Ilustres Varóns de Galiza II. Araujo D. Francisco

Historia de personaxes
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Ilustres Varóns de Galiza II. Araujo D. Francisco

Mensaje por lamigueiro »

Araujo (D. Francisco), estudou en Salamanca onde tomou os hábitos do noso pai Santo Domingo e ensinou despois a theoloxía; en 1648 foi nomeado Obispo de Segovia, e morreu a 19 de Marzal de 1664....



Alvarez ( O pái Xóan da Compañía de Xesús) natural de Limia; escribeu un tratado elegante, anque breve da vida de Santa Mariña, virxen e mártir e outras ilustres históricas da súa patria.



Arias Balboa ( D. Vicente) de nobre xeneración e o maior letrado que tivo o mundo; así o chama Gil González de Avila en el teatro de la Igrexia de Plasencia; foi compañeiro do arzebispo de Toledo D. Pedro Tenorio e o primeiro glosador do Foro Real das leises de Castela, que mandou facer El-rei Don Afonso X o sabio; foi obispo da dita igrexia e morreu en 1414.



Arias del Villar (D. Juan). natural de Santiago, anque algúns o profillan Asturian; foi de nobre berce, gran letrado e deán de Sevilla.en 1484 enviano os reises católicos con D. Juan de Rivera a tratarcon Carlos VIII, novo rei de Franza, sobor da restitución do Rosellón e a Cerdaña.



Aguiar Seixas e Ulloa. (D. Francisco). natural da cidade de Betanzos, colexial dos colexos de Cuenca, o maior de Salamanca, o maior de Fonseca en Santiago. Canónigo de Astorga. Penintenciario na metropolitana igrexa do apostol Santiago, Obispo de Mechoacán e finalmente Obispo de México, a súa elección fíxose en 1681.



Extraido da biblioteca galega de Varóns ilustres de Galiza de Xosé Pardiñas en 1887.

traducción: X.L. Lamigueiro

<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lamigueiro _FIL 2002-01-13 17:18 ]
Lamigueiro ©
Responder