As XII Xornadas de Historia Local da A.C. Francisco Lanza lévannos o mércores ao pasado dos camiños de ferro en Ribadeo (a través do documental A CHOCOLATEIRA, de Xosé Reigosa) e o xoves ás enormes posibilidades que traería á comarca un adecuado planeamento deste medio de transporte coa presentación do libro de Manuel Monge. http://lugomove.org/axenda.php?id=1249&idioma=&sec=31
“A MORTE VÉN DO MAR. Corsarios, ingleses e pestes na Galiza cantábrica”
Casa do Mar. Ribadeo.
Xoves 19 de xullo ás 20.30 H “Corsarios e piratas nas costas ribadenses. S.V a XIX“. Xoán Ramón Pacios, historiador.
Venres 20 de xullo, ás 19.30 H “Sistemas defensivos litorais no Cantábrico galego: fortes, fachos, trozos e corentenas”. Xosé María Leal Bóveda, historiador.
Sábado 21 de xullo, ás 11.30 H no forte San Damián. Percorrido até o faro da illa Pancha. Lectura de textos históricos ad hoc a cargo de Elisa Pérez Vázquez, coordinadora do Museo Histórico de Sargadelos.