Família Castro

Procuras de familiares
Responder
Avatar de Usuario
sonambulo
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 14 Feb 2003, 09:00
Ubicación: a coruña
Contactar:

Família Castro

Mensaje por sonambulo »

Saudos:

SOn un rapaz de Coruña é busco antepasados co apelido Castro,me avo era da zona de Melide,onde sei ke teño algun parente pero quero saber de onde vimos,se alguen me pode botar unha mao agradecido.
Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 128
Registrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

Busco antepasados

Mensaje por lumebóo »

Ola Sonámbulo:

Mira, o apelido Castro, como xa imaxinas, é incriblemente abundante na Galiza (e non só na Galiza).

Como a maor parte dos apelidos do país, este é de procedencia toponímica; e dicir, os primeiros que foron identificados con esta palabra fórono en función de que eran residentes en ou procedentes de un lugar chamado Castro.

En canto que o topónimo Castro está moi representado e moi espallado por todo o territorio, pode haber multitude de liñas xenealóxicas que compartan o apelido máis non as orixes, que poden ser totalmente independentes.

O que había proceder no teu caso, e xa que sabes que teu abó era da comarca de Melide, sería que, a partir da súa partida de nacemento (onde indica o nome de seus país e, seguramente, dos seus abós) foras agachando pola túa árbore cara arriba.
Isto había-che levar a unha orixe relativa, que é a que ven dada polo rexistro documental máis antigo que atopes, e que con moita sorte se remontará ao século XVII ou XVI.

Para este cometido debes de te dirixir á parroquia de procedencia do teu antepasado ou ben, se é que os libros parroquias xa están trasladados ao arquivo diocesano correspondente, ao bispado de Lugo. Como supoño que o teu abó tería nacido despois de 1870 tamén podes indagar no rexistro civil de Melide.

Sorte. Lumebóo

[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 14-02-2003 19:01 ]

[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 14-02-2003 19:06 ]
Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 128
Registrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

Busco antepasados

Mensaje por lumebóo »

Ola Marina:

Ben, se non sabes como empezar empezaremos como fixemos todos.

Primeiro. A árbore xenealóxica pode ser tan complexa como un queira; pero básicamente é unha estrutura vertical e cronolóxica onde se van guindando os nosos antepasados.

Segundo. Tes que establecer de forma lóxica os ancestros que coñezas direitamente e a relación de parentesco entre eles: teus pais, teus abó, etc., e identificalos o máis que poidas; é dicir, nome e apelidos, datas de nacemento, casamento e defunción; lugares nos que tiveroon lugar estes feitos.
Non te preocupes se non tes todos os datos completos, xa irán aparecendo.

Terceiro. No momento en que xa non teñas máis datos procedentes da túa memoria ou da dos teus parentes vivos, terás que iniciar a investigación propiamente dita. Aquí hai que recorrer aos rexistros parroquias de onde son oriundas esas persoas ou, se son nacidas, casadas ou defuntos despois de 1870, no Rexistro Civil ou Xulgado de Paz dos municipios correspondentes.
Para isto pódes-te dirixir por carta ou e-mail (se o teñen) das parroquias ou concellos se estiveses na Arxentina. De estares xa na Galiza, como dís que vai suceder, é mellor que vaias persoalmente a eses sitios.

Cuarto. Non é traballo fácil e moi poucas persoas van-che prestar axuda.

Quinto. Sorte

P.D.- De todas maneiras, e mentres non veñas, podes dar algún dato máis das parroquias das que son oriunddos os teus antepasados. Non creo que se che poida resolver moito, pero talvez se che poida proporcionar algunha orientación para que te centres nas túas pesquisas.
Lumebóo

[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 27-02-2003 18:50 ]
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Castro

Mensaje por Milleiro »

DO LIBRO DE VISITAS DE XENEALOXIA.ORG

si alguien tiene informacion sobre el apellido Castro por favor envíemela a cintia_castro18@hotmail.com gracias

castro cintia; argentina

cintia_castro18@hotmail.com
Responder