San Miguel de Goiás (Lalín). Outro fillo (ignoramos se muller ou home) é o directo ascendente (pai ou nai) de Galaor Varela, nomeado no testamento do dito Lope Varela, do 1571, como o seu sobriño.

Galaor Varela, por tanto, é da liñaxe dos Varela que habitaron no pazo de Beilás. A referencia á súa procedencia de Santiago deriva de que alí o atopamos como criado do Licenciado Sebastián de Lodero, no 1544 e 1546. A súa denominación correcta debería ser amanuense, e debía estar aprendendo o oficio con devandito Licenciado. Na década do 1550 (non coñezo o ano con exactitude) ocupou a escribanía de Número da terra de Trasdeza, posiblemente cedida polo seu tío Lope ou polo seu abó Men. Finou Galaor Varela a mediados do 1597, aproximadamente, facéndose reconto dos seus bens no 1600, despois da morte da súa dona.

Con respecto a esta, dicir que casaran antes do 1553 e que se chamaba Mencia López de Tanxil, filla do escudeiro Gilo Ares e de María Mosquera, neta materna de Álvaro Suárez e de Ana Mosquera.

Deles naceron varios fillos, seguindo a sucesión pola citada Aldonza Varela, casada con Vasco Taboada, do pazo de Liñares, en San Martiño de Prado (Lalín), dos que descenderon os donos de Trasfontao e Donfreán, entre outras casas fidalgas.

Outro dos fillos deles fora o tamén escribán Fernán Varela. A finais do século XVI a escribanía única de Número de Trasdeza dividírase en dúas, que exercían Galaor Varela e Fernán Varela, o seu fillo. Unha vez falecido este último volveu a recaer esa media escribanía en Galaor, que a vendeu a Álvaro Varela (nótese outra vez a presencia dos Varela), escribán da Súa Maxestade, por 175 ducados, segundo concordia ante Sebastián Pereira, o 17 de novembro do 1587. A outra metade da escribanía, por morte de Galaor Varela no 1597, volveu quedar unida coa anterior nunha soa, xa que dela fixo mercé a prol do citado Álvaro Varela o arcebispo de Santiago, don Juan de San Clemente.

Un saúdo

Publicada: 15 Xan 2007, 20:08
por Pousada
Graciñas, César.
Contestaches precisamente a unha das cuestións que máis me interesaban sobre Galaor Varela: o seu entronque cos chamados Gilos Ares. Varios dos testemuños entrevistados para a probanza e limpeza de sangue do colexial de Fonseca Diego de Saavedra e Aldao sinalan que unha das súas devanceiras, nomeadamente Isabel López, era natural das terras do Deza. Neste punto, as informacións resultan confusas. Mentres algúns se refiren ao seu pai como Gil, ou Gilo Ares, merino do Orcellón; outros só comentan que descendía dos fidalgose alcumados Gilos Ares. Tamén se comenta que era curmá de Cristóbal Gundín Salgado, e parente da muller de Galaor Varela, que neste caso tamén chaman Isabel López, aínda que xa sospeitaba que se trataba doutro erro destes testemuños, debido ao inexacto que resulta que estes datos estén dados de memoria.
No que se refire a esta Mencía López de Tonxil..., ¿é posible que o seu pai sexa o mesmo Gil Ares que naceu de Gil Ares, o vello, e máis doutra Mencía López? ¿Ou ben será este Gil Ares un irmán do Lopo Gil que canda Beatriz Salgado foi pai de Cristóbal Gundín? Sería posible argumentar a existencia deste terceiro Gil Ares a partir da afirmación de que a antedita Isabel López (devanceira de Diego de Saavedra e Aldao) é citada como curmá de Cristóbal, e non como a súa tía.
Prefiro non especular máis, porque teño pouco estudados estes liñaxes dezanos. Non sei se teñas unha resposta exacta a estas elucubracións miñas. En todo caso, moitísimas grazas por aportar un pouco de luz ao entronque destas dúas casas, a dos Varela e maila dos Gilos Ares.
Un saúdo

Publicada: 16 Xan 2007, 12:49
por Tito11
Eu tamen ando na procura de datos sobre os Varela de Quindimil, e nos seus entronques con apelidos como: Mariño de Lobeira, Romay, Ulloa etc, en Melide e na ria de Arousa. Gustariame saber si hai bibliografia importante de este tema.

