Hernán Naval Parapar: "Un recordo moi vivo"

Historia de personaxes
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Hernán Naval Parapar: "Un recordo moi vivo"

Mensaje por serba »

Que unha persoa non morre mentras se recorde quedou patente onte en Viveiro coa sentida homenaxe que rendiu a nova asociación Pensamento e Sementeira ao músico vivariense Hernán Naval Parapar, que incluiu o descubrimento dunha placa co seu nome na fachada do teatro e a actuación do grupo de metais do conservatorio.

A nova asociación cultural ten entre os seus integrantes a membros da antiga Sementeira, da que Hernán Naval foi presidente con só 26 anos. O que foi o seu último responsable, Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, lembrou amplamente a súa traxectoria profesional, tamén as súas firmes ideas, e o «importante labor que levou adiante para incorporar ao patrimonio público o teatro Pastor Díaz», que entón estaba en mans privadas. «Era unha persoa entregada, que deixaba a pel en todo o que facía, e por iso Viveiro non podía deixar de lembralo», apuntou Rodríguez Guerreiro ante amigos e familiares de Naval.

http://elprogreso.galiciae.com/nova/251076-recordo-vivo
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder