Varóns Ilustres de Galiza III. Pazos e Figueroa

Historia de personaxes
Responder
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Varóns Ilustres de Galiza III. Pazos e Figueroa

Mensaje por lamigueiro »

(Adicado o novo amigo Pazos de Arxentina).



PAZOS E FIGUEROA (D. Antonio Mauricio de), foi natural de Pontevedra de nobre e principal familia. Colexial de San Clemente de Bolonia, en onde estudou Xurisprudencia, e foi rector daquela universidade; volto a España abogou de gran credito na Real Audiencia de Coruña, no ano de 1570 pasou a Corte e eiquí rematou seguir o estado eclesiástico e conquiríu praza de Inquisidor en Sevilla e de esta a de Toledo, merecendo ca igrexa de Tui elixírao por Canónigo Doctoral cando volveu a Sicilia. De Toledo pasou a Roma, sobo-la causa do arcebispo de dita Primada Don FR. Bartolomé de Carranza e San Pío V deulle a Abadía do Parque e Obispado de Patí en Sicilia con facultade de testar en 5.000 ducados. En 1578 nombroulle El-Rei Felipe II para bispo de Avila e a consulta e persuasión do Arcebispo de Toledo e Cardenal Don Gaspar de Quiroga, fixolle Presidente do Consello de Castela. Por novembro de 1581 estaba xa presentado para o Bispado de Córdoba, de cuia cadeira tomou posesión no seu nome o Inquisidor Montoya a 20 de Agosto de 1582 e nombrou Gobernador do Obispado a Don Bartolomé de Pazos, Arcediano e Canónigo de Xaén. Niste ano asistiu o Concilio Provincial de Toledo, deixanda xa a Presidencia no que con o maior empeño e esmero, traballou pola veneración de moitos groriosos Santos de Córdoba, adornandolles sustuosamente con nova fábrica de xaspes e mármoles, na Igrexa de San Pedro, o sepulcro, capela e lugar onde esán as súas reliquias, tamén mandoullos xuntar e escribir debaixo de eles as suas historias en compendio no riquisimo sagrario novo da Igrexa maior, sendo o primor e maxestad de dita obra unha das máis sinaladas de España, con admiración de cantos a ven. Ambrsio de Morales adicou a iste Ilustrísimo e reverendísimo prelado cinco libros últimos de a sua Cronica, como consta na Dedicatoria feita en Cordoba a principios de agosto de 1584, nela consta lo relacionado, e que a sua patria era moi inmediata a de Santo Neno Martir Pelayo.



Bibliografía.



Ares. Historia de Avila, 1º parte pag 56, morreu en Cordoba sabado pola noite do 28 de 1586.

Bravo Catálogo dos Obispos de Córdoba tomo 2 folio 522, impresión en fº do ano 1778.

Sandoval. Historia de Tui. folio 63.



Autor: Xosé Pardiñas. obra: Breve compendio de los Varones Ilustres de Galicia. A Coruña 1887.



Traducción o galego: Xosé Lois Lamigueiro

Lamigueiro ©

Avatar de Usuario
pazos
Mozo
Mozo
Mensajes: 28
Registrado: 03 Abr 2002, 10:00
Ubicación: Buenos Aires, argentina
Contactar:

Varóns Ilustres de Galiza III. Pazos e Figueroa.

Mensaje por pazos »

Gracias, Xose Luis, Novo Amigo, Muy interesante.
marcelo pazos

http://www.pazos.8m

Responder