Sobre os Gil Ares e Ares Gil

Publicada: 16 Xan 2007, 17:07
por Buxan
Quen me dera a min coñecer a xenealoxía desta liñaxe!

Falando en serio, os datos desa época son bastante escasos, aínda que algo existe, pero aínda non está nada claro pois, como xa sabes, naqueles tempos os nomes se repetían en varias xeneracións entre parentes.

Podo incluir un anaco da carta de Manuel de Toubes chamada "Tocante a los hixosdalgo" (que publicamos no Anuario de Deza no 2000), escrita no 1603, e na que se di

(...) La linaxe de mi muger desciende de los López de Sotolongo, casa de solar antigua y de los Giles, Gondines y Salgados. Micia López, hixa de Fernando López, senor de la casa de Sotolongo y fue casada con Gilo Arias, el biexo, desta tubo por hixo a Gil Ares, este Gilo Ares tuvo por hixo al dicho Gil. Lope Gil fue casado con una senora que se llama Biatriz Salgada, hixa de Gómez Gondín Salgado vecino de Monterroso Mecia López mi muger hes hixa de Cristóbal Gondín hes idalgo principal hestan ligadas sus hixas con muchos idalgos desta tierra (...)

(...) De la casa de los Giles ya tengo dicho que está en las montanas de León, donde bibe el condestable de Castilla a media légoa de la casa de los Negros esta generación mui antigua en esta tierra de Deça es notorio vienen desta casa al presente destos Giles deciende a Cristóbal Gondín que ya tengo dicho en la linaxe de Micia López como Gilo Ares el biexo fue casado con Mecia López, decendiente de la casa de Sotolongo, tubo por hixo a Gilo Arias. Gilo Arias tubo por hixo a Lope Gil, fue casado con Biatriz Salgada, hixa de Gómez Gondín Salgado, idalgos de solar conocido, estos tuvieron por hixo a Cristóbal Gondín, que es un hidalgo de mucha suerte y senor de la casa de Castia Sánchez (...)

(...) Ares Mosquera tubo por hixa [a Ignes Pérez, casada con Ares Gil, que es de la misma linaje de dichos Giles; estos tuvieron a Pedro Ojea de Albán, y a la madre de Vasco Taboada do Carreo] (...)

RUBIA ALEJOS, F. e GÓMEZ BUXÁN, C.: Tocante a los Hixosdalgo. Anuario de Estudios e Investigación Descubrindo. Seminario de Estudios de Deza, 2000.

Hai máis persoeiros chamados Gilo Ares (que en algún documento figuran como Gil Suárez) e Ares Gil da mesma liñaxe, pero aínda non podo afirmar a súa relación. En todo caso, quedan estes textos por se de algo serviran.

Un saúdo

Publicada: 18 Xan 2007, 18:35
por Pousada
Graciñas de novo, Buxán.

Para redondear os datos que dispoño sobre estes Gilos Ares inclúo, por se fose de utilidade, algúns extractos dos testemuños tomados para a probanza e limpeza de sangue do devandito Diego de Saavedra, en 1608, para que lle fose concedida unha beca teóloga do Colexio de Fonseca. Estas declaracións aluden a Isabel López, natural da Terra de Deza, e muller de Juan Gonçales Vilariño.
  • Extracto das declaracións de Gonzalo Domínguez

    "natural de tierra de deça q oyo decir era junto a la torre de lalín, y oyo decir y hubo noticia q la dha ysabel lopez era hija de Gilo Ares merino de orcillon mucho tienpo q entonces era jur.ºn del conde de Lemos y estaba unido con la torre de lalín y agora es del conde de monteRei"

    (Comentario: como xa se dixo noutro punto desta web, o Orcellón era unha das antigas xurisdiccións nas que se dividía o Reino de Galicia. Identifícase a fortaleza ou torre do Orcillón coa vila de O Carballiño e mailos seus arredores)

    Extracto das declaracións de Alonso Gómez, labrego de Beade:

    "y la dha su muger oyo decir el tº era natural de deça prima de Cristobal de Gundín mayordomo del conde de Lemos"

    Extracto das declaracións de Alonso de Sobreira

    " y su muger de cuyo nonbre no se acuerda el tº era natural del coto de doçon y dijo el tº q conoscira a sus parientes porq era deuda deunos hidalgos q se llaman Giles y Ares"

    Extracto das declaracións de Alonso de Novoa y Villamarín, familiar do Santo Oficio da Inquisición en Ribadavia e escribán do reino na devandita vila

