Página 1 de 1

The Guardian dedica unha reportaxe a Doña Angelita e o seu libro electrónico

Publicado: 01 Mar 2018, 19:36
por serba
Doña Angelita, a mestra ferrolá que inventou o ‘e-book’ mecánico, acumula recoñecementos, tamén internacionais. Agora é o xornal británico The Guardian o que lle dedica unha reportaxe especial, co gallo de que o Concello de Madrid teña decidido dedicarlle unha rúa ao seu nome.

The Guardian louva que Ángela Ruiz Robles inventou ‘un enxeñoso precursor mecánico para os libros electrónicos de hoxe” e salienta que era “unha apaixoada e innovadora mestra de Galicia, que ideou un xeito de ampliar o coñecemento dos seus alumnos e alixeirar a súa carga de libros”.

http://www.gciencia.com/historias-gc/gu ... lectronico

Recoñecen a unha inventora ferrolá que hai 70 anos creou un precursor das tabletas electrónicas

Publicado: 03 Mar 2020, 16:03
por serba
'A enciclopedia mecánica', así lle chamou Ángela Ruíz Robles a un invento que hoxe está considerado como un antecedente das tabletas ou dos libros electrónicos. No 125 aniversario do seu nacemento, o Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia reinvindica a figura desta mestra e inventora, que en 1949 promocionaba a súa Enciclopedia Electrónica.

http://www.crtvg.es/informativos/recone ... as-4324547