    "a Juº glz devilariño y a su muger ysabel lopez padres del dho Bllr Beloso y abuelos de pte de padre de la dha ynes perez madre del dho oppºr los quales eran vzºs del lar y encomienda de beade, y los conoscio abra cerca de quarenta años yeste tº entiende y tiene notª eran naturales de tierra de deça porq Cristobal Gundin y la muger de Galaor Varela q entiende tambien se llamaba ysabel lopez y otros hidalgos de deça decian seren sus deudos y por tales los vinculan y consideran"
Alomenos, nesta entrada quedan reunidas as noticias que teño sobre os vínculos entre os Vilariño, os Gilos Ares e mailos Varelas.
Saúdos.

Algo dos Varela de Quindimil

Publicada: 18 Xan 2007, 22:05
por Buxan
Respostando a Tito11, sobre os Varela de Quindimil, achego unha pequena aportación:

Jorxe Varela, o Vello, outorgou testamento no 1517 no castelo de Pambre, do que era meiriño naquel tempo polo conde Fernando de Andrade, co que ía acudir á guerra de Nápoles e morrera xa no 1519. Herdeiro do couto de Quindimil por doazón da súa tía Teresa Sánchez Varela. Casou con Inés Vázquez Mosquera (filla de Gómez Ares Mosquera) e deles foi fillo, entre outros

Jorxe Varela. Recibiu foro do Mosteiro de Sancti Spiritus de Melide o 14 de abril do 1556 do lugar de Corbelle. Figura no Becerro de Melide “escritura de compra entre Fr. Domingo Domato y Jeorje Varela de Quindimil, ano 1567 ... le dio el Convento dos sepulturas en la Capilla Mayor y que les pudiesse poner armas llanas que no ocupasen como oy las tiene, y estas se las dio por aber quidtado o tapado dos nichos que estaban en la pared debajo del coro a la mano de la epístola para remediar la pared que se caía...”. Outorgou o seu testamento o 24 de abril do 1570 no lugar de Corbelle (freguesía de Santa María de Malos) ante o escribán Gregorio de Villanueva. Casou con Inés López de Goyanes (da fortaleza de Goiáns, filla de Vasco Mariño e Sancha Romay). Tiveron os dous primeiros unha morea de fillos :
1. Juan Varela de Goyanes.
2. Álvaro Juares Varela.
3. Jorxe Varela, Racioneiro.
4. Juan Mariño de Goyanes. Dono de parte do Couto de Meixide. Casou con María Conde e Aguiar.
5. Payo Gómez de Sotomayor.
6. Pedro Varela.
7. Gómez Ares Mosquera.
8. Rodrigo Juárez Varela.
9. María Álvarez de Quiroga.
10. Guiomar Méndez de Ambia. Casou con Cristóbal das Seixas, sendo veciños de Pontedeume.
11. Sancha Oanes de Romay.
12. Elvira Sánchez Varela.
13. Theresa González de Sotomayor.
14. Antonia de Losada.
15. Constanza Prego.

Nesta lista de fillos podemos ollar un percorrido pola historia familiar desta liñaxe e os entronques anteriores, pois como acontecía naquelas épocas collían nomes de antepasados e familiares ós que querían lembrar.

En diversos Boletíns do Museo de Melide se conteñen informacións variadas relacionadas con Quindimil e coa casa de Corbelle. Así mesmo, o director do Museo, Xosé Manuel Broz, ten publicado un magnífico volume (de 600 páxinas) titulado Santispiritus de Melide, que saiu do prelo no 2004, no que, xunto cos seus debuxos, atopamos unha morea de informacións de grande interese.

Agardo que sirvan para algo estas informacións.

Un saúdo

Publicada: 22 Xan 2007, 18:48
por Tito11
Moitisimas gracias por tal información, Buxán.
Porque me das unha liña de investigación que une os Varela de Quintimil, coa fortaleza de Goyanes, e me permite investigar os antepasados de un noies do s. XVII, D. Juan Varela de Ulloa e Soutomaior, do cal xa escribin en outros foros. En un memorial de 1660 emparentabase cos Varela de Quintimil, cos Mariño de Lobeira de Goianes, cos Romay da Torre de "Quadro", etc, pero non decia nada concreto, que seus pais foran D. Domingo Guiance de Andrade e Dª Elvira Sanchez Romay, esta parecese a Elvira Sanchez Varela, que mencionas, filla de Jorxe Varela, e Ínes López de Goianes.
Moitas gracias de novo, por darme unha pista por onde coller. O primeiro que buscarei sera as persoas coas que casaron todos esos fillos, e irei tirando do fio, non debe de haber máis que unha ou duas xeración entre estas persoas coas que eu xa tiña encontrado.
Un saudo!

Publicada: 24 Xan 2007, 17:25
por Tito11
Estiben mirando con calma esta información que aportas, Buxan, con unha arbore dos Varela de Dubra de Quintimil, que estaba publicada na paxina "xenealoxias do ortegal". Pois ben, ali aparecia Elvira Sanchez Varela como filla de Xurxo Varela e Ines Vázquez Mosqueira, morta cara 1584, e mesmo se mostraba a sua lapida coas armas dos Varela.
A miña duda, e si houbo duas Elviras Sanchez Varela, ou todos irmáns indo de Juan Varela de Goyanes ata Constanza Prego, son fillos de Xurxo Varela e Ines Vázquez Mosquera, ou de Xurxo Varela e Ines López de Goyanes, anque a min parecenme fillo do segundo matrimonio.
De todas formas eu o que busco é conectar a esta linaxe con Gonzalo Mariño de Lobeira Romai e Soutomaior, que quizais pudo ser fillo de un de estos 15 irmáns. O que sei e que casou con unha dama lucense da linaxe dos Ocampo e dos Lugo...

Publicada: 24 Xan 2007, 19:55
por Buxan
No testamento de Xurxo Varela, o Vello, outorgado no 1517, di o seguinte: mandoles a meus fillos Jorxe e Giomar e Elvira e a o outro fillo ou filla de que miña moller fica encinta.

Supoño que esta Elvira é a Elvira Sánchez Varela que ti citas. Realmente pouco máis sei desta liñaxe. Síntoo.

Saúdos

Publicada: 24 Mar 2007, 16:03
por Tito11
Moitas gracias Buxan, axudachesme moito. Agora xa puden desenrredar esta linaxe e sei que a Elvira Sanchez Varela que buscaba era a filla de de Xurxo Varela e Ines Vázquez Mosquera, e que casou con Ares Conde de Ulloa e Monterroso. Agora mesmo non me decato da xenealoxia de estas persoas, (ascendentes e descendentes). Estan publicados os seus descendentes no foro de linaxes, entrada: Jiance/Guiance/Giance/Xiance.
Un saudo

Corrección dos Varela de Quindimil

Publicada: 28 Mar 2007, 20:56
por Buxan
Editei as notas sobre os Varela de Quindimil, pois por un erro ó copiar o texto, indiquei que o segundo Jorxe Varela herdara Quindimil por herdanza da súa tía Teresa Sánchez, pero foi o primeiro, o que testou no 1517 e morreu antes do 1519.

Un saúdo

Publicada: 16 Mai 2007, 18:32
por Tito11
Teño un novo descubrimento a tenor dos Varela de Dubra moito máis interesante do que eu pensaba, porque retrotraese a principios do s. XV.
Buscando outras linaxes fun investigar no Arquivo Historico Diocesano de Santiago a parroquia de San Vicente de Rial, no actual concello de Val do Dubra.
O principio foi unha decepción porque perderanse o longo do tempo os primeiros libros, que eran os que interesaban. Pero conservabase o libro de fundación coa entrada de inicio de 1574.
Cal foi a miña sorpresa o encontrar escrituras dende principios do s. XVI e sobretodo un resumen posterior que ven a englobar os datos que ali se gardan.
uns folios antes do 50 hai unha nota que di: " Nota. Son pertenecientes a la casa antigua de los Varelas del Rieiro que hoy se llama de los Luaces, la que siempre fue y se tubo y tiene por la primitiva casa diezmerada los curas de Rial, y de ella salieron y son ramas las casas del Lournº y Carral y otras en esta feligresia. Como consta de esta partija entre los hijos de Lopo Gonzalez Varela el viejo y de su mujer Francisca Paez Varela de Dubra, dueña que fue de la citada casa por el año de 1500 y en el dia la es de Dª Ynes, biznieta de D. Domingo de Luaces, tercera de D Pedro Fernandez de Luaces, este hijo de Payo Fernandez y Maria de Luaces y Bolaño, la primitiva que por haber muerto sus hijos de menor edad despues que su primer marido Pedro era hijo de Sebastian Varela do Riberio y este lo fue del referido Lopo y la citada Mariña Paez Varela de Dubra"
Na outra parte di: "Francisca Paez Varela fue hija de Paio Varela de Rieiro y Teresa Nuñez Pose de Leis y de la casa de Barro(?). Nieta de Juan Varela de Dubra de Rieiro, y este fue hijo de Dª Marina Paez Varela de Dubra, hermana del Sr Pedro Varela de Dubra, dueño último de la casa y castillo del Pazo Señor jurisdicional de Dubra, murio en el año de 1424."

Varela(s)

Publicada: 21 Xan 2008, 14:54
por serba
No sé si os sirve algún dato sobre estos Varela. En el libro "Las fortalezas de la mitra compostelana y los Irmandiños", hay 3 Varelas:

- GIL VARELA y FERNÁN PÉREZ VARELA
Mencionados por uno de los testigos del Pleito Tabera-Fonseca, llamado Juan Gordo, que era vecino de Bembibre (San Salvador) -Val do Dubra, A Coruña-, tenía 90 años, n. alrededor del 1436; contestando a la pregunta 24.ª, da testimonio de lo que recuerda sobre la fortaleza del Coto de Xallas; resumiendo lo de interés, especifica: <<... e bido en ella por merinos un Fernan Perez Varela e Rodrigo Gómez de Villar de Francos que fueran merinos por el arçobispo don Rodrigo seiondolo de Santiago e que despues el dicho arçobispo don Rodrigo abia dado en prestança el dicho castillo e tierra de Jallas a Bernal Dianes de Moscoso que hera casado con su hermana doña Juana de Luna e el dicho Bernaldianes en el tienpo que tubo la dicha prestança conosçio heste dicho testigo que tubo por merinos a Martín Romeu da Costa e despues del a Gomez da Costa su hermano e despues el dicho señor Patriarca siendo arçobispo de Santiago ubo la dicha fortaleza e tierra e tubo por sus merinos a GIL VARELA e a Gonçalo de Figueroa e a Fernan Dalbarez en cuio tienpo la hermandad que llamaban fuzquenlla derribo la fortaleza...>> - Tomo I, p. 246

- RODRIGO VARELA
En el folio 996 v.º :
<<... E por los dichos señores visto, dixeron que lo oian; testigos a ello presentes Lope de Pallares, escudero, vezino de la dicha villa e RODRIGO VARELA, criado del dicho señor Liçenciado Simon Rodriguez. Alonso Rodriguez da Silba, escrivano.>>
-p. 278 del Tomo I-

He asociado lo de "criado del dicho señor Licenciado", con lo ya comentado por Buxan:
Buxan escribió:<<... alí o atopamos como criado do Licenciado Sebastián de Lodero, no 1544 e 1546. A súa denominación correcta debería ser amanuense, e debía estar aprendendo o oficio con devandito Licenciado...>>
Este último Rodrigo Varela aparece en el documento del 1/3/1526.

Re

Publicada: 22 Xan 2008, 09:12
por serba
Seguimos...

También aparecen en el pleito referencias a Gómez Ares Mosquera, que puedo resumir si es necesario, son cuatro el total de los testigos que hablan de él.

Por otra parte, en el linaje de los Araújo, hay un Gómez Arias Mosquera, c. c. Clara de Ulloa, era vecino de Coedo -no concreta cuál de ellos-, se puede datar contando que era el 4.º abuelo de D. Antonio Miguel Gómez de Araújo -que escribió su genealogía en 1703-.

Los Mosquera-Araújo, siguieron emparentados. En el escudo de la Torre de Arcos -Chantada- vemos unidos a los Araújo y Mosquera. Especifica D. Manuel Vázquez Seijas que los Temes, emparentaron con los Arias, etc., no recuerdo ahora la unión de los Varela con los Temes, pero buscando aparecerá.

Según este último autor, también hubo una Aldonza Varela, c. c. Juan Vázquez, abuelos que fueron del Señor del Pazo de Santa Mariña de Castro Amarante -para ubicación: viewtopic.php?t=5523 -, que es el primer propietario de dicha torre-pazo, y era Sr. de la Torre de Vilasante, llamado Gómez Vázquez de Villasante, 'El Viejo'.
D. Gómez Vázquez de Villasante, c. c. D.ª Isabel Taboada -hija de D. Gregorio Taboada y D.ª Briolanja Mosquera- t. a:

-D.ª Inés, c. c. D. Miguel López de Sivil
-D.ª Isabel, c. c. el Capitán D. Pedro Ojea de Albán
-D. Pedro, c. c. D.ª Clara da Pena -padres de D. Juan Vázquez Taboada, que fue mejorado en 1637 por su abuelo. Tenemos otro personaje llamado igual: Juan Vázquez Taboada, -hijo de D. Lope Taboada y Ulloa y D.ª Aldonza Mosquera viewtopic.php?t=5284
-D. Gómez Vázquez Taboada...

En unos días añado algo más, estoy revisando los Varela procedentes de Sabadelle, por si se trata de alguno de los citados.


Saludos

VARELA

Publicada: 14 Feb 2008, 15:28
por serba
Añadí hoy la Torre de Quindimil, en el apartado del foro: 'Manuais e Guías' y aprovecho para comentaros a grandes rasgos lo fundamental.
serba escribió:**** TOMO V **** -1970-

- T. de Quindimil. Quindimil (S. Miguel), Palas de Rei
Especifica en el capítulo correspondiente D. Manuel Vázquez Seijas, a partir de la p. 205:

<<En el tomo IV de esta obra hemos reseñado el Castillo de Ramil, uno de los solares más antiguos del citado linaje de los VARELA [...]

Refiriéndose a la CASA DE CORVELLE -Os Ánxeles, (Sta. M.ª), Concello de Melide-, D. Antonio Taboada Roca, en un minucioso trabajo titulado "Notas Históricas" comprendido en la obra "Terra de Melide", publicada por el Semanario de Estudios Gallegos, se hace constar, que parte del lugar de Corvelle, fue aforado en 14/4/1556 por el Monasterio de 'Sancti Spiritus' a D. JORGE VARELA, hijo de otro D. JORGE VARELA y de D.ª Inés Vázquez Mosquera, Señores de Quindimil. D.ª Inés era dueña de la FORTALEZA DE GOYANES, por sus padres D. Vasco Mariño y D.ª Sancha Romay.

D. GASPAR VARELA DE DUBRA y D.ª Catalina das Seixas, petrucios dueños de la Casa solar de Ramil, eran derivantes de la Casa solar de Quindimil, y PAZO DE PIÑEIRO, todos del Concello de Palas de Rei.>>


La obra a la que se refiere, tal vez añada información interesante.


Saludos

Publicada: 26 Xuñ 2008, 15:10
por serba
Notas sobre varios Varela, las abreviaturas corresponden a cada fuente:

E. M. => Episcopologio mindoniense / D. Enrique Cal Pardo.

T. P. => 'Tumbo Pechado' de la Catedral de Mondoñedo / D. Enrique Cal Pardo.

D. C. L. => Documentos da Catedral de Lugo. Século XV / D.ª María Xosé Portela Silva.

Quizás no sea buena idea ordenarlos cronológicamente pero es así como he guardado el resumen en el Word, de todas formas sabemos de dónde eran en cada documento.

1406: AFONSO VARELA, antiguo propietario, ya fallecido y citado en 1406 en la visita del Racionero de la Catedral de Mondoñedo a la iglesia de Sto. Adrao de Lourenzá: <<Iten o casal de María Fonso que foy de Afonso Barela] ... <<Iten enno Rego da Madre sobre la casa que feso AFONSO BARELA>>... <<Iten enno Rego da Madre esta huna casa que foy d-Afonso Barela>>
- T. P., p. 424 -


1410: AFONSO BARELA y AFONSO BARRELLA, ambos en una lista de los bienes que tenían el Obispo y cabildo en la parroquia de Barreiros [actualmente S. Cosme].
- T. P., p. 445 -


1427: MAYOR VARELA, c. c. Fernán Guerra -en Lourenzá-.
- T. P., p. 293 -


1456, novembro, 5. Lugo:
"O Cabido de Lugo afóralles a FERNANDO VARELA e a dúas voces un casal e as herdades que seu pai trouxo en foro no lugar de Romaris, couto de San Salvador de Meixide..."
... <<... aforamos et damos aforo et averbo a vos Fernan Varela da Ponte a Canpan et a duas persona mas... segundo que voso padre FERNANDO VARELA tevo de nos...>>

[Buscando Romariz y Ponte a Canpan, en el índice de topónimos del libro, son lugares de la actual parroquia de Mato (S. Xoán), en Palas de Rei, http://www.xunta.es/nomenclator/arbol.j ... 9&par=1726 ]
- D. C. L. -
Será el dato más interesante sobre los Varela de Palas de Rei que estamos tratando en este hilo, junto con el otro documento de las mismas personas en el año 1498.


1469: D. JUAN VARELA, vivía en 1469, fecha en la que se documenta como procurador de varios vecinos de Santo Adrao de Lourenzá.
- E. M., p. 227-


1470: JUAN VARELA [escrito Barela], vecino de Santo Adrao de Lourenzá, procurador de varios vecinos del lugar.
- T. P., p. 420-


1483: JUAN VARELA O NOVO, vecino de Santo Adrao de Lourenzá.
- T. P., p. 418 -


1498: FERNÁN VARELA 'O MOZO', hijo de <<FERNÁN VARELA DA PONTE A CANPANA 'O VELLO'>>, fue testigo de una escritura otorgada por el Conde de Monterrei en Vilamaior de Ulloa.
- D. C. L., p. 591 -
[A Ponte a Canpan, también aparece escrito alguna vez como Ponte a Campaña y Ponte a Canpana].


Los siguientes son todos del 'Episcopologio mindoniense':

1543: FERNANDO ALONSO VARELA, Racionero de la Catedral.

1548: FERNANDO VARELA. Canónigo.

1657: JOSÉ VARELA LABRADA. Licenciado.

1724: Aún vivía José Varela Bermúdez. Fue Lectoral, -p. 662-

1800: Juan Varela. Racionero.
1800: Juan Varela y Verdes. Racionero. -p. 822- [Debe ser el mismo]

Y del índice, también del E. M. :

Varela Villar, Pedro. Párroco de Jornes. [Supongo que será el actual Xornes (S. Xoán), Ponteceso, A Coruña.

Varela, Antonio. Músico

Varela, Francisco. Prior

Varela, Jacinto. Escultor

Varela, José. Canónigo

Publicada: 26 Xuñ 2008, 20:16
por Mpardo
En el libro los Colegiales de Fonseca, de Antonio Fraguas y Fraguas, se cita a: Francisco Varela de Ulloa, que consiguió beca en dicho Colegio el 10/07/1577. Era hijo de D. Arias Conde de Ulloa y Dª. Elvira Sánchez Varela, nieto por parte paterna de D. Lope de Ulloa y Prado y Dª. Teresa García de Lugo, nieto por parte materna de D. Jorge Varela de Dubra y Dª Inés Vázquez de Camba, Señores de Quindimil.
Saludos

Publicada: 09 Dec 2009, 16:12
por serba
Hola:

Para distinguir los tres sucesivos Jorge Varela, añadiré la numeración sucesiva.

- A Juan Varela -fall. 1479- y su esposa Elvira Sánchez Noguerol, les sucede:

JORGE VARELA I
-Supongo que será el llamado 'O Vello'-. Fue padre de JORGE VARELA II.
El primero -I- debe ser el que citaba Buxan:
Buxan escribió:No testamento de Xurxo Varela, o Vello, outorgado no 1517, di o seguinte: mandoles a meus fillos Jorxe e Giomar e Elvira e a o outro fillo ou filla de que miña moller fica encinta
Siguiendo al anterior -II-, su hijo primogénito, JORGE VARELA III, que fue padre de Juan Mariño de Goyanes. Este último fue el que edificó la pousa o Pazo de Meixide, [Meixide, S. Pedro. Palas de Rei. Lugo] sobre el edificio primitivo de sus antepasados, reformado antes de finalizar el siglo XVIII por los sucesores, que fueron los que añadieron el actual escudo: Arias/Ozores/López de Lemos/Ulloa/ y Gaioso -al escusón-. Más tarde también conocido por Pazo de Mariñao.

El que quiera consultar la línea descendiente de JORGE VARELA II, está publicada por Julio Vázquez Castro, en LVCENSIA -Biblioteca Seminario Diocesano, n.º 11, Lugo, 1995, p. 137-
El testamento referido, según la o. c., Archivo Histórico de la Universidad de Santiago, secc. Clero, Sancti Spiritus de Mellid, carp. 951

Respecto a la línea de las hermanas de Jorge: Guiomar, Elvira, etc., -indicada por Buxan- no está incluida en este trabajo.

Saludos